Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Preferente: Vitoria do Sofán no derbi e nova machada do Dumbría

Preferente: Vitoria do Sofán no derbi e nova machada do Dumbría
Intenso derbi nas Eiroas, onde un golazo de Luis con tempo cumplido doulle os puntos á S.D.Sofán ante o Xallas. E en Dumbría un tempraneiro gol de Adrián Mackay consolida ós de Diego Lobelos como a revelación do inicio de liga, ó vencer a outro recén descendido como fora o As Pontes fai 15 dias, o Castro. Todos os resultados en www.futboldacosta.com S.D.SOFÁN 2 - XALLAS C.F. 1 S.D.SOFAN – Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Félix, Rubén, Canedo (Sera 91´), Jonathan, Fabián (Matias 78´), Luis, Quintela e Juan de Dora (Sito 84´). XALLAS C.F. – Julián, Puyi, Cristian, Pablo Vigo, Becerra, Alex Canedo, Fernando Amable, Julián, Kevin (Marquiños 85´), Abel (Camilo 58´) e Alex Blanco (Doro 52´). GOLES – 0-1 70´ Julián dispara dende o borde da area, rebota nun defensa e cólaselle a un pouco acertado Rumbo   1-1 76´Rexeite dunha estratexia, Luis centra ó segundo pao e Félix entrando libre de marca cabecea á rede   2-1 90´Balón rexeitado de córner hacia o centro do campo, e Luis sin deixala caer engancha unha tremenda volea que se mete na escadra visitante. O primeiro tempo foi intensísimo en canto a disputa pero discreto de fútbol. A SD tentou levar o peso do encontro ante un Xallas que buscaba un xogo mais directo. As ocasións foron escasas. Iván Rey meteu un bo centro ó que non chegou Juan de Dora. A resposta do Xallas foi un remate de Alex Blanco alto. A pouco do descanso as dúas mellores ocasións: Julián rexeitou un durísimo disparo de Juan de Dora, e Alex Blanco rematou alto de cabeza so no segundo pao. Igualdade a todo ó descanso. O segundo tempo foi algo mais aberto pero de ritmo ainda mais baixo. Tivo Jonnathan unha boa ocasión nunha falta que bateu no longueiro. A entrada de Doro doulle mais empaque ó Xallas, que dominou este periodo de xogo. Rumbo detivo un disparo lonxano de Kevin, e Julián fixo o propio cunha gran intervención a disparo de Luis. Co sorprendente 0-1 parecía que o encontro ía rematar como o ano pasado. Pero a SD reaccionou pronto, e Félix igualou 5 minutos despois. Ata o final houbo opcións para os dous equipos, como un disparo cruzado de Camilo e outra boa ocasión de Canedo, pero foi Luis a piques de rematar o encontro o que nos regalou un gol para recordar e tres puntos cos que non se contaban.   DUMBRÍA C.F. 1 - C.D.CASTRO 0 DUMBRÍA - Iván Bouzón, José (David Carreira 61´), Canario, Julito (Mauro 78´), Matías, Aarón López, Mackay, Iago, Marcote (José Caamaño 73´), Cespón e Edu (Yuyo 62´). GOL: 1-0 2´Adrián Mackay á saida dun corner. Un gol do de sempre, Adrián Mackay, decidiu un encontro que supón unha nova victoria do Dumbría no Conco ante un dos supostos conxuntos fortes da categoría, o recén descendido Castro. Uns 200 espectadores disfutaron da entrega e o bo facer do xoven equipo de Diego Lobelos. Tras un primeiro acto igualado, no que o Dumbría tivo oportunidade de sentenciar nas contras de Mackay e Marcote, o segundo foi de acoso visitante, pero o Dumbría é un conxunto moi difícil de batir cando ten o marcador a favor. Incluso se anulou un gol discutido a Mackay, e Marcote e o mesmo Mackay poideron sentenciar. Iván Bouzón, ademais, pon o candado cando o rival logra penetrar na rocosa defensa, como fixo ónte ante Omar case co partido concluído. O propio Omar e Dumi tiveron ocasión para a igualada, pero o Dumbría foi quen de aguantar o chaparrón e levarse tres puntos de moito mérito. CF Dumbria no vestiario O Dumbria celebrando unha nova vitoria no vestiario

Comentarios