Previa deportiva da fin de semana da gran festa do Fútbol da Costa
Temos unha cita singular esta fin de semana. O sábado 29 de xuño, en pleno San Pedro, o Platas Reinoso de Baio acollerá a partir das 19:00h a gran festa do #futboldacosta. A final da Copa da Costa, que este ano ademais celebra o seu 50 aniversario.
Non será a única cita deportiva, xa teremos tamén en marcha 4 torneos (que de seguro quitan público á final), e un par de exibicións de deportes de contacto, que logo repasamos. Pero antes, analizamos a previa da gran final.
Final da Copa da Costa 2013
Final inédita da competición costeira a que van disputar XSC e Malpica. O cadro xalleiro parte como favorito, polo seu bo momento de forma e por competir nunha categoría maior. Pero o Malpica non vai deixar pasar esta oportunidade polas boas.
As afeccións están afiando as armas. De feito, por Santa Comba xa están fletando un par de buses para os siareiros, que sairán ás 17:15h do edificio de servizos múltiples de Santa Comba.
No deportivo, ambos chegan cas pernas cansadas pero cheos de ilusións. O XSC quere comezar a súa historia como bicolor repetindo o último triunfo como laranxa, acadado o ano pasado. No aspecto de baixas, Orlando e Pablo Baña non estarán dispoñibles no cadro de Corredoira, mentres que David Baña non poderá contar cos emigrados Cheo e Roberto Rancaño.
Unha historia chea de triunfos a de Santa Comba. 5 finais e 4 vitorias as acadas polo Xallas CF (triunfos acadados nos anos 66, 67, 68 e 2002) ademais da Copa conseguida o ano pasado polo Santa Comba, na súa única final.
Pola súa banda, o Malpica só disputou dúas finais no 75 e no 85, quedando campión nos penaltis nesta segunda ante o Cabana.
Por certo, a entrada custará 5€, e os dous equipos repartirán ao 50% o importe da taquilla, rifas e cantina. Cómpre sinalar que o Baio cede as instalacións de balde, todo un exemplo para o resto de clubes da zona.
Torneos
Torneo de Fútbol 8 de Dumbría-Memorial Andújar
I Memorial Eleuterio Balayo de Muros
- Muros: Fabio, Teo, Dani, Manu, Sexo.
- Esteirana: Dani Rama, Kike, Simón, Alex, Andel.
- Volantes: Iago, Varito, Mingos, Ivi, Nimo.
- Montelouro: Chema, Canelo, Cosme, Pesco, Edu.
Torneo do Sporting Seaia
Así, polo de pronto está organizando o I Campeonato de Fútbol Sala de Seaia, a celebrar os 29 e 30 de xuño no Pavillón Municipal de Malpica.
Torneo de Carnota
O III Campionato de F7 de Carnota celebrarase os vindeiros os 29 e 30 de xuño en Lombáns.
Exhibicións
Doble cita co taekwondo esta fin de semana na Costa da Morte. O Concello de Muxía acollerá este venres 28 de xuño, na Praza do Cabo da Vila, unha espectacular exhibición de taekwondo.
E para o sábado 29, temos cita a partir das 18:00h no Pavillón de Cee. O Club Cee Deportes de Contacto realizará unha completa xornada de exhibición de taekwondo e kick boxing.
As parellas lograron a clasificación, por estar situadas entre a metade superior do ranking nacional.
- Álvaro Lado e Antía Méndez (Mazaricos e Muxia) de 11 anos.
- Tomás Fuentes e Fátima López (Zas e Cee) de 13 e 15 anos.
- Cristian Domínguez e Laura Rivadulla (Cee) de 16 anos.
- Juan Alvarellos e Melani Lois (Cee e Santa Comba) de 16 anos.
- Ivan Antelo e Aida Carril (Vimianzo e Santa comba) de 15 anos.
- Roberto Ézara e Patricia Túñez (Cee) de 20 anos.
- Doble cita co taekwondo esta fin de semana na Costa da Morte.
Torneos
- Dumbría, Muros e Lariño acollen novos Torneos.
- Movementos nos bancos do #futboldacosta de Zas e Bergantiños.
- Máis Torneos por Carballo, Lariño e Zas.
- O Sporting Seaia busca fondos cun Torneo para poder federarse.
- Unha de Torneos por Carnota, Muros e ata Tordoia.
Crónicas da semana
- Os Ciclóns seguen arrasando no Campionato de Barrios de Esteiro.
- É de primeira, o Baio é de Primeira.
- Copa da Costa: A final cantada.
- Crónica dunha fin de semana espectacular para o fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- Alberto Pose: A miña homenaxe a un deses Presidentes que fan grandes o fútbol da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
Novas relacionadas
- Os clubes de fútbol teñen ata o 30 de xuño para enviar as inscricións na tempada 2013/2014.
- A Gala do Fútbol da Costa xa ten convocados e xogarase probablemente en Outes.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).