Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Dumbría, Muros e Lariño acollen novos Torneos

Dumbría, Muros e Lariño acollen novos Torneos

En marcha novos Torneos para que o #futboldacosta non pare. E se este sábado temos a finalísima da Copa da Costa, pero tamén temos Torneo do Sporting Seaia en Malpica e o III Campionato de Fútbol 7 de Carnota, tamén teremos un par de paradas, en Dumbría e en Muros, ademais da da segunda fin de semana de xullo en Lariño co fútbol praia.

Torneo de Fútbol 8 de Dumbría-Memorial Andújar

Xa temos o cadro do Torneo de Fútbol 8 que se celebra no Conco este sábado 29 de xuño, en memoria de Manuel Andújar.
No Memorial daranse cita 20 equipos das categorías Prebenxamin, Benxamin e Alevin: CF Dumbría (Prebenx, Benx e Alev), Victoria CF (Benx e Alev), Sp. Coruñés (Benx e Alev), Platges de Calvia (Mallorca) (Benx), AD Parameán (Alev), SD Fisterra (Prebenx, Benx e Alev), UC Cee (Prebenx, Benx e Alev), Outes CF (Prebenx, Benx e Alev), Rácing San Pedro (Benx e Alev).

Torneo de Dumbria Memorial Andujar 2013

I Memorial Eleuterio Balayo de Muros

Este ano Muros quedaba sen o presidente fundador do clube celeste. E para lembrar a súa honra, o concello enteiro celebrará unha xornada. A cita será este sábado 29, coincidindo co San Pedro, precisamente no campo que leva o seu nome, a partir das 18:30h. Unha Selección de Muros e o Dumbría disputarán o choque.

A selección muradá estará composta polos seguintes xogadores, ademais dos sobriños de Eleuterio Balayo, Isma e Miguel:

  • Muros: Fabio, Teo, Dani, Manu, Sexo.
  • Esteirana: Dani Rama, Kike, Simón, Alex, Andel.
  • Volantes: Iago, Varito, Mingos, Ivi, Nimo.
  • Montelouro: Chema, Canelo, Cosme, Pesco, Edu.
Memorial Eleuterio Balayo de Muros 2013

Torneo de Fútbol Praia de Lariño

E volve por segundo ano o Torneo de Fútbol Praia de Lariño para os días 13 e 14 de xullo. Un torneo cunha cota de 80 puntos e con 1000 en premios. Xa está aberto o prazo de inscrición que poden completar no 615 59 50 58 ou a través do correo [email protected].

Torneo de Futbol Praia de Lariño 2013

Torneos

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios