Movementos nos bancos do #futboldacosta de Zas e Bergantiños


Tempos de rumores, fichaxes e confirmacións. E hoxe traemos varias confirmacións para os bancos do fútbol costeiro.
A primeira nova chéganos dende un pletórico Baio, aínda co resaca do ascenso. É o presidente Chema Rey o qye nos conta que será o mesmo Félix García Raposo, como non podía ser dourto xeito, o que guíe o cadro branquiazul na andaina pola 1ª Autonómica.
Sen marchar do concello, apuntamos quen será o vindeiro adestrador do Sporting Zas para a vindeira campaña. E menuda a fchaxe do cadro zaense, nada menos que Iván Cancela, ex do Dubra e do gran Xallas dos últimos anos.
E marchamos cara o norte, onde temos varios cambios de cromos (atentos aos cromos que a vindeira campaña pode haber sorpresas QPC...). Rafa Villaverde ata agora delegado, é o novo adestrador do Independiente de Carballo na aventura pola Liga da Costa.
Villaverde chega substituíndo a Da Silva, que onte nos anunciaba a súa volta ao Coristanco, onde ademais de traballar co equipo de 3ª, coidará tamén dos xuvenís, collendo o relevo dun Rochiccioli que fixo un gran traballo coa canteira.
Crónicas da semana
- Os Ciclóns seguen arrasando no Campionato de Barrios de Esteiro.
- É de primeira, o Baio é de Primeira.
- Copa da Costa: A final cantada.
- Crónica dunha fin de semana espectacular para o fútbol da Costa.
Torneos
- Tempo dos peque-futbolistas.
- Máis Torneos por Carballo, Lariño e Zas.
- Cabana segue apostando polo fútbol base cunha nova edición do seu Torneo e Cee estrea un de Infantís.
- O Sporting Seaia busca fondos cun Torneo para poder federarse.
- Unha de Torneos por Carnota, Muros e ata Tordoia.
Artigos relacionados
- Alberto Pose: A miña homenaxe a un deses Presidentes que fan grandes o fútbol da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
Novas relacionadas
- Os clubes de fútbol teñen ata o 30 de xuño para enviar as inscricións na tempada 2013/2014.
- A Gala do Fútbol da Costa xa ten convocados e xogarase probablemente en Outes.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).