Luns. 29.04.2024
El tiempo

Crónica dunha fin de semana espectacular para o fútbol da Costa

Crónica dunha fin de semana espectacular para o fútbol da Costa
O Baio celebrando o soñado ascenso á 1ª Autonómica en Ribeira-Foto- Lorena Martínez Canosa

Completísima a fin de semana deportiva!!! Xa temos campión da Copa de Veteranos, finalistas da Copa da Costa, e as dúas novas máis importantes: un equipo máis na 1ª Autonómica e un equipo na Liga Galega Infantil.
Hoxe repasámolo todo xunto e mañá traemos as crónicas completas de todos os partidos.

O Baio é de 1ª

Comezamos polo Baio, o novo equipo da 1ª Autonómica tras vencer por 2-3 en Ribeira ante o Sálvora cos goles de Martín dende o medio campo, Alberto de penalti e MC. E grande a afección do Baio, que mesmo fletou un par de autobuses para estar ao carón do seu equipo!
Un ascenso que ademais deixa ao Mazaricos na 2ª Autonómica, polo que a alegría é doble, tanto para a parroquia branquiazul como para a amarela.

Xa temos final de Copa

E como dicimos, xa temos finalísima da Copa da Costa 2013, no ano do seu 50 aniversario, que en QPC vén patrocinada por Senra Sport. XSC e Malpica, os dous equipos que máis en forma rematan a tempada, enfrontaranse o vindeiro sábado 29 ás 19:00h en Baio. Os xalleiros venceron con comodidade por 3-0 ao Dumbría, tralo 1-2 da ida. Ademais, a outra eliminatoria xa estaba sentenciada tralo 0-3 da ida do Malpica en Camariñas. Tras un encontro bastante frouxo, o Camariñas vencía 0-1 pero será o cadro malpicán o que dispute a finalísima.

O Coristanco, campión da Copa de Veteranos

O Coristanco celebrando o título de Campións da Copa da Costa de Veteranos 2013

E temos campión da Copa da Costa de veteranos 2013. O Coristanco, no seu primeiro ano na 1ª División, conseguía un título espectacular, nun Municipal de Vimianzo con máis de 300 persoas. Mañá repasaremos a final.

O XSC, novo equipo da Liga Galega Infantil

O XSC é novo equipo da Liga Galega Infantil-Foto-XSC

Xa cos pequenos, temos que resaltar a labor Xallas de Santa Comba Infantil, que conseguía, tras empatar na Coruña, un merecido ascenso á Liga Galega. O cadro bicolor acadaba un válido empate na Coruña ante o Ciudad Jardín que vale un ascenso.
O propio míster Santi Casal quixo amosar "o moi agradecido que esta a toda a plantilla o esforzo realizado na fase de ascenso e o inmenso traballo realizado desde o mes de agosto, e a toda a afección e familiares q foron de gran axuda".

Copa da Costa, volta das semifinais


Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, 6ª xornada


Copa da Costa de Veteranos, Final

  • Coristanco - Cabana (2-0)

O Coristanco campión da Copa da Costa de Veteranos 2-0 cos goles de Carliños aos 3 minutos e Toniño xa no min.91.


Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil, volta da final


Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Torneos

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios