Os Ciclóns seguen arrasando no Campionato de Barrios de Esteiro


Alcanzada a metade da primeira fase da 36ª edición do Campionato de Fútbol de Barrios de Esteiro, o equipo Ciclóns do Maio sitúase na primeira posición da táboa clasificatoria con 10 puntos, tras tres vitorias e un empate. Uns Ciclóns que xa venceron o ano pasado, e que busca repetir o título.
Os outros tres equipos que hoxe virtualmente acadarían o pase á segunda fase do campionato serían o Independiente con 9 puntos, un dos favoritos ao título polo seu completo plantel, ademais de O Carallo Santo con 6 puntos e o Tal con 2 puntos.
Unha competición con historia
Esta competición que se xoga dende 1978, dispútase en dúas fases, unha primeira en sistema de liga a unha sola volta, e unha segunda fase de eliminatorias entre os catro primeiros equipos clasificados na liguiña. Destaca a gran afluencia de público que durante as fins de semana do verán acuden ao Xosé Luis Vara Olveira de Esteiro para presenciar os partidos desta singular competición na que para poder participar hai que ser natural ou ter unha contrastada relación de veciñanza en Esteiro.
Clasificación provisional trala 4ª xornada
Posición | Equipo | Puntos |
1º | Ciclóns | 10 puntos. |
2º | Independiente | 9 puntos. |
3º | Carallo santo | 6 puntos. |
4º | Tal | 2 puntos. |
5º | Abelleira | 1 punto. |
6º | Praias de Raimundes | 1 punto. |
7º | Cánchester | 1 punto. |
Novas relacionadas
- As Carrilanas de Esteiro xa teñen Denominación de Orixe.
- O tiqui-taca costeiro triunfa en NY.
- Arrinca o 36º Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.
Torneos
- Máis Torneos por Carballo, Lariño e Zas.
- Cabana segue apostando polo fútbol base cunha nova edición do seu Torneo e Cee estrea un de Infantís.
- O Sporting Seaia busca fondos cun Torneo para poder federarse.
- Unha de Torneos por Carnota, Muros e ata Tordoia.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).