Copa da Costa: A final cantada



Xa estaban as encarriladas as dúas semifinais tralos partidos de ida. E Xallas de Santa Comba e Malpica non desaproveitaron as vantaxes e volveron demostrar a súa superioridade. I é que parece que a día de hoxe son os equipos máis en forma do fútbol da Costa, e así o farán patente na final do vindeiro sábado 29 de xuño, San Pedro, no campo do Platas Reinoso de Baio, a partir das 19:00h.
Unha Copa da Costa que este ano cumple 50 anos e que en QPC vén patrocinada por Senra Sport.
Xallas Santa Comba - Dumbría (3-0)

- XSC: Diego (Iván Couto, min.80), Óscarín, Guillermo, Chinda (Darío, min.55), Pablo Vigo, Jota (Alberto, min.75), Martín, Mon (Diego, min.70), Rubén Forjan, Doro, Javi Suárez (Marcos, min.60).

- DUMBRÍA: David, David Carreira, Rudi Cotelo, Jose (Alex Siaba, min.46), Pablo Vidal, Aarón López, Iago, Piri (Iago Dosil, min.30), Luisito (Leo, min.55), Bruno (Miki Pose, min,.46), Dani Casal (Samuel, min.55).
- Goles: 1-0, min.50: Doro; 2-0, min.60: Doro; 3-0, min.75: Darío de córner directo.
- Lesión: Piri antes do descanso.

Non tivo nada que facer o Dumbría ante un Xallas de Santa Comba superior en todos os aspectos, sobre todo no físico. O cadro de Canosa, moi novo, prantou cara durante os primeiros 45 minutos deixando un primeiro tempo algo igualado. Así e todo, o cadro local estaba lendo moi ben o partido e contemporizaba e apretaba cando quería. Asía e todo, tiveron un par de tímidas ocasións os visitantes por medio de Pablo Vidal e Iago, pero era un espexismo.
Nada máis comezar a segunda metade, os xalleiros se puñan por diante cun novo gol de Doro. Rematou a eliminatoria aí, os locais foron moi superiores e o Dumbría, polo menos tivo tempo para darlle minutos aos xuvenís que prevén noites de gloria para o cadro, como Alex Siaba ou Miki Pose. Un Dumbría que despide unha boa temporada, pero que xa pensa na volta aos adestramentos do vindeiro 20 de xullo, cun ollo na Copa Deputación.
Mentres, os xalleiros intentarán repetir o título do ano pasado, cando se alzaron campións aínda coa camisola monocolor laranxa do Santa Comba.


Malpica - Camariñas (0-1)

- MALPICA: Suso (Víctor Martínez, 83), Adrián, Martín Uruguaio, David Castro, Mario Casal (Víctor, 72), Alemán, Neucha (Marcos Amado, 78), Manuel Casal, Tato (Ismael, 58), Mino, David Blanco (Charro, 63).

- CAMARIÑAS: Pombo, Manuel, Rodri, Sergio, De la Sierra, Paco (Ousamane, 59), Brais Mouzo, Moriño, Brais Triñáns, Juan oBello, Martín.
- Gol: 0-1, min.85: Juan oBello de falta por riba da barreira.

Co 0-3 da ida, ambos equipos saltaban ao campo de Pedra Queimada conscientes de que non había moito en xogo. E así e todo foi un partido reñido, pero casi sen ocasións claras. Un partido abocado ao empate a cero, e que só unha boa falta de Juan oBello, coa axuda do meta malpicán, puido desequilibrar o marcador.
Non houbo demasiado xogo no choque, e apenas ocasións, e a meirande parte para o bando local. O Malpica tivo unha moi boa donde Pombo sacou unha boa man e desviou a córner cando se cantaba o gol tras un remate de Tato. O Camariñas tivo a sua ocasión mais clara no gol de Juan oBello cerca do final, cando xa os dous equipos tiñan asumido que a eliminatoria estaba decantada a favor dos malpicáns, cousa que o público soubo agradecer ao terminar o choque.
Métese pois o Malpica na final da Copa da Costa tras 28 anos sen facelo. En fronte terá a todo un XSC que intentará repetir título.


Máis información
Crónicas da semana
- Crónica dunha fin de semana espectacular para o fútbol da Costa.
- Copa da Costa: Final encarrilada.
- Resultados e análise desta fin de semana que deixa a final de Copa medio encarrilada.
- Final da Copa da Costa 2012: Monocolor laranxa.
Novas relacionadas
- Os clubes de fútbol teñen ata o 30 de xuño para enviar as inscricións na tempada 2013/2014.
- A Gala do Fútbol da Costa xa ten convocados e xogarase probablemente en Outes.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Torneos
- Máis Torneos por Carballo, Lariño e Zas.
- O Sporting Seaia busca fondos cun Torneo para poder federarse.
- Unha de Torneos por Carnota, Muros e ata Tordoia.
Artigos relacionados
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
- Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).