Segunda fin de semana con sol na Costa da Morte. A ver se van poñerse os campos de herba natural en bo estado e todo... E antes de repasar a previa da xornada con case que 90 partidos, e despois de ver como andan os pichichis da Costa analizamos o parte de sancións.
Parte de sancións
Poucos detalles no parte, entre eles que o Cee-Buño, suspendido na xornada 22, disputaráse o 20 de abril, en plena Semana Santa (fin de semana sen xornada), xunto ao Porteño-Fisterra e Camelle-Cabana da mesma xornada.
Preferente
Cristian Caamaño (XSC).
David Carreira (Dumbría).
1ª Autonómica
Aperc. 1ª: - Juan oBello (Malpica). - Óscar Bolób (Ponteceso). - Alberto Costa (Baio).
2ª Autonómica
Martín Domínguez (Sofán).
Ismael Mouro (Porteño).
Sergio Manín (Fisterra).
Alfredo Pereiro (Zas).
Manuel Guillamet (IDC).
Rubén Fiuza (Cee).
Piquero Fernánde (Cee).
Mario Lagoa (Corcubión - Aparece dúas veces no parte).
Ramón Senra (Adest. Corcubión - 2 partidos).
Brais Corral (Corme).
Iago Espasandín (Buño).
Alfredo Domínguez (Buño).
Juan Rey (Muros).
Aperc. 2ª: - Juan Mayo (Volantes). - Alberto García (Castriz). - Miguel Sande (Sofán). - Jose Rodríguez (Cabana). - Jorge García Sar (Cee). - Rubén Santos (Cee). - Llanero Canosa (Cee). - Jesús Eirís (San Lorenzo). - Alejo Cambón (Corme). - Mateo Fernández (Muros).
3ª Autonómica
Jacinto Soneira (Laxe).
Marcos Pailos (Cerqueda).
Adrián Torrado (Seaia).
Félix Castiñeira (Nantón).
José Boneira (Muxía).
Suso Rey (Adest. Muxía).
Aperc. 3ª: - Javier Caamaño (Ameixenda). - Jesús Cancela (Seaia). - Martín Pradini (Seaia). - Demetrio Rodríguez (Lira). - José Lucena (Lira). - David Lareu (Nantón). - Diego Bello (Nantón).
Xuvenís
Óscar Leis (Delg. Dumbría.
Sergio Bouzas (Camariñas).
Aperc. Xuv. - Iván Masto (Cabana).
A Previa da xornada
Se noutras categoría xa arrincamos a recta final da liga regular, na Preferente aínda quedan 10 xornadas. E nesta, o derbi entre XSC e Dumbría marca a atención. Os xalleiros non poden deixar escapar puntos de Fontenla, pero en fronte chega un Dumbría con, nada menos, 14 partidos sen perder. Ademais, o morbo de ver aos Jora, Doro ou Oscarín en Fontenla vestidos sen a cor laranxa. Mentres, o Soneira necesita sumar ante un Mugardos ao que tamén pode meter en líos, malia que lle leva 14 puntos.
Na 1ª Autonómica miramos á zona baixa pois pode ser un dos últimos trens para Camariñas e Ponteceso. Os conserveiros reciben a un rival directo, o Cordeiro a só 6 puntos de distancia. Choque vital tamén será a visita do Ponteceso a Agolada, ante un equipo que pouco se xoga. Ademais, por arriba, o Malpica visita a un Flavia na zona morna; o Baio fai o propio co Puebla, igual que a Esteirana ante un Piloño ao que pode superar na táboa.
O outro partido da xornada ademais do derbi da Preferente será o Sofán-Zas da 2ª Autonómica. O líder recibe a un Zas que está na 3ª praza a 5 puntos. Estarán pendente o Corme, colíder pero cun partido máis que ambos, e que non pode fallar ante a visita do Muros, e espera un empate ou unha derrota do líder.
Triple enfrontamento directo na loita pola Promoción na 3ª Autonómica que xa se antoxan fundamentais cando quedan só 4 xornadas para o final da liga regular. 6 equipos en 5 puntos e só 4 se meterán na Promoción. E esta fin de semana un Muxía-Coristanco, un Seaia-Lira e un Montelouro-Nantón, se ben o Montelouro ten claroo ascenso directo. Ademais, o Ameixenda visita ao Corcoesto e o líder, o Baíñas recibe ao Cerqueda e un punto lle vale para celebrar o ascenso.
Última ocasión para o XSC de loitar pola Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Visita á Esteirana, que ten 6 puntos máis, pero unha vitoria dos xalleiros devolverían a tensión. Pola contra, se gaña o cadro blaugrana, e o Dumbría non falla ante a visita do Corme, os dous postos quedarían case sentenciados a falta de 4 xornadas. Polo camiño segue a Liga da Copa, co Baio líder do Grupo Norte e Muros e Mazaricos sorprendendo no Grupo Sur
Fermosa tarde a que se vivirá no Conco o sábado coa visita do Real Club Celta na División de Honra Cadete.
Mentres, en Cadetes segue camiño do título e poderá seguir sumando ante un Corcubión, o pechacancelas, que aínda non sabe o que é sumar. Onde a cousa si que está que ferve é na 1ª Infantil cando chegamos á penúltima xornada e 3 equipos en 3 puntos. O Cee teno de cara, con 2 puntos sobre Corme e 3 sobre Fisterra, pero recibe a un Coristanco que está facendo unha gran temporada. Ademais, Fisterra e Corme enfróntanse en Ara Solis. Un empate non lle vale nin a un nin outros, só ao Cee. E seguen tamén en marcha as Ligas Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns, xa perfectamente estruturadas en www.futboldacosta.com.
Interesante a xornada nos ">Veteranos, cun Bértoa-Laxe, 3º contra 4º, que pode deixar a loita polo título só entre Coristanco, Soneira e un deles. O líder Coristanco visita Verdillo, mentres que o Soneira, a 3 puntos, visita ao Xuv. de Bergantiños, ambos con pouco en xogo.