Mércores. 08.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Dura pelexa pola Promoción

3ª Autonómica: Dura pelexa pola Promoción
Lira-Montelouro-Foto-Edu Olveira A Clínica Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica- Coñéce as nosas ofertas en depilación laser

A un punto do ascenso directo está o Baíñas a falta de 4 xornadas para o final desta 3ª Autonómica. Os vimianceses sufriron no derbi ante o Castrelo pero sacan 11 puntos ao 3º. O Montelouro non pasou do empate ante o Lira, e mantén 5 puntos de vantaxe, polo que tamén ten o ascenso directo moi preto.

A gran loita céntrase na Promoción con 6 equipos en apenas 5 puntos, e 4 equipos igualados a 30. Esta semana o Nantón puido co Muxía e o alcanza. Para a semana hai choques directos moi importantes, así que "O que pestañee queda fóra", como apunta Juan Prado, xogador muxián.

Ameixenda - Laxe (2-1)

  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, José Manuel (Demetrio, min.63), Grille (Bichiño, min.85), Camacho, Iván, Javichu, Mateo, Rioliño, Borja, Momaño e Chiru.
  • LAXE: Martín, Aarón, Samu Soneira, Jacinto, Diego, Gora, Djamel, Manu Domínguez, Dani, Elías e Adri.
  • Goles: 1-0, min.15: Borja a pase de Chiru; 2-0, min.40: Iván remata un córner; 2-1, min.60: Elías nunha contra.

Dominou boa parte do partido o cadro local pero acabou pedindo a hora. O Ameixenda adiantouse na primeira metade, na que foi superior ante un Laxe que chegaba cos xustos a Cee, e mesmo co porteiro habitual, Diego, de medio centro. Borja e Iván facían o 2-0 ao descanso, ante un Laxe que esperaba atrás agazapado pero que sacou un par de contras que chegaron ao pau por medio Manu Domínguez.
Pero na segunda o Laxe foise vindo arriba, loitou moito recurtou por medio de Elías e tivo ocasións para alcanzar o empate, sobre todo un par de Elías que non puido definir a perna cambiada.

Castrelo - Baíñas (1-2)

  • CASTRELO: Iván (Migui, min.30), Estebo, Luís, Pichón, Mario (Marcos, min.75), Gatusso (Borja, min.65), Félix, Roi, Styven, Germán (Roberto, min.55)e Edreira.
  • BAÍÑAS: Sergio Puto, Braulio, Luís, Héctor, Capote (Samuel, min.65), Jaime, Iván, Esteban, Cristian, Tasky e Javi Suárez.
  • Goles: 0-1, min.10: Tasky tras unha gran xogada de Javi Suárez; 0-2, min.30: Javi Suárez en xogada individual; 1-2, min.75: Luís de cabeza batendo no pau e pegando nas cosats do porteiro para entrar.
  • Lesión: o porteiro Iván tras un choque con Javi Suárez e quedou cunha lesión cervical.

Aínda sufriu o Baíñas no derbi vimiancés, pois non acabaron de sentenciar e a incertidume durou ata o pitido final. E mira que puido sentenciar o Baíñas, pero por exceso de egoísmo ás veces dos puntas evitaron que as chegadas de Cristian, Javi Suárez, Jaime... acabasen e gol.

O Castrelo, moi mellorado nas últimas xornadas, meteu medo ata o fial ao líder, e parece un equipo que sobre todo se esforza máis cos grandes e, se cabe, un pouco máis co derbi.

Coristanco - Corcoesto (6-1)

  • CORISTANCO: Nacho, Marquiños, Torreira, Morientes, Rubén, Mato,(Hector min.62) Luis, Mallon (Moreno, min.54) Gonzalo, Benítez (Añón, min.70) e Toniño.
  • CORCOESTO: Edelmiro, Javi, Germán, Longo, Patelo (Dani, min.46), Luís, Pichu (Couto, min.60), Pablo, Rodri, Cristian (Ángel, min.75) e Martín.
  • Gol: 1-0, min.22: Toniño de cabeza a centro de Benítez; 2-0, min.27: Toniño a pase de Gonzalo; 3-0, min.40: Toniño róuballe a carteira ao porteiro visitante e marca; 4-0, min.58: Toniño a pase de Benítez; 4-1, min.67: Luís; 5-1, min.75: Toniño; 6-1, min.80: Toniño de vaselina tras un pase longo de Moreno.
Tonino-Coristanco

Partido que se decidiu polas individualidades e calidade dos de Coristanco, que ademais contaron cun honome por riba de todo: Toniño, que fixo 6 goles, os 6 da tarde para os seus, e mesmo que levou o balón asinado por todos os seus compañeiros. Pero o choque foi máis igualado do que reflicte o marcador, destacando ademais a gran actuación do porteiro local.

Arrancou o partido con igualdade e sen ocasions ata oaos 20 minutos Toniño empezou o seu festival goleador cun bo remate de cabeza tras un centro medido de Benítez dende a esquerda. 5 minutos máis tarde chegaria o segundo da tarde obra de Toniño despois dunha asistencia perfecta de Gonzalo dende a dereita. Aínda teria tempo Toniño de facer o terceiro antes do descanso despois de roubarlle o balón ó porteiro visitante cando este intentou regatealo.

Xa no segundo tempo, comenzou dominando o equipo local e froito deste dominio, no min. 58 chegaria o cuarto de Toniño tras asistencia de Benitez. Relaxouse o Coristanco e creou varias ocasions o Corcoesto ata que conseguiu marcar no min.67 despois de varias ocasions que desbaratou o porteiro local con unhas boas intervencions, este gol espoleou o equipo local que non deixou lugar a ningunha dúbida o marcar Toniño o quinto no min.75, tras zafarse de varios rivales na area contraria e o sexto de preciosa vaselina tras un pase largo de Moreno.

Lira - Montelouro (0-0)

Lira-Montelouro-Foto-Jose Sendon
  • LIRA: Andrés, Joserra, Adrián, Herminio, José Manuel, Demetrio, Manu Maceiras, Santi, Manu Goyanes, Elx e Oliver.
  • MONTELOURO: Isma, César, Álvaro (Pepe, min.70), Abel, Edu (Santi, min.46), Pedro, Geico, Isma Cosme (Raúl, min.65), Benjamín (David, min.60), Dani Deza e Pesco.

Partido típico de rivalidade, sen demasiado xogo e moito respecto e igualdade. Na primeira metade o Lira, que chegaba con moitas baixas, puido adiantarse pero non estiveron acertados os de arriba,
Na segunda o Montelouro mellorou e tivo algunha ocasión como unha de Pesco ou unha Dani Deza que chegou forzado no man a man e salvou Andrés.

Lira-Montelouro-Foto-Edu Olveira

Cerqueda - Seaia (1-3)

  • CERQUEDA: Rubén, Pailos (Manuel, min.50), Dani, Xabi, Uru, Sergio, Lorenzo, Dani Seaia (Eliseo, min.56), Darío, Juanjo e Carlos.
  • SEAIA: Jesús, Lesi, Vistas, Ramón, Uru, Camilo (Sergio, min.87), Zala (Dimaga, min.67), Juni (Richard, min.75), Adra, Parga (Pablo, min.89) e Eme.
  • Goles: 0-1, min.28: Camilo de cabeza a centro de Uru; 0-2, min.67: en propia tras unha gran internada de Juni; 1-2, min.77: Dani de penalti; 1-3, min.83: Camilo a pase de Richar.
  • Expulsión: Adra no min.60.

Derbi malpicán tocado pola Mikaela. Pero quedou un partido xeitoso no que venceu o que máis arriba está na táboa. Un Seaia que estreaba a Alberto Verdes no banco, recén volto do seu curto periplo polo Vizoño, e que puido contar tamén con Dimaga, procedente dos xuvenís do Malpica.

O choque deixa ao Cerqueda sen forzas nin tempo para meterse na loita. Comezaba típico partido de derbi, con algunha ocasión pero nada de xogo. Adiantouse á media hora o equipo visitante, que soubo facer o seu xogo, nadar e gardala roupa, e matar o partido á contra. Os locais apenas chegaron a gol de Jesús.

Nantón - Muxía (2-1)

Nanton-Muxia-Foto-CD Nanton
  • NANTÓN: Erni, Eloy, Diego, Félix, Carlos R. (Manu, min.85), Martín, Amado, Iván, Cachi (Maikel, min.70), David (Dani B. min.86) e Luís.
  • MUXÍA: Santi Papi, Currás, Pataca, Pesqui, Denís, David, Pereira (Carlos, min.70), Juan, Adrián (Julián, min.60), Jonathan e Iván.
  • Goles: 0-1, min.40: Iván tras unha xogada pelexada por Jonathan; 1-1, min.55: Cachi; 2-1, min.70: Cachi de falta.
  • Expulsión: o muxián Pesqui no min.60.

Partidazo o vivido en Nantón entre dous dos aspirantes á Promoción, que deixa os tres puntos nun cadro cabanés que empata con 30 puntos co propio Muxía, ademais do Lira e do Seaia. O partido non foi moi bo en canto a xogo (o pouco que houbo púxoo o Muxía na primeira parte) pero si moi tenso e desputado.
Os muxiáns protestou a actuación arbitral, expulsión, media hora con 10, e pediron dous penaltis.

Houbo unha parte para cada equipo. Na primeira o Muxía fíxose co mando do partido e dominou o xogo. Tivo varias ocasións para marcar pero só o conseguiu antes do descanso, nunha xogada por banda dereita que remata o Iván, a pesar das protestas dos locais por posible falta a un defensa.
Nada máis comezar a segunda metade o Muxía tivo outra clara ben atallada por Ernesto. E a partir de aí o Nantón foise facendo co partido, sen moito xogo pero con chegadas constantes.

O gran protagonista do encontro foi Cachi que marcaba por partida doble. No minuto 53 controla un balón longo na frontal da área, recorta ó seu par e dispara duro coa perna esquerda para facer o 1-1. Un pouco máis tarde, no 70, outra vez Cachi fai o 2-1 definitivo nunha falta dende a frontal que sorprende ó meta visitante. A partir dese momento o Muxía intentou ir a pola igualada pero non creou perigo ante a portería de Ernesto.

Nanton-Muxia-Gol de Cachi-Foto-CD Nanton

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios