Segunda fin de semana con sol na Costa da Morte. A ver se van poñerse os campos de herba natural en bo estado e todo... E antes de repasar a previa da xornada con case que 90 partidos, e despois de ver como andan os pichichis da Costa analizamos o parte de sancións.
Parte de sancións
Poucos detalles no parte, entre eles que o Cee-Buño, suspendido na xornada 22, disputaráse o 20 de abril, en plena Semana Santa (fin de semana sen xornada), xunto ao Porteño-Fisterra e Camelle-Cabana da mesma xornada.
Preferente
- Cristian Caamaño (XSC).
- David Carreira (Dumbría).
1ª Autonómica
Aperc. 1ª:
- Juan oBello (Malpica).
- Óscar Bolób (Ponteceso).
- Alberto Costa (Baio).
2ª Autonómica
- Martín Domínguez (Sofán).
- Ismael Mouro (Porteño).
- Sergio Manín (Fisterra).
- Alfredo Pereiro (Zas).
- Manuel Guillamet (IDC).
- Rubén Fiuza (Cee).
- Piquero Fernánde (Cee).
- Mario Lagoa (Corcubión - Aparece dúas veces no parte).
- Ramón Senra (Adest. Corcubión - 2 partidos).
- Brais Corral (Corme).
- Iago Espasandín (Buño).
- Alfredo Domínguez (Buño).
- Juan Rey (Muros).
Aperc. 2ª:
- Juan Mayo (Volantes).
- Alberto García (Castriz).
- Miguel Sande (Sofán).
- Jose Rodríguez (Cabana).
- Jorge García Sar (Cee).
- Rubén Santos (Cee).
- Llanero Canosa (Cee).
- Jesús Eirís (San Lorenzo).
- Alejo Cambón (Corme).
- Mateo Fernández (Muros).
3ª Autonómica
- Jacinto Soneira (Laxe).
- Marcos Pailos (Cerqueda).
- Adrián Torrado (Seaia).
- Félix Castiñeira (Nantón).
- José Boneira (Muxía).
- Suso Rey (Adest. Muxía).
Aperc. 3ª:
- Javier Caamaño (Ameixenda).
- Jesús Cancela (Seaia).
- Martín Pradini (Seaia).
- Demetrio Rodríguez (Lira).
- José Lucena (Lira).
- David Lareu (Nantón).
- Diego Bello (Nantón).
Xuvenís
- Óscar Leis (Delg. Dumbría.
- Sergio Bouzas (Camariñas).
Aperc. Xuv.
- Iván Masto (Cabana).
A Previa da xornada
Se noutras categoría xa arrincamos a recta final da liga regular, na Preferente aínda quedan 10 xornadas. E nesta, o derbi entre XSC e Dumbría marca a atención. Os xalleiros non poden deixar escapar puntos de Fontenla, pero en fronte chega un Dumbría con, nada menos, 14 partidos sen perder. Ademais, o morbo de ver aos Jora, Doro ou Oscarín en Fontenla vestidos sen a cor laranxa.
Mentres, o Soneira necesita sumar ante un Mugardos ao que tamén pode meter en líos, malia que lle leva 14 puntos.
Na 1ª Autonómica miramos á zona baixa pois pode ser un dos últimos trens para Camariñas e Ponteceso. Os conserveiros reciben a un rival directo, o Cordeiro a só 6 puntos de distancia. Choque vital tamén será a visita do Ponteceso a Agolada, ante un equipo que pouco se xoga.
Ademais, por arriba, o Malpica visita a un Flavia na zona morna; o Baio fai o propio co Puebla, igual que a Esteirana ante un Piloño ao que pode superar na táboa.
O outro partido da xornada ademais do derbi da Preferente será o Sofán-Zas da 2ª Autonómica. O líder recibe a un Zas que está na 3ª praza a 5 puntos. Estarán pendente o Corme, colíder pero cun partido máis que ambos, e que non pode fallar ante a visita do Muros, e espera un empate ou unha derrota do líder.
Triple enfrontamento directo na loita pola Promoción na 3ª Autonómica que xa se antoxan fundamentais cando quedan só 4 xornadas para o final da liga regular. 6 equipos en 5 puntos e só 4 se meterán na Promoción. E esta fin de semana un Muxía-Coristanco, un Seaia-Lira e un Montelouro-Nantón, se ben o Montelouro ten claroo ascenso directo. Ademais, o Ameixenda visita ao Corcoesto e o líder, o Baíñas recibe ao Cerqueda e un punto lle vale para celebrar o ascenso.
Última ocasión para o XSC de loitar pola Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Visita á Esteirana, que ten 6 puntos máis, pero unha vitoria dos xalleiros devolverían a tensión. Pola contra, se gaña o cadro blaugrana, e o Dumbría non falla ante a visita do Corme, os dous postos quedarían case sentenciados a falta de 4 xornadas.
Polo camiño segue a Liga da Copa, co Baio líder do Grupo Norte e Muros e Mazaricos sorprendendo no Grupo Sur
Fermosa tarde a que se vivirá no Conco o sábado coa visita do Real Club Celta na División de Honra Cadete.
Mentres, en Cadetes segue camiño do título e poderá seguir sumando ante un Corcubión, o pechacancelas, que aínda non sabe o que é sumar.
Onde a cousa si que está que ferve é na 1ª Infantil cando chegamos á penúltima xornada e 3 equipos en 3 puntos. O Cee teno de cara, con 2 puntos sobre Corme e 3 sobre Fisterra, pero recibe a un Coristanco que está facendo unha gran temporada. Ademais, Fisterra e Corme enfróntanse en Ara Solis. Un empate non lle vale nin a un nin outros, só ao Cee.
E seguen tamén en marcha as Ligas Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns, xa perfectamente estruturadas en www.futboldacosta.com.
Interesante a xornada nos ">Veteranos, cun Bértoa-Laxe, 3º contra 4º, que pode deixar a loita polo título só entre Coristanco, Soneira e un deles. O líder Coristanco visita Verdillo, mentres que o Soneira, a 3 puntos, visita ao Xuv. de Bergantiños, ambos con pouco en xogo.
E última xornada na Liga Intermunicipios, de premio para o Cances, xa campión de Liga.
| Gal. Mugardos | 16/03 - 17:00 | Soneira |
| Xallas StComba | 16/03 - 17:00 | Dumbría |
| Piloño | 16/03 - 16:15 | Esteirana |
| Baio | 16/03 - 16:30 | Puebla |
| Camariñas | 16/03 - 17:00 | Cordeiro |
| Agolada | 16/03 - 17:00 | Ponteceso |
| Flavia | 16/03 - 17:30 | Malpica |
| Fisterra | 15/03 - 16:00 | Indep. Carballo |
| Cabana | 15/03 - 16:00 | Cee |
| Corcubión | 15/03 - 16:30 | San Lorenzo |
| Sofán | 16/03 - 16:30 | Zas |
| Corme | 16/03 - 16:30 | Muros |
| Buño | 16/03 - 17:00 | Porteño |
| Volantes | 16/03 - 17:00 | Camelle |
| Outes | 16/03 - 17:00 | Castriz |
| Carnota | 16/03 - 17:00 | Mazaricos |
| Laxe | 15/03 - 17:00 | Castrelo |
| Corcoesto | 16/03 - 16:30 | Ameixenda |
| Seaia | 16/03 - 16:30 | Lira |
| Montelouro | 16/03 - 16:30 | Nantón |
| Muxía | 16/03 - 17:00 | Coristanco |
| Baíñas | 16/03 - 17:00 | Cerqueda |
| Esteirana | 15/03 - 12:00 | Xallas StComba |
| Dumbría | 15/03 - 12:00 | Corme |
| Cabana | 15/03 - 18:00 | Malpica |
| Ponteceso | 15/03 - 16:30 | Coristanco |
| Baio | 15/03 - 16:30 | Porteño |
| Castriz | 15/03 - 17:00 | Camariñas |
| Muros | 14/03 - 16:00 | Outes |
| Muxía | 14/03 - 16:30 | Lira |
| Mazaricos | 14/03 - 16:30 | Cee |
| Dumbría | 15/03 - 17:00 | Celta |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 5
| XSC | 16/03 - 12:45 | Calasanz |
| Muxía | 15/03 - 10:30 | Zas |
| Outes | 15/03 - 10:30 | Fisterra |
| Cee | 15/03 - 11:30 | Cabana |
| Muros | 15/03 - 18:00 | As Baleas |
| Corcubión | 16/03 - 10:30 | Xallas StComba |
| Coristanco | 16/03 - 11:00 | Baio |
| Sofán | 15/03 - 12:00 | Esteirana |
| Vimianzo | 15/03 - 17:30 | Cabana |
| Fisterra | 16/03 - 10:30 | Corme |
| Outes | 16/03 - 10:30 | Ponteceso |
| Os Miudos | 16/03 - 12:00 | Baio |
| Cee | 16/03 - 16:30 | Coristanco |
| Coristanco | 15/03 - 11:00 | Sofán |
| Muxía | 15/03 - 12:30 | Corcubión |
| Vimianzo | 15/03 - 18:00 | Baio |
| Cabana | 16/03 - 11:30 | As Baleas |
| Os Miúdos A | 13/03 - 17:30 | Os Miúdos B |
| Dumbría | 15/03 - 10:00 | Esteirana |
| XSC B | 15/03 - 12:00 | Lira |
| XSC A | 15/03 - 12:00 | Cee |
| Fisterra | 15/03 - 19:00 | Outes |
| As Baleas B | 14/03 - 19:00 | Corme |
| Coristanco | 15/03 - 12:00 | Sofán |
| E.M.F. Vimianzo | 15/03 - 19:15 | Baio |
| Cabana | 16/03 - 10:30 | As Baleas A |
| Muxía | 16/03 - 11:00 | Ponteceso |
| Os Miúdos A | 13/03 - 18:30 | Os Miúdos B |
| XSC B | 15/03 - 10:30 | Lira |
| XSC A | 15/03 - 10:30 | Cee |
| Dumbría | 15/03 - 11:00 | Esteirana A |
| Zas | 15/03 - 12:00 | Esteirana B |
| Fisterra | 15/03 - 18:00 | Outes |
| Outes | 15/03 - 18:00 | Baio |
| Xallas StComba | 16/03 - 10:30 | Esteirana |
| Cee A | 13/03 - 18:15 | Dumbría |
| As Baleas | 15/03 - 12:00 | Corcubión |
| Muros | 16/03 - 10:00 | San Román |
| Nantón | 16/03 - 10:00 | Cabana |
| Bértoa | 16/03 - 10:00 | Laxe |
| Xv. Bergantiños | 16/03 - 11:00 | Soneira |
| Ponteceso | 16/03 - 11:00 | Zas |
| San Lorenzo | 16/03 - 11:00 | Coristanco |
| Baio | 16/03 - 11:00 | Dumbría |
| Camariñas Vet | 16/03 - 11:00 | Castriz |
| Buño | 16/03 - 10:00 | At. Milagrosa |
| Leiloio | 16/03 - 11:00 | Camelle |
| Vimianzo | 16/03 - 11:00 | Sofán |
| Corcoesto | 16/03 - 11:00 | Porteño |
| Poniente | 16/03 - 12:00 | Malpica |
| Cerqueda | 16/03 - 12:00 | Erbecedo |
| Seaia | 16/03 - 16:00 | A Piña |
| Brea | 16/03 - 16:00 | Peña Galicia |
| Cereo | 16/03 - 16:00 | Laxe |
| Baldaio | 16/03 - 16:00 | Valenza |
| Rus | 16/03 - 16:00 | Cances |
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).