Mércores. 08.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Toca sufrir

2ª Autonómica: Toca sufrir
San Lorenzo-Corme-Foto-Fin Lema Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

Deixa as cousas como estaban esta 26ª xornada da 2ª Autonómica. Os dous de arriba, malia sufrir e moito en campos complicados como Pedra de Ouro e As Pedreiras, sacaron os partidos adiante e sumaron sendas vitorais pola mínima. Sacan agora Sofán (cun partido menos) e Corme, 5 puntos ao Zas, que vencía ao Fisterra nun dos partidos máis importantes da xornada, e que podía ter metido de cheo ao Fisterra na loita. Queda pois o Fisterra xa a 12 do liderato, no grupo con Outes e Cee que parecen demasiado lonxe para disputar as dúas primeiras prazas a estes dous equipos que van como motos.

Camelle - Outes (0-5)

  • CAMELLE: Ángel, Dido, Valiña, Chuchi, Matías, Mario, Miguel, Varu, Javi, Adrián e Barreiro.
  • OUTES: Gato, Rafa, Yura, Chúa, Borja, Martín, Poke (Babu, min.65), Piki (Paulo, min.80), Elías (Quin, min.50), Mighi (Michi, min.70) e Edu.
  • Goles: 0-1, min.5: Piki dende fóra da área; 0-2, min.10: Edu tras unha boa combinación; 0-3, min.15: Elías; 0-4, min.55: Mighi de penalti feito sobre Piki; 0-5, min.75: Quin.
Partido limpo que se puxo de cara aos da Serra, xa que a pesar de que os locais chegaban en dúas ocasións nada máis comezar, en apenas 15 minutos o marcador sinalaba 0-3 tras 3 boas chegadas moi boas e acertadas dos da Serra, ante unha defensa local algo despistada. Non esperaban telo tan doado os visitantes, pois o campo non é o que mellor lle vai. Pero o Camelle tamén estaba tocado, con 11 xustos contaba Pupus.

Tomou o mando o Camelle de aí ao descanso, con ata 4 boas ocasións para recurtar, pero non era o día de Barreiro, como tampouco de Javi e Mario que tamén marraron as súas.

Notou o equipo de Outes a volta de Quin, aínda invito pois marchara aló por novembro a Madrid, e voltaba dando moitas cousas ao seu equipo. Manu Roque apunta que quedou "alucinao" coa afección local, e calificou de "impresionante" como animaron os siareiros durante todo o partido, a pesar de ir por debaixo no marcador.

O que si que están xa algo fartos os camelláns é de que é o terceiro partido consecutivo con árbitros asistentes...

Cee - Corcubión (2-1)

  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Piquero, Jacobo, Aneliño, Diego Cespón, Javi (Rubén Fiuza, min.46), Josiño (Rodri, min.70), Llanero e Cristian (Yaya, min.80).
  • CORCUBIÓN: Perlón, Alán, Jesús, Senra, Trillo, Antón Lestón (Tito, min.63), Gabi, Edu, Sebas, Mario e Lema.
  • Goles: 0-1, min.33: Mario; 1-1, min.40: Diego Cespón de falta; 2-1, min.89: Llanero.
  • Expulsións: o ceense Piquero (min.40) o corcubionés Mario no min.70 por protestar.

Derbi intenso en Cee ante un Corcubión cheo de fisterráns con moitas gañas. O partido se puña de cara para os de Senra, tras unha primeira metade moi igualada valía o gol de Mario e o Cee quedaba cun home menos.
Co 0-1 e cun home máis arrincaba a segunda metade, pero os visitantes protestaron a actuación arbitral, que calificaron de "compensación". De feito, denuncian que Mario foi expulsado, e a acta pon que lle chamou "fillo de puta" e o xogador non só o nega, senón que asegura que lle dixo o colexiado "estabas tocándome os güevos así que para a ducha"...

Así e todo o partido foi moi disputado, e o Corcubión se metía por diante na primeira e o Cee tardaba en reaccionar. Gran primeira parte dos de Senra, pero volveu a aparecer a calidade dos de Cee, primeiro cunha falta de Diego Cespón fantástica, e despois o de sempre, Llanero que asinaba un gol da vitoria que non chegaría ata o minuto 89 .

Porteño - Volantes (0-0)

Porteno-Volantes-Foto-Porteno
  • PORTEÑO: Bonano, Pejo, Óscar, Maikol, Cousillas (Iago, min.55), Piti, Cristian, Varela, MeuLar (Marcos, min.83) e Isma.
  • VOLANTES: Vicente, Juan, Miguel, Varo (Edu, min.80), Nestor, Martín, Uru, Adrián (Piru, min.85), Ivi, Cajulo (Pardelo, min.70) e Nimo.

Partido de patadón na Grixa con dous equipos que non fixeron un gran partido. A primeira metade foi algo máis dominada polo Porteño que fixo as dúas únicas ocasións de gol en todo o partido, pero apareceu a figura de Vicente para manter a porta a cero. E se o Porteño foi de máis a menos, o Volantes foi mellorando co paso dos minutos, pero tampouco puido baixar o balón e combinar, e apenas chegou contra o final pero cun par de tiros lonxanos sen demasiado perigo.

Mazaricos - Sofán (2-3)

Mazaricos-Sofan x26 sara
  • MAZARICOS: Marcos, Chico (Kevin, min.60), Martín, Tuco (Ferreiro, min.80), David (Casais, min.75), Rodri, Ricardo, Oreiro, Pereiro, Molinos e Estefano.
  • SOFÁN: Bugy, Cantudo, Marcos Pensado, Pablo Martínez, Eloy Boedo, Jorge, Martín, Iván Rey (Brais, min.80), Iván Rojo (Bertín, min.70), Raúl e Leilán (Míchel, min.68).
  • Goles: 0-1, min.5: Leilán cruza un pase de Iván Rey; 1-1, min.35: Estéfano remacha un pase da morte tras unha gran xogada de Molinos; 1-2, min.40: Raúl aproveita o rexeite de Marcos, que debutaba, a unha boa falta de Leilán; 1-3, min.65: Raúl de caebza nun córner; 2-3, min.80: Pablo Martínez en propia a un centro de Kevin.

Sufríu e moito o líder para sacar os 3 puntos de Mazaricos. A pegada foi clave nun choque de poder a poder que puido gañar calquera, entre un Mazaricos que prantou en cara en todo momento e reaccionou aos ataques do Sofán.
Primeiros compases e o líder xa facía gala da súa eficacia co primeiro tanto. Pero o Mazaricos reaccinou en se meteu arriba, cun Molinos moi activo en punta. Empataba no ecuador da primeira Estéfano precisamente nunha xogada levada por Molinos, pero antes do descanso, o Sofán, que xa avisara do seu perigo a balón parado, volvía colocarse por diante, sen demasiada xustiza.

Mesmo guión na segunda, cun Mazaricos facendo de dominador, e un Sofán que a cada balón parado facía moito dano. Raúl ampliaba a renda nun córner pero Kevin nunha internada obrigaba a Pablo Martínez a marcar en propia. Chegou o arreón final dos amarelos, pero gol non chegou pois Bugy anulou varias chegadas locais.

Indep. Carballo - Cabana (2-2)

  • IDC: Noé, Yoni, Gato, Atu, Belar, Cholo, Fraga, Adrián, Manu e Juni.
  • CABANA: Añón, Isma, Eloy García, Iván de Treos, Jose, Eloy Vilas (David Sande, min.44), Sandro, Jose, Fernando (Eloy Pereira, min.30), Berti (Diego, min.88) e Manolo do Cruceiro (Rubén Rama, min.77).
  • Goles: 0-1, min.10: Manolo do Cruceiro; 0-2, min.40: Sandro; 1-2: Juni; 2-2, min.87: Juni.

Aínda está na UCI o IDC pero que non tira a toalla. Os de Rafa saíron con todo, e malia que contaban con 12 homes, David se lesionaba no quecemento e volvían quedar 11 xustos.
Metíase por diante o Cabana cun 0-2 tras unha gran primeira metade, pero na segunda o IDC reaccionou e conseguir empatar, puidendo gañar pero aínda así o empate, malia que non valga para saír do posto de pechacancelas, sóubolles ben aos de Rafa.

San Lorenzo - Corme (0-1)

  • SAN LORENZO: Puyol, David Álvarez (Rubén, min.70), David Rey, Anxo, Germán, Cachizo, Fuentefría, Schuster, Joaquín (Canteiro, min.80), Dani e Velo (Chucho, min.55).
  • CORME: Suso, Dani, Alejandro, Miguel Torrado, Sergio, Diego (Jose, min.60), Juan Chans, Brais, Alejo (Antoniño, min.80), Lucas (Juanma, min.89) e Toniño.
  • Gol: 0-1, min.53: Alejo de cabeza tras un centro de Juan Chans nunha contra.

Partidazo intenso en As Pedreiras entre un san Lorenzo que prantou cara ao co-líder. Prantexou o San Lorenzo o partido moi ben, dende atrás, defendendo moi ben e saído con perigo á contra, e de feito tivo máis ocasións á contra e a balón parado, como Joaquín, Germán ou Cachizo, ás que respostou Suso con gran acerto, e tamén o pau, que repeliu 3 disparos dos locais.
O Corme, intentaba saír co balón, pero o campo non estaba moi ben e non chegaba con claridade. Si que fallou Alejo un penalti feito sobre el mesmo ao comezo da segunda que parou Puyol, e os carballeses pediron un penalti. O gol de Alejo chegaría, curiosamente de cabeza, tendo en conta que os cormeláns non van moi ben por arriba e é unha das mellores armas dos de Verdillo. Un San Lorenzo que apretou ata o pitido final, cunha última acción de Germán que salvou Suso.

Muros - Buño (2-2)

  • MUROS: Fabio, veloso, teo, samu, juanche, dani, gelo,saúl, santi,sexo e jesús. Tamén xogaron: Eloy e Ramón.
  • BUÑO: Brais, Eloy, Rubén, Alfredo, Iago, Dani, Casais, Fran, Juan, Pedro e Gurita.
  • Goles: 0-1, min.32: Pedro; 1-1, min.58: Santi; 1-2, min.62: Pedro; 2-2, min.67: Eloy a centro de Sexo.

Partido que foi máis dominado polo cadro local que remata cun empate que sabe a vitoria na expedición do Buño, que chegaba con 11 xustos, por mor da Mikaela....
Puideron marcar o Muros, nada máis comezar, pero coma sempre seguen sen sorte cara gol. Fallaron Teo e Jesús en sendos remates de cabeza pero foi Pedro o que adiantaba aos visitantes á media hora.

Santi metería de cabeza o gol do empate xa comezaba a segunda metade, e o Muros seguía chegando e noutra chegada illada Buño facía o 1-2. Pero nunha xogada de Sexo pola banda, Eloy metería o do empate. Xa nos últimos minutos o Muros baixou un pouco o ritmo e o Buño estivo a piques de levarse os tres puntos en dúas ocasións nas que Fabio fixo dúas enormes paradas.

Castriz - Carnota (0-2)

  • CASTRIZ: Juan (Pablo, min.75), Bruno, Alex (Martín García, min.75), Alberto, Pose (Balsa, min.85), Cili, Fabio (Agra, min.57), Castro, Chinda, Víctor e Pichín.
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Fererrro, Manolo Chouza, Pedro, Tono da Caixa, Iván Maceiras (Urko, min.60), Nakata, Rodrigo, Pumuky (Elías, min.85), Manuel Luís (Adrián, min.80) e Pablo Pichín (David, min.15).
  • Goles: 0-1, min.60: Manuel Luís dende fóra da área; 0-2, min.80: David.
  • Lesión: o carnotán Pablo Pichín cunha brecha na cella.

Moitos puntos os que levou o Carnota de San Pedro, pois ademais dous 3 da vitoria, Pablo Pichín levou uns cantos máis na cella tras un golpe.

Comezaba a primeira metade cun Castriz, no que se estreaba Esteban Blanco no banco, moi superior. Foi Luís de la Peña, o meta carnotán, o protagonista nesta primeira metade con paradas que impediron que o Castriz collera unha renda na primeira.

Pero na segunda o Carnota veuse arriba, e Manuel Luís e David, no seu primeiro gol, meteron en vantaxe aos carnotáns, que puideron ampliar pero Pedro Pichín fallou diante do porteiro, e Adrián mandou unha vaselina fóra por pouco.

Zas - Fisterra (4-1)

  • ZAS: Anxo, Martín, Pereiro, Lagoa, Víctor Vecino (Fabián, min.70), Canedo, Peke, Pablo Lestón (Isma, min.65), David Blanco, Rubio (Damián, min.75)e Brais (Samuel, min.60).
  • FISTERRA: Joselu, Manuel Cartamil, Julito (Sergio Manín, min.70), Dani (Munitis, min.80), Huete (Mario, min.65), Tati, Santi (Roberto, min.70), Roa, Guardiola, Isma Leis (Noé, min.85) e Bruno.
  • Goles: 1-0, min.7: Peke a centro de Rubio; 1-1, min.9: Guardiola cun golazo dende o borde; 2-1, min.44: Víctor Vecino de cabeza nun córner; 3-1, min.60: David Blanco centra e se cola pola escuadra; 4-1, min.75: David Blanco aproveitando espazos no man a man a pase de Isma.
  • Expulsión: O zaense Pereiro nunha pequena tangana xa co partido rematado con Sergio Manín, que levou amarela.

Chegaba con 6 vitorias seguidas o Fisterra a San Andrés, pero con moitas baixas, por viaxes e enfermidades ademais das lesións coas que xa contaba Juan Jesús (Bebeto, Roco, Mané, Aitor, Hugo, Robertín, Piti...). Pero deu a cara o Fisterra e non só o resultado non reflicte o marcador, senón que puido perfectamente levar o partido, e ademais protestaron a actuación arbitral, que consideran fundamental .

A primeira metade foi tremendamente disputada. Adiantouse o Zas por medio de Peke pero Guardiola empatou de contado cun golazo. Co 1-1 unha agresión de Brais sen balón, e o colexiado parou o partido pero só lle chamou a atención. E ademais o Fisterra fallaba un penalti por medio de Isma Leis. O Zas tamén avisaba cun tiro ao longueiro de Pablo Lestón e ao fío do descanso Víctor Vecino puña o 2-1.

Nada máis comezar a segunda unha man do capi zaense é sinalada con amarela cando os fisterráns pedían vermella, pero no Zas consideran que estaba Martín xa ao corte. Na segunda David Blanco intentou unha media chilena e foi el mesmo o que marcou o terceiro, que sentenciaba o partido, e o cuarto.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios