Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Preferente: O Dumbría aspira a todo

Preferente: O Dumbría aspira a todo
Pablo Muino no Dumbria-Ribadeo-Foto-Jorge Parri Non foi boa a xornada 28 na Preferente para os equipos da Costa. Só o Dumbría sumaba, e un puntiño, pero un puntiño ante o 2º da táboa que demostra que o cadro de Canosa aspita a todo este curso, e por algo se mantén nos postos de promoción. Pola zona baixa, o Soneira non acaba de saír do pozo e volvía caer na casa ante o Viveiro, que segue 3º na táboa 5 puntos por enriba do Dumbría, pero cun partido máis. Ademais, o XSC tampouco sumaba e segue sen poder despistarse pois ten o descenso directo a 3 puntos, e os posibles arrastres máis preto aínda.

Soneira - Viveiro (1-2)

11 do Soneira ante o Viveiro-Foto-Jorge Parri
  • SONEIRA: Víctor, Pichi, Chans, Maikel, Sito, Fran de Urroa (Mayor, min.81), Baba, Quilmes, Richi (Cristian Figueroa, min.70), Riki (Javi, min.46) e Basti (Leo, min.79).
  • Goles: 1-0, min.12: Fran de Urroa dende o borde da área; 1-1, min.62; 1-2, min.70.
Soneira-Viveiro-Foto-Jorge Parri Comezaba o partido cun Soneira moi enchufado e aos 10 minutos Sito xa tiña unha boa ocasión de cabeza que desvía o porteiro pegandoo balón no longueiro. De contado, o capi Fran de Urroa fai un gran gol dende fóra da área coa zurda ás rentes do pau, para poñer o partido de cara. Seguía o partido moi controlado polos locais, que non permitían unha soa chegada visitante. Pero na segunda, pouco a pouco o Viveiro foi achegándose á meta de Víctor e sen facer demasiado, dáballe a volta ao marcador en dúas chegadas illadas que os de José Ángel non eran quen de respostar. Temos que destacar o detalle da familia do Soneira co bo de Jorge Parri. O Soneira tivo un detalle con Jorge Parri

Dubra - Xallas StComba (1-0)

  • XSC: Diego, Cristian, Rubio, Héctor (Maneiro, min.85), Alfonso, César, Marcos (Arnejo, min.60), Mario, Richi (Jonathan, min.58), Jeús e Darío (Toño, min.67).
  • Gol: 1-0, min.20.
  • Expulsión: o xalleiro Cristian no min.55.
Non sacou nada positivo o cadro de Julio Martínez da súa visita ao Dubra. O cadro local foi superior ante un XSC que non estivo fino en defensa e de non ser polo porteiro Diego tivera recibido algún tanto máis. Tras unha frouxa primeira metade, e cando o equopo parecía que arrincaba, a expulsión de Cristian ao comezo da segunda acabou de matar aos visitantes, que non foron capaces de igualar a contenda.

Dumbría - Ribadeo (1-1)

11 do Dumbria ante o Ribadeo-Foto-Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Julián, David (Cote, min.70), Jose (Jesús, min.46), Pablo Conde, Aarón Fdez., Aarón López, Jota (Luisito, min.60), Iago, Dani Casal (Doro, min.46), Adrián Nieto (Pablo Muíño, min.30) e Adrián Mackaay.
  • Goles: 0-1, min.30; 1-1, min.87: Aarón Fdez.
Iago co capi do Ribadeo e os abritros-Foto-Jorge Parri Salvou un punto o Dumbría da visita do Ribadeo, o segundo na táboa. E boas novas para o cadro de Canosa, que demostraron estar ao mellor nivel da categoría e mesmo acabaron facendo de equipo grande. Comezaba o choque con moito respecto e sen demasiadas ocasións. Pero nunha das poucas, o Ribadeo se adiantaba no marcador á media hora. O Dumbría arrincaba a segunda metade con máis forza, con máis intensidade, demostrando o porque de estar tan arriba. Tomou o mando e fixo de equipo grande, dominando a todo un Ribadeoe buscando un empate que tardou en chegar. Pero chegou, xa case chegando ao desconto, e o fixo tras un balón colgado e varios rexeites dentro da área local. Un empate xusto que demostra que o Dumbría aspira a todo.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios