Xoves. 09.05.2024
El tiempo

O Dumbría pranta cara ao Depor no Mundo do Fútbol

O Dumbría pranta cara ao Depor no Mundo do Fútbol
Deportivo-Dumbria-Foto-Jorge Parri

Foi unha derrota, previsible case ante o colíder. Pero a visita do Dumbría ao Mundo do Fútbol de Abegondo pode considerarse coma un premio a toda unha fornada de grandes xogadores. Disfrutaron coma nunca, e prantaron cara a todo un Deportivo, demostrando por que están entre os mellores de Galicia.

Coma sempre, da man de Jorge Parri, repasamos a crónica do partido.

Deportivo - Dumbría (2-0)

  • DUMBRÍA: Maikel, Tomás (Senlle, min.65), Miguel (Luís, min.55), Pablo, Kanario, Samuel (Jose, min.50), Isma, Mauro (Borja, min.50), Juan de Dora, Rachón e Edu.
  • Goles: 1-0, min.38: Aarón; 2-0, min.78: Álvaro.

Chegaba o Dumbría preparado a facerlle fronte a todo un Deportivo da Coruña o cal citaba aos Ddumbrieses para xogar este encontro en Coruña ás 10 da mañá. Un horario un pouco inusual, xa que os da Costa da Morte tiveron que pegarse un madrugón de escándalo para poder ir xogar. Cada equipo xoga coas súas armas e coas súas artimañas, iso está claro. Xa que non terá horas o día para poñer un partido de leste calibre. É o que toca aguantar mentres ninguén dea un golpe forte encima da mesa e diga basta de tanta burla cara aos equipos costeiros, tanto de pequenos como de Senior. Os representantes da Costa deberían de unirse dunha vez por todas e loitar polo noso Fútbol. Segundo unha norma da Federación os enfrontamentos entre equipos que disten a máis de 100 km deben de comezar como mínimo ás 11. De Dumbría a Coruña 97, mira ti.

O partido daba comezo cun Dumbría moi activo e metendo a todo un Deportivo da Coruña na súa metade de campo. Na primeira media hora os dumbrieses moi superiores chegando a ter algunha oportunidade para levarse o partido, pero a fortuna non estaba de cara do equipo da Costa e chegando ao descanso nunha xogada illada onde a defensa do Dumbría se despistaría tras un saque de falta lateral. Iríase ao descanso con 1-0 a favor do Deportivo, un resultado inxusto para o visto no terreo de xogo.

A segunda metade o Deportivo faríase dono do encontro e dominaría esta segunda metade. Un encontro onde os Dumbrieses non lle perderon a cara ao partido en ningún momento. O Deportivo manexaba o encontro ao seu antojo e dispoñería dalgunha ocasión para aumentar o marcador, pero o 2-0 definitivo non chegaría ata o último minuto do encontro. Un partido moi disputado por ambos conxuntos onde o resultado puido ser outro diferente, pero ao final foi o que foi.

Crónicas do Dumbría

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios