Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Análise e 80 resultados da primeira xornada con sol do 2014

Análise e 80 resultados da primeira xornada con sol do 2014
Lira-Montelouro-Foto-Jose Sendon

E primeira xornada con sol no que vai de ano no Fútbol Costeiro. Unha xornada cargada de festa e diversión pola morte do Entroido, e os campos viviron grandes entradas e partidazos. Así que comezamos o repaso á xornada.

Imaxe do Dumbria-Ribadeo

Só o Dumbría sumou na Preferente. Os de Canosa seguen na 4ª praza tras empatar ante o Ribadeo, o 2º da táboa, pero facendo de equipo grande, o que demostra que o seu posto de promoción de ascenso é máis que merecido, e dá pé a soñar. Pola contra, o XSC caía ante un bo Dubra, e o Soneira caía en casa ante o Viveiro e a salvación cada día está máis lonxe.

Non foi boa a xornada na 1ª Autonómica pois só vencía o Baio e o facía ante un dos nosos máis necesitados, o Ponteceso. Queda pois o Ponteceso máis no pozo, acompañado no descenso por un Camariñas que tamén caía ante o Amio nun choque directo que tamén fai moito dano. O Malpica non pasou do empate ante o Agolada pero segue tendo a 2ª praza moi preto, cun Arzúa que ademais a semana que vén se enfronta ao líder, o Noia. Mal choque tamén para a Esteirana ante un gran Villestro, que xa alcanza ao Malpica na táboa.

Non fallan os Sofán e Corme no máis alto da 2ª Autonómica. Os carballeses sufriron para doblegar ao Mazaricos e os cormeláns fixeron o propio ante o San Lorenzo. Ambos superaron dúas saídas complicadas, polo que manteñen a distancia co 3º, o Zas, que queda a 5 puntos, cun partido menos, como o propio Sofán. O Zas vencía ademais o choque máis importante da xornada, ante un Fisterra que chegaba con 6 vitorias segudas a San Andrés, pero marcha a 12 da cabeza. Por detrás, a un punto, Outes e Cee aínda con opcións.

Na 3ª Autonómica o Baíñas non para e está a 1 só punto de celebrar o ascenso, pois saca 11 ao 3º, o Coristanco, a falta de 4 xornadas. Xa saca ademais 5 puntos ao 2º, o Montelouro tras vencer no derbi a un bo Castrelo e aproveitando o empate dos loureáns en Lombáns, ante un Lira que segue na loita pola Promoción. Unha loita igualadísima, con 6 equipos en 5 puntos, quedando hoxe fóra Ameixenda e Nantón (os dous que mesmo gañaban) fóra dos 4 postos.

Freou o Cabana ao Dumbría n Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, cun empate que de pouco lle vale. Dumbrieses mantéñense líder, cun punto sobre unha Esteirana que mallou nun Malpica que xa se deixa levar, tendo ambos equipos as meirandes opcións de meterse na Fase, co permiso de cabaneses e xalleiros, que podían co Corme se quedan 3º con 6 puntos.

Apaixoante a 1ª Infantil con 3 equipos en apenas 3 puntos, cando faltan 2 xornadas. Corme e Cee enfrontábanse ademais, quedando un empate que favorece a un Cee que saca 2 puntos aos cormeláns, e 3 ao Fisterra. Teno de cara o Cee, pois a vindeira xornada se enfrontan Fisterra e Corme en Ara Solis.

Tremendamente igualada a Ligas de Veteranos, cun Coristanco que volve quedar só no máis alto tras vencer ao Baio e aproveitar o tropezo do Soneira ante o Ponteceso.
Ademais, en 2ª División, o Corcoesto perde o liderato tras caer ante o Erbecedo, e o novo líder é o Milagrosa, que xa estivo ao mando moitas xornadas e volve á cabeza tras vencer pola mínima ao Cerqueda. Ambos, a pesar de que o Erbecedo apreta por detrás, son os favoritos para o ascenso pois aínda contan con 8 puntos sobre o 3º.

O Cances, campión da Liga Intermunicipios

O Cances da Liga Intermunicipios- Foto-David Castro

Ademais, na Liga Intermunicipios o Cances tiña que gañar e non esperou ao resto de resultados (nin nós) para cantar o alirón.

Preferente, xornada 28

Soneira 1-2 Viveiro
Dubra 1-0 Xallas StComba
Dumbría1-1 Ribadeo

1ª Autonómica, xornada 26

Amio 2-1Camariñas
Malpica 1-1 Agolada
Ponteceso 1-2 Baio
Esteirana 0-1 Villestro

2ª Autonómica, xornada 26

Camelle 0-5 Outes
Cee 2-1 Corcubión
Porteño 0-0 Volantes
Mazaricos 2-3 Sofán
Indep. Carballo 2-2 Cabana
San Lorenzo 0-1 Corme
Muros 2-2 Buño
Castriz 0-2 Carnota
Zas 4-1 Fisterra

3ª Autonómica, xornada 18

Ameixenda 2-1 Laxe
Castrelo 1-2 Baíñas
Coristanco 6-1Corcoesto
Lira 0-0 Montelouro
Cerqueda1-3 Seaia
Nantón 2-1Muxía

Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 5

Esteirana 6-0Malpica
Cabana 3-3 Dumbría
Xallas StComba 1-0 Corme

Liga da Copa de Ascenso. Grupo 1, xornada 2

Ponteceso 6-0Castriz
Porteño 1-1Camariñas
Coristanco 0-1 Baio

Liga da Copa de Ascenso. Grupo 2, xornada 2

Outes 1-2 Mazaricos
Cee 4-2Fisterra
Lira 2-8Muros
  • Descansa Muxía.

División de Honra Cadete, xornada 24

Deportivo 2-0Dumbría

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 4

Racing Ferrol1-1XSC

1ª Cadete, xornada 17

Baio 1-3Outes
Corcubión 2-11 Muros
Xallas StComba 7-0 Cabana
Fisterra 1-2 Muxía
Zas 3-3 Esteirana
As Baleas 0-2 Coristanco
  • Descansa o Cee.

1ª Infantil, xornada 24

Sofán 3-4 Vimianzo
Muxía 1-5 Os Miudos
Baio 0-6 Fisterra
Coristanco 4-4 Outes
Ponteceso 2-8 Esteirana
Corme 2-2Cee
  • Descansa Cabana.

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 15

Esteirana0-7 Os Miúdos A
Cee 4-0 XSC B
Lira 0-9 Dumbría
Zas1-18 Fisterra
Outes 5-2 XSC A

Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 4

As Baleas2-3 E.M.F. Vimianzo
Baio 1-7 Corme
EF Corcubión 1-2 Coristanco
Sofán 4-7 Cabana
  • Descansa Muxía.

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 15

Esteirana A 1-8 Os Miúdos A
Cee 2-0XSC B
Esteirana B 4-3 Os Miúdos B
Outes 3-0 XSC A
Zas 1-18 Fisterra
Lira 4-4 Dumbría

Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 4

As Baleas A 1-3 E.M.F. Vimianzo
Muxía 1-2 As Baleas B
Ponteceso 1-7 Coristanco
Baio 0-4 Corme
Sofán 1-6 Cabana

Ligas de Veteranos, xornada 24

1ª División

Soneira 2-2 Ponteceso
Zas 2-1 Nantón
Cabana 0-2 San Lorenzo
Dumbría 9-0 Camariñas Vet
Castriz 0-5 Bértoa
Laxe 1-0 Muros
San Román1-3 Xv. Bergantiños
Coristanco 3-0 Baio

2ª División

Sofán 4-0 Poniente
At. Milagrosa 1-0 Cerqueda
Camelle 7-0 Vimianzo
Malpica 3-0 Dep. Carballo
Erbecedo 2-1 Corcoesto
Porteño 2-3 Agualada
  • Descansa Buño.

Liga Intermunicipios, xornada 21

Peña Galicia 09/03 - 16:00 Seaia
Laxe 09/03 - 16:00 Brea
Valenza 09/03 - 16:00 Cereo
Cances 4-1 Baldaio
Xornes 09/03 - 16:00 Rus
  • Descansa A Piña.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios