Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Xuvenís: A Esteirana súmase ao barco do Dumbría

Xuvenís: A Esteirana súmase ao barco do Dumbría
Cabana e Dumbria nas Redondas-Foto-Cabana

Volveu á normalidade o fútbol xuvenil con xornada completa trala disputa da segunda xornada das Ligas da Copa.

Liga Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 5

Pero a atención céntrase na Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, con dous equipos destacados. Xa que a pesar de que o Cabana freaba ao Dumbría e só lle permitía sacar un empate no duelo de campións das fases regulares, o cadro dumbriés segue de líder, cunha Esteirana que batíu na mesa cunha goleada ante o Malpica que o coloca como gran favorito a acompañar ao equipo de Diego Lobelos e Óscar Leis no periplo por conseguir o ascenso á segunda máxima división da categoría xuvenil.

Esteirana - Malpica (6-0)

  • ESTEIRANA: Marcos (Manu Trillo, 46), Manu Tobio, Borja (Sergio, min.57), Rafa, (Fabio, min.60), Alberte, Raúl, Pablo Rama, Josiño, Damián (David, 52), Adrián Abeijón (Alejandro, min.60) e Adrián García.
  • MALPICA: Manuel; Víctor Novo, Chols, Jorge, Steven (Almeida, min.46), David, Pitís, Guille (Gabi, min.46), Brais, Eloy e Alberto (Plejo, min.71).
  • Goles: 1-0, min.10: Adrián Abeijón; 2-0, min.20: Jorge en propia meta; 3-0, min.40: Adrián Abeijón; 4-0, min.44: Pablo Rama; 5-0, min.70: Pablo Rama; 6-0, min.75: Raúl.
  • Lesións: os malpicáns Guille e Steven.

Golpe na mesa da Esteirana que se presenta no ecuador da Liguilla como favorito á Fase xunto co Dumbría. E foi superior a Esteirana a un Malpica algo mermado polas baixas. Dominou o control do balón e chegaban con perigo con homes que xa alternan co equipo da 1ª Autonómica. Pronto Adrián Abeijón abría o marcador, e ao fío do descanso o partido quedaba resolto cun claro 4-0.

Cabana - Dumbría (3-3)

Cabana co trofeo de campion de Liga-Foto-Cabana
  • CABANA: Adrián, Aurelio, Raúl, Dani Mato, Laik, Diego Cacha, Iván Mato (Grille, min.75), Alberto (Pablo, min.55), Ferreiro, Redondo e Álex (Dani Reigía, min.55).
  • DUMBRÍA: Couto, Roberto, Maikel, Cabana, Jano, Lucas, Yeray, Adrián, Marcote, Pablo e Javi. Tamén xogaron: Martín, Oli e Charly.
  • Goles: 1-0, min.5: Redondo; 1-1, min.32: Javi; 1-2, min.37: Pablo; 2-2, min.60: Diego Cacha; 2-3, min.75: Marcote; 3-3, min.90: Redondo.
  • Expulsión: o delegado dumbriés Óscar Leis.
Entregando a copa de campion de Liga Norte ao Cabana Xuveni-Foto-Cabana

Arrincaba a tarde do sábado, no Campo Municipal As Redondas de Cabana, coa entrega de Campións da Liga Xuvenil Norte ao cadro de Fernando. I é que era este o duelo entre os dous campións das Ligas regulares, e non defraudou, deixando un partidazo con tensión e goles.

Adiantábase o Cabana tras uns grandes 20 minutos aproveitando un erro de entendemento entre a defensa e o porteiro dumbriés. Pero antes do descanso deulle a volta ao marcador o Dumbría aproveitando o baixón cabanés, con goles de Javi e Pablo, reclamando ademais un par de penaltis que o colexiado non viu.

Tralo descanso, o control do balón seguía do lado cabanés pero o Dumbría algo cabreado coa arbitraxe, chegaría o empate, pero Marcote, faltando 15 para o final facía un 2-3 que parecía poñer o partido de cara para os visitantes. Protestaron os dumbrieses de novo unha acción 5 minutos despois na que se procude unha falta dun xogador cabanés a un dumbriés e tras unha pequena tangana só o visitante recibe tarxeta.

E co Cabana metido arriba, á desesperada, no desconto colgando todo o que se podía, Redondo caza un balón solto e fai o empate.

Xallas StComba - Corme (1-0)

  • XSC: Poke, Miki, Pérez (Parri), Adrián, Xoel (Facal), Fabián (Serfio), Torres, Tefi, Pablo Landeira (Carlos), Estiven e Iván Pastoriza.
  • CORME: Alejo, Sergio, Alberto, Iván, Antoniño, Brais, Dani, Bruno, Juanma, Isma (Alex, min.77) e Isaac (Eloy, min.33).
  • Gol: 1-0, min.23: Tefi cun golazo de chut espectacular pola escuadra.

Chegaba con moitas baixas para o sábado pola mañá o Corme, que mesmo chegou a Fontenla con Alejo, habitual dianteiro e aínda medio coxo pola súa operación de xeonllo, baixo paus. O XSC dominou o partido de principio a fin, pero non o sentenciou e a incertidume se palpou ata o final malia que o Corme xa non tiña forzas, contra o final e polas dimensións do campo, para facer dano.

Pronto marcou Tefin un gol de televisión, e depois dous tiros ao pau de Pablo e Iván, un remate de chilena de Iván e outra de Tefi caracoleando ao borde da área e chutando fóra puideron significar a puntiña, pero o marcador non se movería.

Liga da Copa de Ascenso. Grupo 1, xornada 2

Queda o Baio como único equipo con 6 puntos, trala súa difícil vitoria ante un Coristanco que sorprende ao ser o único que aínda non sumou, sendo por agora o equipo que quedaría fóra dos Oitavos da Copa. O Camariñas, con 4, e Baio e Castriz con 3, por detrás.

Ponteceso - Castriz (6-0)

  • PONTECESO: Damián, Lorenzo (Javi), Dani Sánchez, Diego, Adrián, Alberto Recarey (Diego Pérez), Ismail, Yago (Ismael), Pablo, Cristian (Óscar) e Dani Valle.
  • CASTRIZ: Víctor, Álex, Bolita, Curro, Pablo, Yordi, Andi (Runi, min.55), José Ángel (Marcos, min.60), Miguel, Manu e Balsa.
  • Goles: Cristian (2) e Dani Valle (4).

Pouco que contar dun partido de clara superioridade local ante un Castriz que se cadra se lle atrangantou a sardiña... O equipo de Rubén Souto dominaba e os de Lorenzo e Evaristo cometeron varios erros individuais atrás que permitiron que os locais se adiantasen con facilidade no marcador.

Porteño - Camariñas (1-1)

  • PORTEÑO: Brais, Dani, Bruno, Gonzalo, Manuel (José Manuel), Rodri, Álvaro (Antonio), Mario, Cristian (Matías), Maikel e Martín (Josiño).
  • CAMARIÑAS: José Luís, Pose (Cantalejo, min.80), Martín, Mateo (Chuki, min.70), Ariel, Santi, Chico, Juan, Carlos (Dani, min.50), Javi e Jose (Sergi, min.50).
  • Goles: 1-0, min.30: Mario de falta directa; 1-1, min.93: Santi.

Auténtico partido de derbi na Grixa. Marcou pronto o Porteño e se meteu algo atrás deixando o dominio ao Camariñas durante máis de unha hora. Puido empatar o Camariñas en varias ocasións, pero o mera da Ponte fixo grandes intervencións. E tamén puido chegar a sentenza á contra. Pero o gol non chegou ata o desconto.

Coristanco - Baio (0-1)

  • CORISTANCO: Nacho, Iván (Javi, min.50), Navarro (Naya, min,15), Cristian, Varela, Rubén, Brandón, Joni, Joaquín, Bértoa (Abelenda, min.70) e Suárez.
  • BAIO: Guillermo, Jose, Xoel, Efe, Pablo, Kevin, David, Pedro (Alfonso, min.70), Anxo, Santi Díaz e Cristian Pazos.
  • Gol: 0-1, min.75: Santi Díaz de falta pola escuadra.

Non foi o partido máis vistoso da xornada, pero si que o Baio prantexou un ritmo intenso e creou algunha ocasión máis que os coristanqueses. Tras unha primeira igualada, con algunha chegada cun par de tiros de Santi Díaz á madeira (un pegaba na cruceta), arrincaba a segunda con moita calor. Foi o propio Santi Díaz o que decidía o choque cunha fermosa falta clavada na escuadra, e se ben David e Pedro en sendos mans a man puideron sentenciar, o marcador non se movería pero o Baio controlaba ben as chegadas do equipo de Da Silva na procura dun empate que nunca chegou.

Liga da Copa de Ascenso. Grupo 2, xornada 2

Muros e Mazaricos sorprenden nesta Copa vencendo os seus dous partidos e a equipos que fixeron mellor liga regular. O Cee arrincaba esta semana e vecía ao Fisterra, quedando agora mesmo o Muxía, cun partido menos, e o Lira, provisionalmente fóra da seguinte fase.

Outes - Mazaricos (1-2)

Comentarios