Xoves. 09.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Baio afunde un pouco máis ao Ponteceso

1ª Autonómica: O Baio afunde un pouco máis ao Ponteceso
Malpica-Agolada-Foto-Wash-Calvo Tocaba novo derbi nesta 26ª xornada da 1ª Autonómica, derbi do que sae perxudicado o máis tocado, un Ponteceso que ten a salvación a 5 puntos, aínda sen contar cos arrastres. O Camariñas non o ten mellor, tras caer ante o Amio, rival directo que se escapa a 9 puntos, cando podería ter quedado a 3. Por arriba, o Malpica sumaba un punto ante o Agolada, que lle permite manter a 3ª praza, empatado cun Villestro que precisamente sacaba 3 puntos de Esteiro, ante unha Esteirana que non pode despistarse de todo, tendo a 9 os postos de descenso e tendo que ter en conta os posibles arrastres. A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Malpica - Agolada (1-1)

11 do Malpica ante o Agolada-Foto-Luis POrto
  • MALPICA: Pombo; Andrés, David Castro, Alemán, Mario Casal, Fernando Varela, Eloy Cabeza (Jorge, min.78), Juan oBello, Abel (Neucha, min.71), Ismael, Óscar Suárez (Martín Maradona, min.64).
  • Goles: 1-0, min.5: Óscar Suárez aproveita a parálise da defensa tras un pase picado de Andrés; 1-1, min.80.
Andres Capitan do Malpica-Foto-Luis Porto Partido difícil para o Malpica. E iso que tivo de cara o partido co gol inicial do incombustible pichichi Óscar Suárez, pero non rematou a faena e acabou cedendo dous puntos que non lle permiten recurtar ante un Arzúa que tamén empataba. I é que o marcador estivo 1-0 máis de 75 minutos, nos que os malpicáns puideron sentenciar. Pero nin unha chegada por banda de Abel que rematou Óscar Suárez lambendo o poste, nin un córner de Juan oBello que petaba no lateral da rede, nin un posible penalti sobre Abel que o colexiado non viu, sentenciaban o partido. Non se marcou ese segundo gol e o Malpica pasou a sufrir pola incertidume do resultado xa que o Agolada, un equipo de gran envergadura, non quería marcharse cas mans baldeiras de Pedra Queimada. Contra o final lograron empatar nunha falta directa que tocou na cabeza de un defensor e despistou a Pombo. O resultado pode darse por xusto ainda que a arbitraxe de hoxe non estivo a altura do xogo dos dous equipos. A raíz do empate, e case sen tempo a SCD Malpica, lanzouse en busca da vitoria pero esta non chegou debido a formidable actuación do porteiro Rafa. Malpica-Agolada-Foto-Wash-Calvo Malpica-Agolada-gol-Foto-Wash-Calvo

Ponteceso - Baio (0-1)

  • PONTECESO: Illote, Diego, Javi Peón, Josito, Lorenzo, Mendieta, Martín Puente (Youseff, min.70), Dieguito (Jorge, min.46), Bolón (Nando, min.80), Alberto Recarey e David Brenlla (Yago, min.46).
  • BAIO: Anxo, Alberto II (Jose, min.46), Norber, Mario, Eloy (Chema, min.75), Yago, Brais, Bieito, Canay (Rubio, min.70), Christian (Alberto I, min.60) e MC.
  • Gol: 0-1, min.40: Brais de falta directa.
Moi traballado está este Baio e puido cun Ponteceso que fixo todo o que poido que está un escalón por debaixo dos baieses, como sinala a clasificación. Foi un partido de moito respecto, sen ocasións claras para ningún bando, e que comezaba co Baio tocando máis o balón e dominando a posesión pero sen presencia nas áreas. O gol, de feito, chegaría de falta directa, cun Brais que pasaba o balón con calidade por riba da barreira. Tivo tamén MC unha ocasión que saíu por riba do longueiro. Na segunda presiounou máis arriba o equipo de Velo, pero está moi ben traballado o Baio e malia que sufriu algo máis na saída do balón, non permitía que o Ponteceso roubase e fixese dano. Máis por gañas que por xogo, o Ponteceso meteu atrás ao Baio, e conseguía roubar pero non creaba perigo ante unha defensa moi ben prantada. Un tiro de fóra da área e pouco máis foi a bagaxe do Ponteceso que viu como o Baio levaba os puntos do Pinguel, deixando ao Ponteceso un pouco máis afundido.

Esteirana - Villestro (0-1)

Esteirana-Villestro-Foto-Conchy
  • ESTEIRANA: Manu, Code, Juan, (Tobío, min.68), Rafa, Dani, Varela (Pabliño, min.46), Serrano, Alex, Josiño (Raúl, min.74), Kike e Róber Pladur.
  • Goles: 0-1, min.30.
Esteirana-Villestro-Foto-Conchy Bo partido dunha Esteirana que contaba con baixas significativas, unhas ausencias que provocaron o debut de dous xuvenís, Rafa como titular e Tobío que entraba na segunda metade. E con eles os outros catro ou cinco que veñen formando parte do primeiro equipo dende o comezo da tempada. O encontro foi moi disputado pero sen excesivas ocasións de gol, as chegadas a ambas áreas non eran perigosas e o dominio do partido foi allternativo. Se ben o Villestro tentaba ter o balón, os locais roubaban e saían as contras con moito perigo. As ocasións máis claras chegaron a balón parado, Kike de falta mandaba o balón ao pau despois de que os visitantes se adiantasen no marcador tras agarrar perfecto un balón que andaba sen dono. Non dispuxeron de máis ocasións os visitantes, os cales tentaban controlar o partido e unha Esteirana volcada ao ataque durante todo segunda metade. Kike voltou a tirar unha falta moi perigosa que sacou o porteito increíblemente e despois Álex collía un balón no borde que tamén despexaba o gardamallas. Seguiu presionando a Esteirana pero sen sorte. Boa presencia de siareiros locais, coma sempre, ante unha tarde xeitosa para o fútbol.

Amio - Camariñas (2-1)

11 do Camarinas-Foto-Snack
  • CAMARIÑAS: Pablo, Rodri, Roi, Snack (Fani, min.70), Manuel (Yuyo, min.46), Moriño, Brais Triñanes (David Toja, min.46), Mario Toja, Pirucho, Sule e Martín.
  • Goles: 1-0, min.6; 2-0, min.40; 2-1, min.50: Martín.
Derrota ante un rival directo que deixa moi tocado o cadro de Berto, que malia comezar por debaixo do marcador, foi capaz de recuperarse e a piques estivo de darlle a volta ao marcador nunha boa segunda metade. Tras unha primeira metade frouza, con varios erros defensivos que custaron unha desvantaxe de dous goles, o cadro camariñán fixo unha gran segunda metade indo polo partido. Pero o gol de Martín non foi suficiente e se lle foron gastando ás forzas aos camariñáns. Iso si, os Brais, Yuyo e o propio Martín tiveron boas ocasións, pero non quixo entrar. Tamén o Villestro tivo a sentenza á contra, pero a máis clara pegou no pau e Pablo fixo un paradón no rexeite. Os locais acabaron pedindo a hora e facendo 5 cambios no desconto.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios