Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Previa: Xa temos aquí a 1ª Galega

Previa: Xa temos aquí a 1ª Galega
Xallas e Dumbria en Fontenla-Foto-Xallas Imxe do choque entre Xallas e Dumbria en Fontenla da pasada edición da Copa da Costa-Foto-Xallas Vamos entrando no círculo vicioso das ligas futboleiras pouco a pouco. Esta fin de semana xa temos aquí a 1ª Autonómica, coa presencia de 4 dos nosos representantes. Pero a cita mais destacada será en Fontenla, co derbi de Preferente Xallas - Dumbría. Este enfrontamento xa está a converterse nun clásico costeiro, pois nos últimos anos son incontables as veces que se atoparon ambos conxuntos, sen ir mais lonxe nunha interesantísima eliminatoria copeira o ano pasado. O outro representante na categoría, a S.D.Sofán, viaxará a Ferrol para verse co favorito As Pontes, despois de que estes xa probaran o sabor do fútbol da costa o domingo pasado en Dumbría. E co inicio da 1ª, varios puntos de máximo interese: hai moitas ganas de ver ó Soneira, sen dúbida un dos favoritos ó título despois de ver como reforzou no verán un plantel xa de por si de alta calidade. Viaxarán a Piloño os soneiráns para tentar de vencer nun dos campos mais difíciles da categoría. Total interés desperta tamén o novo proxecto do Fisterra. Con cambios respecto ó ano pasado, a volta de futbolistas de clase contrastada como é o caso de Mané, e a incorporación ó equipo de dous talentosos xuvenís que están a despertar a admiración aló a onde van, Isaac e Ezequiel, a interminable producción de futbolistas na fin do mundo está asegurada. Volta 9 anos despois o San Lorenzo á 1ª autonómica. E faino cun ilusionante proxecto, baseado na xente da casa e no bloque que tantas alegrías dou os últimos tres anos. Farao contra outro recén ascendido, o Bastavales dos ex sofanistas Raul e David Insua, este último o ano pasado gardameta do Zas. Os de Verdillo botarán en falta ó goleador Juni, pero é ben certo que teñen calidade suficiente no plantel para poder dar unha boa medida: os Mario, Parafita, Alex Taibo e compañía seguro que dan moitas alegrías este ano.

Falamos con Pedro Gómez

Pedro Gomez Adestrador do Baio Pedro Gomez Adestrador do Baio E regresa tamén o Baio, so 1 ano despois do descenso, pola porta grande como campión da costa, e un equipo suficientemente potente para dar que falar. Recibe ó Chaian no Platas Reinoso. Aló fomos a falar co seu adestrador, Pedro Gómez. Despois de pasar pola difícil plaza que é o Bergantiños, e tras dous anos magníficos no SAn Lorenzo, no seu primeiro ano en Baio foi quen de alcanzar o título ligueiro. A 1ª Autonómica presentase como un novo e apaixoante reto. QPC: Xa che tocou saboreala de xogador fai uns anos, pero debutarás como adestrador na 1ª autonómica. Que categoría te esperas? Supoño que predominará a igualdade. Estes últimos anos os equipos que sacaban dous ou tres bos resultados poñíanse na parte alta da táboa, pero ó revés tamén, xa que si encadeabas un par de resultados negativos xa te metías en postos complicados, e máis tendo en conta os posibles arrastres. Polo tanto, penso que non vai a ser un ano cómodo nin para os que loiten por estar arriba como polos que intenten evitar o descenso. QPC: Como chega o Baio ó inicio ligueiro? Penso que chegamos reforzados despois da temporada pasada e cunha idea clara de xogo. Nesta pretemporada preferimos antepoñer os adestramentos a un número grande de partidos. Estamos pendientes ainda de posibles sancións arrastradas do ano pasado e de recuperar ó 100% a algún xogador para que chegue a tope para o partido do domingo. QPC: Fostes capaces de manter o bloque e reforzalo con xente de primeiro nivel. Estás contento co plantel? Si, o máis importante para min era manter o bloque do ano pasado, algo máis sinxelo se cadra porque a maior parte de xogadores son de Baio ou das proximidades. E despois fomos quen de reforzar as posicións que quedaban máis valeiras con xogadores xa contrastados, coma Dani Varela e Adrián Vázquez na portería, Pablo Novo e Adrián na defensa, e Brais Lado no ataque. QPC: O sentimento polas cores dos baieses é un punto a favor moi forte do equipo. Como ve un carballés esta situación, con xogadores quenon se queren ir a pesar de ter múltiples ofertas? O que vivín o ano pasado non se pode describir con palabras. Hai unha gran identidade do poboco equipo e pódese respirar en tódolos lados. Os xogadores son do Baio desde pequeniños e arrastran ese amor a esta camiseta que fai que a pesar de contar con moitas ofertas non queiran marchar. Tiven a sorte de poder adestrar a dous equipos como son o San Lorenzo e o Baio que son un exemplo de identidade e do que é querer a unhas cores. Esta unidade é o maior valor que pode ter un equipo. QPC: Duelo de campións de segunda no primeiro partido, que esperas do Chaián? É un equipo que coma nós, deulle continuidade ó seu proxecto. Reforzouse con varios xogadores do Sigueiro, cun bo porteiro coma Miguel ex do Mazaricos,...De todas formas, a información nesta categoría dos rivais é escasa. A nosa máxima vai ser a de manter a identidade do xogo independientemente do equipo ó que nos enfrontemos, e despois os nosos méritos ou deméritos diranos onde temos que estar a final de temporada. QPC: Que Baio veremos, o clásico ofensivo de tridente atacante, ou un mais reservón á espera de adapterse á categoría? A identidade do equipo é innegociable. Entrenamos tódalas semanas para ser protagonistas nos partidos e intentar levar o control do xogo. Despois, esto é un xogo e sabes que pode pasar calquera cousa. QPC: Que opinas dos outros tres equipos costeiros da categoría? Dos equipos costeiros, o Soneira vai ser un dos claros candidatos ó ascenso porque mantén o bloque da temporada pasada con grandes reforzos como Alex Figueiras ou Bruno. O Fisterra vén ca moral moi alta despois do título de copa, e si manteñen a seriedade que necesita a categoría estou seguro que non van a pasar problemas. O San Lorenzo, coma nós, se mantén a identidade do seu xogo tampouco vai a pasar apuros. Dispón tamén do bloque das últimas temporadas a pesar das baixas de Fuentefría e Rudi, e a pésima noticia da lesión de Juni, que desde aquí lle desexo unha pronta recuperación.  

Comentarios