Primeira Galega: Aarón Solis
14:12 14/11/16
Dous goles (non celebrados) dun fisterrán déronlle o triunfo ao Dumbría no derbi máis agardado, con entrada de final de Copa da Costa, e cun comportamento exquisito e que rozou o exemplar por parte das dúas afeccións; para Zas e Outes houbo paus (nalgún caso literais) a domicilio
O tipo de selfie que popularizou o Real Madrid no Camp Nou tamén levou selo do Dumbría en Fisterra
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Fisterra 0-2 Dumbría Campo: Ara Solis Fisterra: Norberto, Rubia (Abel m.77), Breixo, Robertín, Piti (Adri m.65), Tati (Angeliño m.75), Jesús, Roco, Cote (Tano m.80), Álex e Bruno Dumbría: Iván Bouzón, Raúl, David Carreira, Iago, Josiño, Aarón, Diego Cespón, Darío Capelo (Adrián m.88), Rubén Márquez (Cristian Canosa m.77), Rivi e Adrián (Charly m.88) Árbitro: Rosende Porto (Santiago). Expulsou a Roco (m.83). Amonestou a Álex, Tati, Jesús e Adri do Fisterra; Aarón, Diego Cespón, Rubén Márquez, David Carreira, Iago e Raúl do Dumbría Goles: 0-1 m.34 Aarón; 0-2 m.75 Aarón Xogadores de Fisterra e Dumbría posan cun cartel de apoio aos traballadores de Ferroatlántica - Foto: SD FIsterra Aarón: acusado de fraticidio involuntario Só xogou na SD Fisterra un partido de Copa contra o Baio no ano 2007, pero iso non quita que Aarón López Canosa leve o verde no sangue e que, por ende, os seus dous goles no derbi de Ara Solis para darlle a vitoria ao Dumbría fosen os menos celebrados da súa carreira. No derbi agardado durante unha década, no que desembocaba toda a rivalidade xurdida nese tempo, as dúas afeccións deron un exemplo de civismo que debe supoñer un punto recurrido de retorno cada vez que se deba advertir sobre comportamento en citas masivas. E tan masivas. A entrada no recinto da Vila do Cristo achegábase a unha final de Copa, cun milleiro de seareiros no campo, moitos procedentes de vilas cercanas. Tamén se deu a lección número tres deste tipo de compromisos: canto máis agardado sexa, máis acostuma a decepcionar, polo menos no que á calidade do xogo atingue. Porque de intensidade había para encher un almacén, pero de fútbol de exposición había menos que nun prato de comida de deseño. Na oda ao balón parado soen gañar os máis dotados de despliegue físico, e aí entraba o territorio Aarón. O centrocampista aproveitou a enésima bola parada, ao fío da media hora, para adiantar aos seus. Non o celebrou. Pola súa banda, a SD tentou pagar coa mesma moneda, pero o meta visitante Iván Bouzón non daba cambio. Atrapou todo o que pasou a menos de dous metros do seu arco. E máis do mesmo á volta de vestiarios, ata que case no mesmo minuto do tempo inicial, e esta vez nun córner, Aarón sentenciou. Medo a perder, falta de profundidade, exceso de precaucións… a enciclopedia do tópico de derbi queda curta para un resumo que deixa dous detalles máis para elevar a nota a tarde de sobresaínte en valores: a homeaxe unánime a Adrián por parte do público do Fisterra, así coma a fronte de resistencia social e solidariedade dos dous clubes cos traballadores de Ferroatlántica. Festa rachada dos Rapacollóns, que homeaxearon a Adrián Atlético Riveira 3-1 Sporting Zas O Zas non pudo no Barbanza Campo: A Fieiteira Atlético Riveira: Alexandre, Dani Carnota, Esteban, Cameán, Joseíño, Fran, Adán (Xulio m.73), Raúl, Mardiop, Marcos e Fran García (Loyd m.63) Sporting Zas: Anxo Pallas, Diego, Anxo Tarrío, Pablo (Tívoli m.14), Lagoa, Bruno (Alberto (m.71), Manu, Fabián (Toño m.46), Chapela, David Agra e Róber Árbitro: Fernández Lodeiro (Santiago). Expulsou a Anxo Pallas, do Sporting Zas (m.11) Amonestou a Alexandre do Atlético Riveira; Toño, Tívoli, Manu do Sporting Zas Goles: 1-0 m.22 Adán; 2-0 m.38 Madiop; 2-1 m.59 Toño; 3-1 m.92 Joseíño Contracorrente Once minutos durou a igualdade de condicións de Atlético Riveira e Sporting Zas, xustou o que tardou o colexiado santiagués Fernández Lodeiro en expulsar ao meta costeiro Anxo Pallas, por unha protestada falta fóra do área. Incluso nese tempo, Chapela perdoara o que tería sido o 0-1. Medraron desde entón os ribeirenses, que cun tiro desde a frontal do área de Adán e outro no área pequena de Madiop parecían sentenciar o encontro. Reaparecerían os sportinguistas nunha reanudación na que o bo tanto de Toño abriu de novo a desputa polos puntos. De feito, o mesmo protagonista tería a igualada a dez minutos do final. E para rematar o cabreo visitante co árbitro, xa co tempo cumprido, Joseíño veía como o colexiado validaba un tanto no que o asistente erguía a bandeira por fóra de xogo. Tordoia 3-1 Outes Campo: Gorgullos Tordoia: Juanjo, Calviño, Chino, Nico (Xuko m.60), Turbo (Adrián Pombo m.67), Maki (Richard m.87), Alemán, Denis, Titi, Óscar Andrade e Dubra Outes: Mateo, Borja, Maroñas, David, Dani Corniños, Chía, Martín (Sergi m.85), Mario, Kim (Sergio m.80), Yago Dosil e Jura Árbitro: Villamor Rial (Santiago). Expulsou a Pose (m.75) do Outes. Amonestou a Alemán e Titi do Tordoia Goles: 1-0 m.17 Andrade; 2-0 m.24 Maki; 2-1 m.26 Martín; 3-1 m.79 Chino Derrotados e renqueantes Non mereceu caer derrotado o Outes na visita a un Tordoia que por momentos foi excesivamente duro. Martín, cun corte na cabeza tras unha entrada do meta local, e Mario, mancado no xeonllo, non acabaron a tarde. Dous goles madrugadores de Andrade e Maki parecían tumbar aos outienses, pero Martín reaccionou pronto e deixou caldo de cultivo para que na reanudación os seus apretaran. E vaia se o fixeron, pero fallou a puntería. Unha mala saída de Mateo, en cambio, matou a tarde cando quedaban dez minutos.