Venres. 29.03.2024
El tiempo

Protagonismo dumbriés no comezo da temporada da Preferente

Protagonismo dumbriés no comezo da temporada da Preferente

Xa se fai longa a pretempada, verdade? As altas temperaturas dos últimos dias, as festas interminables, a familia lonxana que xusto se lle ocorre vir de visita cando estou adestrando subindo costas ou pateando dunas, non son os mellores alicientes para alimentar as ganas de fútbol. Pero, ahhh, chegan os puntiños en xogo. Agora si. Isto xa cambia. Os que dan o pistoletazo de saída son os nosos tres representantes na Preferente Norte, e sabedes que teremos os resultados en www.futboldacosta.com.

O Xallas exercerá como único visitante nesta xornada, e tocaralle pasar calor en Arzúa, terra de queixos e bos futbolístas. Os de Arzúa veñen con un proxecto continuista, outra vez con Montoto no banquiño, e con xogadores importantes na categoría como Dani Mendez, Enjamio, Iván ou Álvaro. Será o debut de Noé en competición oficial como adestrador, e a presencia do fisterrán sempre levanta expectación. Tamén hai interese por ver como se acoplan as magníficas fichaxes dos xalleiros no sintético de Arzúa.

Visitará Carballo o San Tirso, recén ascendido e con convenio co Deportivo da Coruña baixo o brazo. O encontro xogarase no desterro das Eiroas, campo que será a casa dos sofanistas durante un par de meses alomenos. Como os seus compañeiros de viaxe na Preferente, a SD Sofán estrena adestrador, Iván Cancela, e sete novidades no plantel para ver de repetir o exitoso ano precedente.

Volta especial para o Dumbría

O encontro da xornada será en Dumbría. Retornan os de Diego Lobelos á categoría pola porta grande, nada mais e nada menos que recibindo ó As Pontes, un dos máximos favoritos ó título. A pleyade de figuras do equipo azul non o terá facil a bo seguro ante a garra e calidade dos de Dumbría, sempre rival perigosísimo no Conco. Ós clasicos Makaay, Aarón, Iago ou Cespón estarán ben acompañados pola fornada nova dos Marcote, Charly, Canario ou Raúl. Unha mezcla interesante da que nos fala o adestrador fisterrán do Dumbría.

Diego Lobelos-Foto-Santi Diaz Diego Lobelos na súa anterior etapa no Dumbría-Foto-Santi Díaz

QPC: Xa queda pouco para o inicio. Fixose longa a pretempada?

Para nada, levámola moi ben, comezamos a competir en Copa Diputación moi pronto, e as semanas seguintes tivemos moitos amigables. Os adestramentos con Rubén Insua, o preparador físico do equipo, fixo moi ameno o traballo.

 

QPC: Con que expectativas afrontas a competición?

O que buscamos é a permanencia, debemos asentarnos na categoría e o primeiro paso é intentar non pasar apuros. A plantilla ten calidade para eso e confiamos en conseguilo. Marcámonos o obxetivo de competir contra todos os rivais.

 

QPC: Como está a ser a dinámica de traballo na túa volta a Dumbría?

Inmellorable, coñecía moi ben o grupo, e a adaptación que teñen ó traballo é moi alta. É un grupo moi competitivo e eso vese en cada adestramento, a intensidade é moi alta e eso facilita moito o noso traballo.

 

QPC: Notas moitos cambios con respecto á tua etapa anterior?

A categoría é moi diferente, o ritmo e a intensidade sube moito, pois o meu último paso por Dumbría foi nos xuvenís de Liga Galega. Pero máis da metade da plantilla xa tiven a posibilidade de entrenalos, algúns cinco anos, e conocen moi ben a forma de xogar que nos gusta.

Diego Lobelos na súa etapa anterior á fronte dos cadetes de Liga Galega

QPC: Tedes un plantel moi interesante, cunha mezcla de xuventude e veteranía que ten que explotar. Estas contento co grupo que montaches?

Moi contento, desde o primer adestramento temos a plantilla sen sufrir cambios. Os "veteranos" son a base do equipo, moitos anos xuntos  e unha gran relación entre todos, o vestiario leva tempo sendo unha familia. Os "rapaces" non se sinten extranos, pois sempre aportaron ó primeiro equipo no seu paso pola base, e adestrabamos xuntos moitas veces. Estes xogadores deron moitos éxitos o clube nas categorías inferiores e merecen a oportunidade para demostrar que son moi válidos para esta categoría

 

QPC: Que As Pontes te esperas no primeiro encontro?

Fun velo fai unhas semanas, pero non se parecerá moito ó que vin ante o Victoria en Copa Diputación. Teñen unha plantilla feita para ascender, manteñen o bloque de Terceira e reforzáronse moi ben. Jose Marcote, que estivo alí o ano pasado, fálame moito sobre eles e sabemos que son un equipo que lle gusta ter o balón e ser protagonistas, con moito perigo arriba e con xogadores contrastados.

 

QPC: Como queres facerlle dano a un equipo tan potente?

A nosa idea non vai a variar, tan só matizaremos certas cousas, como en cada partido. Nos queremos o balón, estamos cómodos con el, e a nosa idea é telo sempre que poidamos, e cando non o teñamos, ir a buscalo. As Pontes quere o mesmo, e sabemos que sin o balón sufren. Frear a Ruben Pardo, Pablo Ramos e Adrián Martínez será difícil, pero é o noso traballo. Esperamos que eles tamén teñan problemas en parar a xente como Makaay, Marcote, Rivi ou Cespón.

 

QPC: Sorte ó mister nunha categoría tan dura como bonita.

Lobelos e Leis a Doble L do Dumbria Óscar Leis e Diego Lobelos, volve ser a Doble L do Dumbría

Máis información

 

Máis novas

Máis movementos de verán

Fonte

Comentarios