QPC MOTOR no Rali da casa emais en Canarias coa conexión costeira

21:30 21/03/13

Este vindeiro 19, 20 e 21 de abril QPC Motor estará presente no Rali da casa, o XXIX Rali Noia 2013. Un rali que serve ademais como Memorial Dani Castro. Da man do equipo comandado por Manuel Casais, estaremos presentes, coma o ano pasado, na proba que artella a Escudería Berberecho.
Ademais, esta fin de semana estaremos pendentes da estrea da Conexión Costeira entre Víctor Senra e o coche de AR Vidal no Rali de Canarias. Estará con Enrique Velasco de copiloto e todo o equipo: Dalton, Edu Mosquera, Sergio Fernandez e demais familia costeira.