QPC Motor xa está de volta a pesar da crise
08:58 19/02/13
Antes de nada quería mandar un saúdo moi forte a Heri Atán de parte de todo equipo de QPC Motor e especialmente meu, pois como sabedes está recuperándose dun accidente. Pois nada Heri, a seguir recuperándote e que pronto poidamos volver a escribir sobre os teus éxitos.
Unha vez entrados xa en materia, creo que imos pasar un ano duro en canto a representación costeira, xa que a crise e a falta de apoio os nosos corredores esta facendo que escollan con moito coidado a cantidade de probas que van realizar este ano. E iso que nace unha nova escudería en Carnota como vemos abaixo. Pero tanto e así que só saíu un neste rali, Ricardo Vidal, o que non foi capaz de chegar o final do primeiro tramo.