mércores. 30.04.2025
El tiempo

Resucitarán os non vivos?

Resucitarán os non vivos?
  • Nunha fin de semana de ponte, e superado o primeiro cuarto da tempada, varias frontes presúmense moi atractivas.
O Sofán recibirá ao Corme no partido da xornada-Foto-Sd O Sofán recibirá ao Corme no partido da xornada-Foto-Sd

Preferente Autonómica: Dous históricos na mirilla

Xa se respiran airiños novos por Dumbría, onde o equipo de Canosa ven de acadar a primeira victoria da tempada. Sería un erro de bulto caer na autocomplacencia ou relaxación de cara ao compromiso inminente cun Viveiro con máis nome que realidade agora mesmo. Os da Mariña luguesa viven o seu curso máis discreto dos últimos anos, aínda que manteñen un bo potencial ofensivo. Pola súa banda, o Xallas, que en Ribeira tivo nos beizos os tres puntos, recibe ao Sporting Sada. Os da zona de As Mariñas, adestrados por cuarto ano seguido por Chollas, son un dos conxuntos máis compactos, fiables e de máis nivel defensivo da competición. Invita a tarde a pensar en pouquiños goles.

Primeira Autonómica: Duelo en OK Carral

Coma se do famoso western hollywoodiense se tratase, o Sofán e o Corme protagonizarán un cara a cara a peito descuberto, sen segredos entre ambos e cunha xa longa tradición de partidazos. Favoritos son os carballeses, que ademáis chegan cun punto máis de moral. Os azuis, ademáis, veñen tocados pola reciente recaída de Alejo en forma de lesión. No festo da xornada pintan bastos para o Malpica (catro semanas sen gañar) en Padrón, e algo menos duro para o liderísimo Soneira na casa co Carcacia, así coma para o Outes en Palmeira, ante un rival moi débil defensivamente.

Liga da Costa: Don Alfredo volta a casa

En medio dunha realidade compricada para o Unión Club Cee, o seu adestrador, Alfredo Cambeiro, retorna a casa para medirse a Unión Deportiva Carnota. O de Caldebarcos, fundamental á hora de analizar a supervivencia do clube nos últimos anos, necesita rachar cunha serie de dúas derrotas seguidas, con dous goles en contra. Terá como homólogo local a Amador Carballo. Deportivo e Celta nos antepasados, e dous dos xogadores máis espectaculares da Costa nos 80. No resto da xornada podería dicirse que os protagonistas Zas e Ponteceso non deberían sufrir demasiado ante Cabana e Volantes de Baño, aínda que os muradáns están a recuperar terreo a marchas axigantadas. O Baíñas en Cee debe ir sobre aviso para medirse ao Ameixenda, un equipo que rinde moitísimo máis fronte aos da cabeza.

Terceira Autonómica: Descanso trala derrota

O que parecía gran dominador da categoría, a Unión Deportiva Corcubión, non xogará esta semana, o que supón quince días de reflexión tras caer en Laxe. Os de Bergantiños, agora segundos, deben aproveitar a situación para meterse a só un punto da cabeza. Nos outros tres partidos, dous históricos en problemas, Muxía e Lira, miden o mal momento dos segundos.

Fútbol base: Compricacións herculinas

Orillamar e Victoria son os rivais en xuvenís e cadetes, respectivamente, para os conxuntos de base do Dumbría. No caso dos primeiros, haberán madrugón na Coruña, ante un rival que só gañou un dos sete primeiros encontros. Pola súa banda, ao Conco chegará un Victoria que empezou a un gran nivel e que de seguro poñeralle as cousas moi difíciles aos de Huelvis.

Preferente Norte, xornada 11


Primeira Autonómica, xornada 9

Segunda Autonómica, xornada 9

Terceira Autonómica, xornada 7


Xuvenil - Liga Galega, xornada 8

Orillamar01/11 - 12:00Dumbría

Cadete - División de Honra , xornada 8

Dumbría31/10 - 16:30Victoria

Xuvenil - Grupo Sur, xornada 9


Xuvenil - Grupo Norte, xornada 9


Primeira Cadete, xornada 8

Primeira Infantil, xornada 8


AlevínCosta Sur F8, xornada 5

BenxamínCosta Sur F8, xornada 5


Veteranos, 1ª División, xornada 7

Veteranos, 2ª División, xornada 7


Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios