Resultados da fin de semana no fútbol costeiro

Nova fin de semana completa do fútbol da Costa esta do 21 e 22 de xaneiro de 2012. E tras repasar a primeira volta da Liga de FS de Cee, imos cos resultados desta xornada.

Na Preferente, só o Soneira quedou contento cunha clara vitoria ante o Mugardos nun encontro de vital importacia que o saca ata a 15ª praza empatados precisamente cos ferroláns. Polo demais, cómpre destacar o empate do Dumbría ante o Dubra nun partido bronco. Porque parece que os equipos xalleiros son outros neste comezo de ano e tanto verdes como laranxas están sufrindo máis da conta. O Santa Comba non suma desde comezo de ano e xa cae dos 4 postos privilexiados tras perder nun choque clave ante o Narón (2º) que se decidiu no min.89 nunha xogada chea de rexeites á saída dun córner. Tampouco o Xallas sumaba na casa e perdía 0-1 co Val nun partido que merceu moito máis.

Na, o Ponteceso sumaba os puntos que se lle seguen escapando ao Cee. Os de Marco xa están xa no 11º posto con 24 puntos, lonxe de Villestro e Cee, con 13 e 11 puntos respectivamente. Porque moito teñen que cambiar as tornas no clube ceense para remontar, malia que os de Llanero sigan dándoo o todo domingo a domingo.

A xornada na Liga da Costa deixa a un Fisterra que parece que se descolga. Caía en Nantón e xa son 8 os puntos que Club do Mar e Camariñas (estes non fallan) lle sacan aos de Jesús. Por detrás segue o Corme, que sufría ata o minto 90 para sacar os 3 puntos do campo do pechacancelas. O Baio daba conta do seu estado de forma e batía cun 4-0 á SD Sofán, o Malpica vencía en Castriz e o Muros facía o propio ante o Zas para seguir nese grupo de arriba.
Por abaixo, a derrota do San Lorenzo en Verdillo ante o Dumbría B deixa aos de Chema EIrís ocupando esa 2ª praza de descenso trala importantísima vitoria do Nantón. Os cabaneses quedan agora empatados co Zas a 17 puntos, 1 máis que o San Lorenzo. Non se pode despistar o Mazaricos (18 puntos), que vancía tamén un encontro clave ante a Esteirana, e o Castriz (19), que leva unha malísima racha e non está seguro. O Corcubión, que onte apretaba as torcas aos caioneses, mantéñense na 12ª praza con 21 puntos, na fronteira.

Segue espectacular a unha semana máis. O Cabana non fallou e segue líder afianzado. Por detrás tampouco fallaron os Carnota, Outes e Coristanco ante equipos de abaixo. Pero o que si sufriu e quedou cun só punto foi o Montelouro ante o veciño Lira que o deu todo no Agra da Figueira. E ten que mirar cara abaixo o cadro loureán pois chegan o Volantes e o Cerqueda moi fortes, sen esquecer ao Porteño que non pasaba do empate ante o Fisterra B. Un filial fisterrán e un Laxe que quedan xa un pouco lonxe destes 6 postos de arriba.

As Ligas Xuvenís vanse decidindo a falta dunha xornada para o remate da liga regular. Polo norte, o Ponteceso queda fóra dos 4 postos que irán á Liguiña entre os 8 mellores da categoría, da que sairán 2 equipos para a Fase de Ascenso á Liga Galega. Os de Mato non podían co potente Dumbría B. Un Dumbría B que se pon a tiro do Malpica, pois estes non sentenciaron a Liga ante un mellorado Coristanco e todo quedará para última xornada na Pedra Queimada. Camariñas e Baio aseguraron o pase esta semana.
Por abaixo, o Santa Comba vencía 2-0 ao Outes, e os da Serra quedan practicamente fóra unha vez que o Soneira aseguraba o seu pase vencendo en Esteiro.

Preferente, xornada 20

Narón 1-0 Santa Comba
Xallas 0-1 O Val
Dumbría 1-1 Dubra
Soneira 3-0 Gal. Mugardos

1ª Autonómica, xornada 19

Atl. Riveira 2-1 Cee
Ponteceso 2-1Perlío

2ª Autonómica, xornada 19

Corcubión 0-1 Club do Mar
Buño 0-3Camariñas
Baio 4-0 Sofán
O Pindo 0-1 Corme
Nantón 2-1Fisterra
Mazaricos 2-1 Esteirana
San Lorenzo 0-1Dumbría B
Muros 2-1 Zas
Castriz 0-2Malpica

3ª Autonómica, xornada 23

Atl. Pereiriña 0-4 Cabana
Alcaián 2-2 Soneira B
Cerqueda 2-0Indep. Carballo
Volantes 2-1 Laxe
Coristanco 6-2 Xaviña
Montelouro 5-5 Lira
Corcoesto 3-5 Carnota
Porteño 1-1 Fisterra B
Outes 3-2 Camelle

Liga Nacional Xuvenil, xornada 18

Victoria 2-0Bergantiños

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 17

Esteirana 0-3 Soneira
Muros 0-3 Corcubión
Dumbría 0-1 Mazaricos
Fisterra 0-3 Cee
Santa Comba 2-0 Outes

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 21

Dumbría B 4-3 Ponteceso
Corme 1-5 Baio
Laxe 2-4 Cabana
Camariñas 9-0 Muxía
Coristanco 3-3 Malpica

División Honra Cadete, xornada 18

Bergantiños 2-3 Racing Ferrol

2ª Cadete, xornada 19

Soneira 1-4 Esteirana
Muros 8-1 Ponteceso
Santa Comba 2-1 Coristanco
Camariñas 7-2 Zas
Outes 3-1 Malpica
Cee 17-0Muxía
Baio 0-3 Dumbría
Cabana 2-1 Fisterra

2ª Infantil, xornada 19

Cee 1-0 Con. de Carnota
Santa Comba 4-1 E.M.F. Vimianzo
As Baleas 1-4 Corme
Outes 1-7 Cabana
Muxía 0-0 Fisterra
E.D. Os Miudos 1-2 Coristanco
Baio 1-8 Esteirana

Ligas de Veteranos, xornada 17

1ª División

Camariñas 4-1 Vimianzo
Baio 0-1Xv. Bergantiños
Bergantiños 1-0 Cabana
Corcubión 5-1 Nantón
San Lorenzo 1-0 Buño
Ponteceso 1-3 San Román
Zas 2-2Bértoa

2ª División

At. Milagrosa 2-0 Porteño
Corcoesto 1-0 Malpica
Corme 2-1 Leiloio
Coristanco 7-2Sofán
Club do Mar 4-2 Agualada
Cerqueda 0-1 Camelle
Soneira 3-0 Muros

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).