1ª Autonómica: Novo pao ao Cee

Non se atisbas bos tempos por Cee. A xornada 19 deixou un novo varapao para o clube ceense, cunha nova arbitraxe polémica. Xogaba o Cee ante o Villestro, o seu máximo rival 2 puntos por riba dos ceenses, e o facía en Ara Solis, cumprindo no exilio o segundo partido de sanción. Pero unha forte lesión do xogador Mario levantou a todo o banco ceense, ao que o colexiado respondeu suspendendo o choque por suposta invasión de campo ante a incredulidade local.
Mala sorte do Cee cos colexiados, e veremos a reacción do Comite.
Entrementres o Ponteceso sumou unha vitoria importantísima ante outro rival directo, o Cariño, ao que agora deixa a 3 puntos tra auparse á 12ª praza.
Cee - Villestro (0-1)

- CEE: Iván, Nico, Julio, Rafa, Jorge (Isma, min.46) Fermín, Piquero (Mario, min.53) Rubén, Fer, Diego (Llanero, min.53), Tasky.
- Gol: 0.1 min 17.
- Expulsión: o meta suplente do Cee Parroto dende o banco.
- Lesión: O ceense Mario rompeu un brazo, e segundo informan dende o clube xa foi operado e a operación saíu ben, malia que permanecerá varios días no hospital.

Mala primeira parte do Cee que apenas tivo ocasións de gol. As máis claras foron dous cabezazos de Julio. O Villestro tivo as ocasións máis claras por medio de Choco, antes do gol, que encaraba a Iván e lanzaba o balón por encima do traveseiro. Antes do descanso tamén tiveron un tiro á cruceta.
Na segunda parte o Cee saíu mellor e aproveitouse do cambio de Choco logo de chocar con Iván antes do descanso. Tres balóns sacaron na liña de gol o Villestro, un a Llanero logo dunha moi boa xogada persoal, un cabezazo de Rafa e unha de Julio logo dunha tripla oportunidade a tiros de Rafa, Rubén e o propio Julio.
Pero cando o Cee dominaba o partido chego a xogada crave. Mario escápase por banda cando un defensa na pugna polo balón empúxao e cae rompéndose o brazo, A xente que estaba á súa ao redor achégase a el ao escoitar os berros e verlle a man, o árbitro di que continúe o xogo pasando do xogador e non interesándose no máis mínimo por el. Os xogadores do Cee e Villestro dinlle que se achegue e el di que non é médico. Nese intre o banco ceense entra no campo para ver o estado de Mario, e o colexiado marcha correndo para os vestiarios e suspende o partido ao interpretar invasión de campo. Ata tivo que chegar a Garda Civil para que o colexiado lle deixase a ficha ao xogador para ir ao Hospital.
Á espera da decisión do Comité, o Cee centra a atención na recuperación de Mario, que tras se xa operado do brazo con normalidade, repousa no Hospital.

Cariño - Ponteceso (1-2)
- PONTECESO: Norberto, Fabián, David (Adrián Porteiro, min.80), Carlos Mato, Dani Pallas, Pablo Vázquez, Tucho, Josito, Luiste, Nando (Alberto Recarey, min.62), Toniño (Alex, min.85).
- Goles: 0-1, min.20: Luisete de penalti; 1-1, min.39; 2-1, min.65: Josito ao borde da área tras unha xogada por banda de Luisete.
- Lesión: David cun pinchazo.
Importantísima vitoria dos de Marco, nun partido cheo de alternativas, que comezou comandado polo cadro pontecesán. Sen embargo dous mans a mans que desbaratou Norberto ao pouco de comezar foron claves para que o Ponteceso collese o control durante media hora. Así matcou Luisete de penalto, pero os últimos 15 minutos foron dos locais conseguindo un xusto empate ao descanso.
Na segunda mellorou o Ponteceso e dominou o balón, Josito puña en vantaxe aos pontecesáns, pero aínda quedaba moito partido. De feito, o Ponteceso acabou sufrindo e iso que Alberto Recarey puido dar a tranquilidade pero marrou case baixo paos.
Cómpre sinalar que os dous equipos destacaron a exemplar arbitraxe.Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
- Aberta a convocatoria de axudas para os clubes e agrupacións deportivas.
- Alberto Pose analiza a primeira volta da 3ª Autonómica.
- O poder dos Miúdos.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
- Vídeo entrevista co muradán Seluco.
- A Bitacora da Semana: O blog da S.D. Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).