Nova xornada de Fútbol da Costa repleta de partidos e non exenta de polémica, como veremos na 1ª Autonómica. E comezamos o completo repaso ás Ligas pola Preferente, onde houbo un pouco de todo. O Dumbría daba a de cal, con 3 puntos importantes alonxando a zona de abaixo. Iguala a 27 puntos cun Xallas que mantivo un punto ante un forte Dubra, nun encontro de poder a poder. Os que non sumaron foron o Santa Comba, segunda derrota consecutiva pero aínda na 4ª praza; e o Soneira, que non puido superar a un forte Grixoa.
Na 1ª ademais da importantísima vitoria do Ponteceso e que lle permite ascender á 12ª praza, o protagonismo foi do colexiado do Cee-Vilestro celebrado en Ara Solis. O encontro foi suspendido con 0-1 no min.79 nun momento no que a lesión forte nun brazo do ceense Mario fixo saltar ao banco ceense. O colexiado, entendendo que se trataba dunha invasión de campo marchou correndo para os vestiarios e nin quería abrila porta cando chegaron os Gardas Civís. Malas novas para este Cee que ve, como cumprindo o exilio, un novo colexiado méteos en problemas.
A Liga da Costa segue igual. O Club do Mar e o Fisterra non fallaban o sábado, e hoxe o Camariñas fixo o propio ante un enorme Baio que puxo en verdadeiros problemas aos de Manolín. Agora 4º é o Corme tras vencer pola mínima e con moitas dificultades ao Corcubión. O Malpica tamén gañaba e se mete preto da 4ª praza.
Por abaixo, importante a vitoria do Zas na volta de Corredoira a San Andrés, e que o saca ata a 14ª praza. Os que non sumaron foron O Pindo, nin Nantón nin Mazaricos, que están con 14 e 15 puntos, xa por debaixo do San Lorenzo de Verdillo que vencía á Esteirana dando un paso de xigante o cadro de Chema Eirís.
Na 3ª Autonómica había choques importantes que se saldaron, sorpredentemente con goleadas. O líder, Cabana, afiánzase tras vencer ao Coristanco, e xa saca 4 puntos ao 2º, o Carnota, deixando a Outes e Coristanco a 5 puntos. Precisamente o outro choque da semana era o Carnota-Outes que acaba cun 3-0 para os de Cambeiro que os reafirman como unha auténtica candidatura firme ao ascendo. O Montelouro non se despista e vencía pola mínima no complicado campo de Laxe. Quedan a 6 puntos dos loureáns o Volantes, que vencía con serias complicacións ao Xaviña; o Porteño que non escatimaba no derbi ante o Camelle; e o Cerqueda, que non pasaba do empate ante o filial soneirán.
As Ligas Xuvenís tamén foron protagonistas esta fin de semana. Como anunciabamos onte, o Cee proclamouse campión da Liga Xuvenil Sur tras vencer ao Santa Comba. Ademais, o Fisterra tamén confirmaba a súa presencia na seguinte liguiña polo ascenso á Liga Galega. Agora, a falta de 2 partidos, a loita queda entre Soneira, Santa Comba e Outes, cun punto de diferencia entre ambos. A semana que vén o Santa Comba-Outes será clave.
Polo Norte, o Malpica está a 1 punto de cantar o alirón, pero o Dumbría B segue detrás a 5 puntos. Camariñas, Baio e Ponteceso xogaranse as dúas prazas restantes, téndoo máis difícil o cadro de Mato, que está 5º a 2 puntos do Baio e a 4 do Camariñas, ademais de terse que enfrontar a vindeira semana ao Dumbría B.
Preferente, xornada 19
Dumbría | 3-1 | Unión |
Soneira | 0-2 | Grixoa |
Xallas | 1-1 | Dubra |
Laracha | 2-1 | Santa Comba |
1ª Autonómica, xornada 18
Cee | 0-1* | en Ara Solis Villestro |
Cariño | 1-2 | Ponteceso |
* Suspendido no min.79.
2ª Autonómica, xornada 18
Fisterra | 2-0 | Mazaricos |
Club do Mar | 3-1 | Castriz |
Sofán | 9-0 | O Pindo |
Corme | 2-1 | Corcubión |
Malpica | 3-2 | Nantón |
Esteirana | 1-2 | San Lorenzo |
Zas | 2-1 | Buño |
Camariñas | 1-0 | Baio |
Dumbría B | 3-3 | Muros |
3ª Autonómica, xornada 22
Xaviña | 1-2 | Volantes |
Laxe | 1-2 | Montelouro |
Lira | 1-0 | Corcoesto |
Cabana | 4-1 | Coristanco |
Camelle | 1-4 | Porteño |
Soneira B | 0-0 | Cerqueda |
Muxía | 2-1 | Atl. Pereiriña |
Carnota | 3-0 | Outes |
Fisterra B | 4-4 | Alcaián |
Liga Naciona Xuvenil, xornada 17
Deportivo B | 2-1 | Bergantiños |
Liga Xuvenil Sur, xornada 16
Mazaricos | 3-5 | Fisterra |
Esteirana | 2-0 | Muros |
Corcubión | 3-0 | Dumbría |
Outes | 2-2 | Soneira |
Cee | 4-0 | Santa Comba |
Liga Xuvenil Norte, xornada 20
Zas | 5-1 | Corme |
Baio | 6-0 | Laxe |
Cabana | 2-2 | Camariñas |
Muxía | 0-6 | Dumbría B |
Ponteceso | 4-3 | Coristanco |
División Honra Cadete, xornada 17
Liga Cadete, xornada 18
Esteirana | 3-4 | Cabana |
Coristanco | 0-2 | Soneira |
Fisterra | 2-1 | Muros |
Dumbría | 0-0 | Santa Comba |
Camariñas | 3-4 | Malpica |
Muxía | 1-1 | Outes |
Ponteceso | 2-8 | Cee |
Porteño | 1-9 | Baio |
Liga Infantil, xornada 18
Coristanco | 10-0 | Baio |
E.M.F. Vimianzo | 1-3 | Muxía |
Fisterra | 6-0 | E.D. Os Miudos |
Cabana | 5-2 | Santa Comba |
Esteirana | 0-1 | Cee |
Con. de Carnota | 2-4 | Dumbría |
Ponteceso | 2-1 | Outes |
Ligas de Veteranos, xornada 16
1ª División
Castriz | 3-1 | Camariñas |
Vimianzo | 3-2 | Baio |
Xv. Bergantiños | 6-2 | Bergantiños |
Cabana | 1-5 | Corcubión |
Nantón | 1-4 | San Lorenzo |
Buño | 2-7 | Ponteceso |
San Román | 3-1 | Zas |
2ª División
Dep. Carballo | 3-2 | At. Milagrosa |
Porteño | 3-4 | Corcoesto |
Malpica | 2-0 | Corme |
Leiloio | 1-2 | Coristanco |
Sofán | 3-3 | Club do Mar |
Agualada | 0-5 | Cerqueda |
Camelle | 0-2 | Soneira |
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).