Xuvenil Norte: Dous clasificados e outros 3 por decidir

A piques de rematar estas tremendamente curtas Ligas Xuvenís. Un formato o destas ligas que non convence a ninguén e que fai prantexar a máis dun equipo se prefire quedar 4º e meterse na seguinte fase polo ascenso á Liga Galega, ou quedar 5º e ir á Copa. I é que privar aos mellores equipos da categoría de xogar a Copa da Costa é un castigo máis que un premio.
A isto hai que engadirlle dos 8 equipos que se clasifiquen para a vindeira rolda (unha liguiña con 14 xornadas), só os 2 mellores equipos irán á Fase de Ascenso á Liga Galega, na que terán que superar outras 3 eliminatorias para ascender.
Como é posible pois que a Liga Xuvenil non adquira xa un formato habitual con 20 equipos?
Xa co acontecido esta semana, destacamos que o Malpica e o Dumbría B xa teñen a clasificación asegurada, se ben o Malpica pode certificar o título vencendo a semana que vén en Coristanco ou se non gaña o Dumbría B ao Ponteceso. Ademais, na última xornada haberá un Malpica-Dumbría B que se cadra non ten interese, se cadra será un partidazo.
Por detrás, Camariñas, Baio e Ponteceso seguen buscando o pase entre os 4 primeiros (ou non?). O que peor o ten é cadro de Mato, que a vindeira semana ten partido contra o Dumbría B (sábado ás 11:30h no Conco) mentres que o Baio ten que ir a Corme. O Camariñas probablemente cerciorará o seu pase ante un Muxía que nin acabou o partido desta semana...
Baio - Laxe (6-0)

- BAIO: Poyo, Bereda, Pardo, Pablo (David, min.46), José Manuel, Lucas (Fachal, min.70), Iván, Rafa, Valetín (Eloy, min.46), Bieito (Guillermo, min.60), Martín (Maikel, min.65).
- LAXE: Anxo, Mosqueira (Dani 57'), Adrián Suárez, Charli, Eugenio, Djamel, Diego, Carril, Adri Lema, Manu, Adelantado.
- Goles: 1-0: Bieito, 2-0: Pardo, 3-0: Bieito; (descanso); 4-0: Martín, 5-0: Martín, 6-0: Rubio, 7-0: Cachopo, 8-0: Maikel.
Chegou xusto o Laxe pois varios dos seus puntais xogaban tamén co primeiro equipo. E pagouno, ante un Baio moi potente, que ademais xoga ben ao fútbol. Os de Nacho saíron a por todas e en media hora xa sentenciaran o choque. A segunda metade foi un trámite, pero con deportividade.

Ponteceso - Coristanco (4-3)
- PONTECESO: Xurxo, Fabián, Guille, Diego, Dani Cotelo, Dani Valle, Martín Puente, Alberto Recarey, Iago (Eloy, min.55), Lorenzo (Mendieta, min.75), Jorge (Diego, min.70).
- CORISTANCO: Nacho, Martínez, Varela, Corral, Naya, Damián, Dani, Magovi, Fede (Martín, min.46), Rubén, Gonzalo.
- Goles: 1-0, min.20: Jorge; 2-0, min.25: Jorge; 2-1, min.35: Magovi; 3-1, min.65: Martín Puente cun golazo; 3-2, min.75: Gonzalo; 3-3, min.90: Magovi; 4-3, min.93: Alberto Recarey pola escuadra de libre indirecto.
- Expulsión: o coristanqués Martínez (min.40) e ao segundo adestrador coristanqués Fernando tras protestar ao colexiadi unha vez que este lle espetou que "Soy Guarda Civil".
Mellorando moito o Coristanco de Lorenzo, que co seu fútbol directo puxo en verdadeiros apuros ao Ponteceso, merecendo mesmo o empate. E iso que ademais de contar ca baixa na defensa de Pichel, que xogou 45 minutos con 10 homes, que Fede fallou un penalti e que os Magovi e Gonzalo fallaron boas ocasións ademais dun balón ao longueiro de Damián. En fronte ademais estivo un fenomenal porteiro, un Xurxo que segundo o adestrador coristanqués Lorenzo é un dos mellores da categoría.
Así, tras ir gañando durante moitos minutos o cadro de Mato, o Coristanco remontou e empatou o partido no min.90 pero un golazo de falta de Alberto Recarey deixou os puntos no Pinguel. Os visitantes protestaron que o gol da vitoria chegou cun libre indirecto sinalado ao meta coristanqués algo dubidosa. Unha acción que tamén sinalou na primeira metade na área pontecesá.
Zas - Corme (5-1)
- ZAS: Miki (Tívoli, min.60), Adrián, Quintáns, Josito, Iago, Rony (Alberto, min.75), Ismael, Oscar (David, min.70), Víctor, Kevin (Gonchi, min.65), Pastor (Tomás, min.80).
- Goles: 1-0: Ismael; 2-0: Ismael; 3-0: Quintáns; 3-1: Eloy; 4-1: Pastor; 5-1: Pastor.
Aguantou o Corme medio partido, e o Zas só marchaba 1-0 ao descanso. No comezo da segunda o cadro dirixido por Corredoira ampliaba a renda e se colocaba 3-0, pero aí chegaba unha seria reacción do Corme. Recurtaba 3-1, e cando máis preto estaba o 3-2, Pastor sacaba unha contra e sentenciaba o partido. Non puideron os xogadores cormeláns adicarlle a vitoria ao míster Alejo, que sufría esta semana unha dura lesión no xeonllo, que parece que queda nunha escordadura, e estará mes e medio de baixa.
Cabana - Camariñas (2-2)
- CABANA: Sergio Aranzubía (Diego), Raúl, Álex García, Mato, Dani, Pablo, Aless (Alex), Moreno, Stefan, Cristian (Samu), Valiña (Santy).
- CAMARIÑAS: Álvaro; Juanchi (Bieito Mas,m.70), Manuel, Diango, Mariño; Martín, Gatusso, Santi, Saviola; Nené, Yuyo.
- Goles: 1-0, min.30: Valiña; 1-1, min.65: Yuyo; 1-2, min.80: Manuel; 2-2, min.92: Esteban cun fermoso gol pola escuadra.
Acudían os dous equipos con moitísimas baixas ao encontro disputado este sábado nas Redondas, con equipos pouco habituais, o que se notou bastante na primeira metade onde houbo pouco xogo. Aínda así, mellor o equipo local que incluso fixo lucirse a Álvaro e viría recompensada a sua superioridade poñéndose por diante no marcador e chegando con vantaxe ao tempo de descanso.
Na segunda metade foi dominador o Camariñas, cunha intensidade que non se vira nos primeiros 45 minutos. Así, Yuyo anotaría o empate tras un balón caído na área. Ese gol doulle alas os camariñáns que puideron remontar por medio de Yuyo en dúas ocasión e Nené noutro man a man. Pero sería o central Manuel, cun tiro lonxano, o que poñería por diante aos da vila do Encaixe por primeira vez na tarde. Cando todo parecía que acabaría así, unha xenialidade do dianteiro do Cabana Esteban, que poñería o balón en toda a escuadra, deixaría o encontro nun empate que deixa contento ao Cabana, por ser acadado no desconto, e tamén ao Camariñas, pois ten a tiro de pedra a clasificación para a seguinte liguilla.
Muxía - Dumbría B *
* Supendido no min.79 co 0-6 no marcador. A razón fo que o cadro muxián quedou con 6 xogadores no campo, pois se ben xa chegab curto de efectivos, os tiróns fixeron aparición e tiveron que saír do campo os Gerardo, Santi e Felipe, entre outros.
Máis información
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Líder afianzado.
- 2ª Autonómica: Firmes arriba e igualdade xeralizada.
- 1ª Autonómica: Novo pao ao Cee.
- Preferente: Só o Dumbría suma de 3 en 3.
- Resultados do fútbol da Costa neste ecuador de xaneiro.
Máis novas
- Aberta a convocatoria de axudas para os clubes e agrupacións deportivas.
- Alberto Pose analiza a primeira volta da 3ª Autonómica.
- O poder dos Miúdos.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
- Vídeo entrevista co muradán Seluco.
- A Bitacora da Semana: O blog da S.D. Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora Jorge Domínguez, De la Sierra, Roco, o Blog do Baio.