Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Preferente: Só o Dumbría suma de 3 en 3

Preferente: Só o Dumbría suma de 3 en 3

A xornada 19 da Preferente Norte deixou diferentes resultados para os nosos. Só o Dumbría quedou cos 3 puntos, cunha boa vitoria ante un Unión do que se distancia e que deixa preto do Soneira. O Soneira non puido continuar o bo comezo de ano e caeu ante un dos de arriba, facéndolle fraco favor, unha semana máis ao Santa Comba. Pois os de Gelucho xa levan dúas derrotas seguidas neste inicio de 2012, e trala derrota ante os de Miguel esta semana non podían co Laracha, e quedan agora a 4 puntos dos bergantiñáns. O Xallas, pola súa parte, sumou un puntiño positivo.

Soneira - Grixoa (0-2)

  • SONEIRA: Fran, Ferreiro, Míchel, Martín, Vecino, Santi (Mauro, min.88), Víctor García (Roi, min.88), Quique, Iago, Vía e Javi (Brais, min.67).
  • Goles: 0-1, min.78; 0-2, min.84.

Non puido o Soneira darlle continuidade na casa a importante vitoria conseguida a semana pasada en Santa Comba e acabou perdendo nos minutos finais fronte a un Grixoa moi serio durante os 90 minutos e que non concedeu moitas facilidades en defensa. Miguel tivo que alinear a Míchel como lateral esquerdo, pois o camariñán Pablo estivo probando antes de comezar e non puido saír polos problemas musculares que arrastra. Este imprevisto condicionou bastante aos soneiráns que perderon profundidade pola banda dereita e inseguridade pola banda esquerda. A primeira metade non tivo moitas ocasións de gol en ningunha das dúas áreas, os dous equipos controláronse mutuamente.

Na segunda os locais saíron un pouco máis decididos en sacar algo máis dun empate e estiraron un pouco máis as liñas, así aos dez minutos, un centro de Quique pola esquerda non encontrou a cabeza de Javi por moi pouco que se tirou en plancha. A falta de dez minutos un remate de cabeza nun córner supuxo o primeiro gol dos santiagueses e pouco despois chegou o segundo cun precioso remate dende a frontal que entrou por toda a escadra. Non tivo marxe para reacción o equipo local que suma unha nova derrota na casa e segue en posto de pouca tranquilidade para a salvación.

Dumbría - Unión (3-1)

  • DUMBRÍA: Juan, Tantán, Isma, Aarón Fdez, Iván, Aarón López, Adrián Mackaay (Jesús, min.80), Piri (Riki, min.57), Iago, Eloy (Toni, min.70), Luisito (Cacho, min.60).
  • Goles: 1-0, min.25: Piri; 2-0, min.30: Piri; 2-1, min.36: de penalti; 3-1, min.79: Adrián Mackaay.
  • Expulsión: Aarón Fdez., min.44 e un xogador no min.79.

Bo partido do cadro dumbriés que comezaba dominando e poñéndose cun claro 2-0 cos goles de Piri. Pero un penalti tonto e unha expulsión de Aarón matiña a incertidume no partido, cun 2-1 ao descanso que deixaba aberto o choque.

O Unión apretou durante os últimos 10 minutos da primeira e o comezo da segunda. Pero non se amilanou o cadro de José Canosa, e mantivo a orde e a seguridade atrás e rematou sentenciando a falta de 10 minutos por medio de Adrián nunha boa contra.

Xallas - Dubra (1-1)

  • XALLAS: David, Rubio, Iván Forján, Martín Barreiro, Dani Becerra, Ricardo (Ismael, min.75), Brais, Rubén Forján, Alexandre, Luís, Adrián Beiroa.
  • Goles: 0-1, min.25; 1-1, min.79: Adrián Beiroa nunha falta lateral que non chapou o porteiro visitante.

A primeira metade foi para o equipo visitante, que creou moito perigo a balón parado. Púñanse por diante o Dubra no ecuador da primeira, ante un Xallas que non collía o ritmo de partido.

Na segunda o Xallas gañou o medio campo e chegaba con algo máis de profundidade, pero o Dubra, moi forte seguía facendo dano a balón parado. Sen embargo foi o Xallas quen marcou a balón parado cun remate de Beiroa a unha falta lateral, asinando o xusto empate final en Fontenla.

Laracha - Santa Comba (2-1)

  • Santa Comba: Diego, Chinda, Gelo, Roberto, Gonzalo, Jota (Mon, min.70), Baña, Toni, Noli (David Blanco, min.70), Julián, Colón.
  • Goles: 1-0, min.5: de córner; 2-0, min.80: cun tiro frouxo que rebotou en Gonzalo e colouse por arriba tras unha perda de balón en tres cuartos do área; 2-1, min.89: David Blanco tras unha boa xogada de Julián pola banda.

Dúas derrotas seguidas do cadro de Gelucho neste comezo de ano. E iso que o equipo laranxa xogou mellor que ante o Soneira, pero non estivo acertado cara gol. Os xalleiros tiveron boas ocasións como unha de Julián que quedou debaixo do porteiro, outra clara Jota, ou outra de Pablo Baña que encarou algo escorado ao porteiro e tirou sobre o corpo do meta local. Non puido sacar nada positivo finalmente o equipo de Santa Comba a pesar do postreiro gol de David Blanco.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios