Resultados da volta do fútbol da Costa
Voltou o fútbol da Costa. E voltou con gañas. Os nosos 4 equipos da Preferente xa están en marcha, ao igual que os da 3ª da Costa, este ano máis cargada que nunca.
A mellor nova na Preferente protagonizouna o Xallas, que vencía no seu debut e fóra da casa. Soneira e Santa Comba, dous dos chamados a estar arriba, acadaron sendos empates. Mentres, o Dumbría non podía e caía pola mínima ante o Dubra. Resultados todos que demostran que a igualdade será unha das protagonistas da campaña.
Na 3ª, o primeiro líder é o sorprendente Volantes de Baño. O equipo muradán, recén estreado, non tivo piedade dun Muxía con serios problemas, e comeza a súa primeira campaña dende o máis alto. Por detrás tamén están os Outes, Porteño, Cerqueda, Alcaián, Montelouro e Coristanco, que sumaron os 3 primeiros puntos.
Unha das novidades desta primeira xornada é a unificación dos gastos en colexiados. Isto é, que por Fisterra non pagarán máis pola arbitraxe que en Verdillo, a pesar da distancia.
Preferente Norte, xornada 1
Gal. Mugardos | 2-2 | Soneira |
Santa Comba | 1-1 | Narón |
O Val | 0-1 | Xallas |
Dubra | 1-0 | Dumbría |
3ª Autonómica, Xornada 1
Volantes | 9-0 | Muxía |
Montelouro | 2-1 | Cabana |
Alcaián | 2-0 | Carnota |
Corcoesto | 3-3 | Xaviña |
Outes | 4-0 | Laxe |
Porteño | 4-0 | Lira |
Indep. Carballo | 2-2 | Fisterra B |
Coristanco | 1-0 | Atl. Pereiriña |
Cerqueda | 4-0 | Camelle |
Reunión en Baio
Máis información
Novas relacionadas
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).