Pero analizamos esta xornada do #futboldacosta dende arriba e con sabor a derbi. E pouco que contar da Preferente, con dous empates sen goles, en dous partidos importantes que quedaron en nada. O XSC aguantou a todo un líder, o Grixoa, pero o empate só lle vale para ver como escapan os de arriba, quedando xa a 8 puntos da 4ª praza. O Soneira e o Dumbría asinaban unhas táboas cantadas que os deixan con 3 puntos de diferencia na 9ª e 6ª praza. Así e todo, cómpre salientar que os tres van rematar nunha comodísima posición facendo unha gran campaña.
Na 1ª tamén había derbi que tamén se saldou con empate, para non variar. Un cómodo Malpica aguantou as embestidas dun necesitado Ponteceso para rubricar un empate bastante xusto. A xornada deparaba unha dura derrota do Fisterra na casa ante o Bertamiráns B e unha grandísima vitoria, a do Camariñas no campo do pechacancelas, ao que afunde definitivamente e saca ao Camariñas por diante de fisterráns e pontecesáns. Quedan os de Nacho na perigosa 15ª praza, a un só punto do descenso pero sen demasiado perigo dos arrastres.
A xornada na 2ª deixa ao Cee e ao Baio un pouco máis cerca do líder. A Esteirana non pasaba do empate en Xaviña ante o Buño e ceenses e baieses, que vencían pola mínima a San Lorenzo e Cabana, quedan a 4 puntos. Por abaixo, derrotas de case todos, menos do non esquecido Dumbría B, que sumaba a súa 3ª vitoria da tempada ante un Corcubión convulso nos despachos. Cabana e Mazaricos caían ante Baio e Castriz e seguen en posicións comprometidas, unha vez que os arrastres da 1ª si que poden provocar un ou dous postos máis de descenso. Pero non poden despistarse nin Outes, que víu como se lle escapaban os 3 puntos co Zas nos últimos instantes, nin Volantes, que asinaban unhas sosas táboas nun ateigado Miraflores no derbi da xornada na Liga da Costa.
En 3ª, os tres de arriba non fallaron. 6 puntos seguen separando ao IDC de Porteño e Camelle. Os carballeses solventaban onte unha complicada papeleta ante o Ameixenda, mentres que Porteño e Camelle vencían, con bastante dificultade, a Muxía e Castrelo. Na loita pola promoción, o Soneira B e o Cerqueda deron un paso adiante, superando ao Coristanco. A derrota do Ameixenda déixao a 3 dos malpicáns, e fai que o Laxe se poña a 1 só punto desa devezada 6ª praza, tras endosar un set ao Xaviña. O partido máis importante se cadra foi a vitoria dun Lira totalmente recuperado para a loita cas últimas fichaxes, ante o Baíñas. Unha derrota dolorosa para os de Pato que vén como perden unha ocasión de quedar a 2 puntos da promoción e eliminar un rival. Agora o Lira queda a 3 do Ameixenda e o Baíñas dous abaixo dos lirachos.
Rematou a segunda fase da Liga Xuvenil e mais a primeira da Copa. Cun remate totalmente insulso, pois todo estaba decidido. Cabana e XSC serán os que nos representen na Fase de Ascenso Xuvenil, e Muros (ten un punto de sanción e malia acabar por diante do Muxía queda fóra) e Soneira son os únicos equipos que non estarán no bombo dos Oitavos de Copa tras unha competición falta de competitividade. Estaremos atentos pois este luns 25 de marzo terá lugar o sorteo dos Oitavos da Copa da Costa Xuvenil. Coma sempre, reunión ás 20:00h en Baio.
E moi boa xornada para os Cadetes do Dumbría de Liga Galega. Os de Lobelos e Leis vencían ao Imperator con solvencia por 1-4 e aproveitaban para cazar na 3ª praza ao Ural que caía ante o Lugo.
E importante a xornada nos Veteranos, xa que o Soneira, a pesar do seu empate en Coristanco, mantén a distancoa de 5 puntos sobre o Castriz, que tamén empataba no outro partidazo da xornada ante o Cabana, que queda a 3 dos xalleiros. Mentres, en 2ª División, tamén a falta de 3 xornadas, Corcoesto e Laxe manteñen unha gran loita aberta pola 2ª praza de ascenso, unha vez que o Muros, malia empatar, manten unha vantaxe de 5 e 6 puntos sobre eles.
Preferente, xornada 30
Soneira
0-0
Dumbría
Xallas StComba
0-0
Grixoa
1ª Autonómica, xornada 28
Fisterra
2-5
Bertamiráns B
Malpica
2-2
Ponteceso
Cacheiras
1-5
Camariñas
2ª Autonómica, xornada 28
Sofán
4-0
Montelouro
Cabana
0-1
Baio
Cee
1-0
San Lorenzo
Corcubión
3-4
Dumbría B
Carnota
2-2
Corme
Buño
0-0
Esteirana
Castriz
2-0
Mazaricos
Outes
2-3
Zas
Volantes
1-1
Muros
3ª Autonómica, xornada 28
Laxe
6-1
Xaviña
Ameixenda
1-4
Indep. Carballo
Castrelo
1-3
Camelle
Baíñas
0-1
Lira
Porteño
3-0
Muxía
Coristanco
0-1
Cerqueda
Soneira B
4-0
Corcoesto
Descansa Alcaián.
Nantón-Fisterra B (2-0) por retirada do filial fisterrán.
O xoves 28 de marzo xógase o partido aprazado da x.22 entre Nantón e Laxe.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10
Malpica
3-1 (X.9)
Cabana
Fisterra
3-2
Xallas StComba
Cabana
4-1
Ponteceso
Dumbría
6-2
Malpica
Liga Previa da Copa da Costa, Gr.1, xornada 10
Laxe
1-4
Outes
Baio
3-0
Camariñas
Muxía
2-6
Muros
Liga Previa da Copa da Costa, Gr.2, xornada 10
Cee
4-2
Mazaricos
Coristanco
3-0
Soneira
Esteirana
3-3
Corme
Liga Galega Cadete, xornada 26
Imperator
1-4
Dumbría
Bergantiños
2-2
Xuventude Oroso
Liga Galega Infantil, Play Off polo Título, xornada 7
Areosa
3-1
Bergantiños
Liga Galega Infantil, Play Off polo Descenso Gr. B, xornada 7