Luns. 13.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: 3 derrotas preocupantes

1ª Autonómica: 3 derrotas preocupantes
Imaxe-do-Fisterra-ante-o-Riveira-Foto-Fran-Insua

Menos mal que os resultados acompañaron, porque de non ter sido así a xornada podería ser catalogada como catastrófica. 3 derrotas, e dúas ante rivais directos, dos equipos en problemas da Costa na categoría. Fisterra, Camariñas e Ponteceso seguen empeñados en sufrir, e así o corroboraron. Poderían ter subido postos e metido ao Lamela e ao Piloño por debaixo, pero non, queren ser os 3 os equipos ao borde do abismo.

Así, e cun ollo nos arrastres de Preferente, que parece que non haberá coa vitoria do Dubra, e todos pendentes do Laro, equipo que marca o descenso directo, pero tamén atentos ao que faga o Flavia, un equipo poderoso que aínda non dixo a última palabra. Ambos enfróntanse a vindeira xornada.

O que segue ao seu, é o Malpica, que onte sacaba un gran empate, que puido ser máis, da súa visita ao campo do 3º, o Noia.

Como dato da xornada, 0 goles en 4 partidos.

Lamela - Fisterra (2-0)

  • FISTERRA: Didier, Roberto (Munitos, min.75), Manuel Cartamil, Roco, Dani (Pana, min.65), Santi, Sergio, Marco Docabo (Mario, min.75), Cotte, Hugo (Juanjo, min.85), Aitor.
  • Goles: 1-0, min.25; 2-0, min.60.

Mal partido do Fisterra en Lamela, e parecía que os xogadores aínda estaban coa cabeza na pasarela. O choque mantívose igualado ata o 1-0 pero o gol descompuxo ao cadro fisterrán que sufríu ata o descanso. Na segunda metade, non espertou o cadro de Juan Jesús ata o segundo gol, e xa con dous en contra foise arriba. Hugo tivo a mellor ocasión pero mandou ao pao.

Leva varias xornadas a SD sen competir como ata antes do partido co Riveira, derrota que fixo dano. Así o demostra que os dous goles chegaron a balón parado, ante unha clara falta de intensidade defensiva dos verdes.

Ponteceso - Villestro (0-1)

  • PONTECESO: Norberto, Rubén, Alberto (Lorenzo, min.60), Dani, Javi Peón, Recarey, Josito (Urbieta, min.46), Toniño; Canai, Martín Puente (Brais, min.46), Bieito (Bolón, min.65).
  • Gol: 0-1, min.43.

Non foron superiores os 5º clasificados neste soso partido que parecía claro para o 0-0. Pero un fallo defensivo de Alberto propiciaba o 0-1 ao fío do descanso que fixo moito dano no 11 pontecesán. Foi un partido aburrido, co moito xogo inerte no medio campo, cunha segunda metade na que o Ponteceso o intentaba pero sen profundidade. Levababa sempre a iniciativa pero non tivo pegada e apenas se poden destacar ocasións claras de gol ante unha boa defensa visitante.

Camariñas - Piloño (0-1)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais, Rodri, Caamaño (Sergio, min.46), Manuel (Paco, min.65), Saviola, De la Sierra, Brais Triñares, Martín, Juan oBello, Alex.
  • Gol: 0-1, min.3.

Marcou o Piloño no no min.3 e prantou un autobús que o Camariñas non foi quen de superar. O Camariñas intentouno por todos os medios pero xa podía estar 2 días xogando que non marcaría. Na primeira metade estiveron algo nerviosos, con demasiadas presas e sen claridade, pero na segunda salvaron os visitantes ducias de ocasións. Alex, Brais ao pao, De la Sierra, Martín... Todos puideron abrir unha lata que permaneceu pechada todo o partido, facendo así que Berto aínda non coñeza o sabor da vitoria na casa, pois parece que a presión atenaza aos xogadores.

Noia - Malpica (0-0)

  • MALPICA: Suso, Adrián, Martín Uruguaio, David Castro, Juan Rabuñal (Mario Casal, min.55), Andrés (Alemán, min.73), Fernando, Cheo, Charro (David Blanco, min.75), Tato (Juny, min.65), Rancaño.
  • Expulsión: Mario Casal no min.90.
  • Lesión: Juan Rabuñal cun pinchazo no xeonllo.

Gran partido do Malpica ante un dos equipos máis potentes da categoría. Os de Baña non deron opcións e apenas chegaron á meta de Suso, que salvou unha boa estirada no primeiro minuto, non tivo traballo. Non é que polo bando malpicán tivesen moitas ocasións tampouco, pois foi un partido de respecto mutuo, coas defensas moito mellor que os ataques, sempre, iso si, co Malpica levando a iniativa.

A mellor ocasión para os malpicáns chegaría por parte de Cheo tras un pase de Rancaño, e mais tras unha falta de Tato que paraba un defensa cas mans ante as protestas visitantes pedindo penalti.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios