Domingo. 12.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O IDC escapa e o Soneira B mete un pé na Promoción

3ª Autonómica: O IDC escapa e o Soneira B mete un pé na Promoción

Xornada con sorpresas esta 27 da 3ª Autonómica. Como a derrota do Porteño en Corcoesto, que xogaba unha hora con 10, e que permite que o Independiente escape tras vencer, non sen sufrimento, ao Baíñas. Son 6 puntos os que sacan os carballeses xa a os da Ponte e ao Camelle, que descansaba.

Por detrás, o Soneira B pegou un salto cara a Promoción sacando petróleo da súa visita a un convulso Cerqueda. Queda agora o Cerqueda sen a vantaxe de toda a tempada, e terá que loitar con outros 5 ou 6 equipos por entrar entre os 6 primeiros. Sorte tivo que os resultados dos de esta liga non fosen os mellores, e só o Ameixenda sumaba os puntos do filial fisterrán e o Lira os do pechacancelas. Laxe, Baíñas e Muxía caían permitindo que ata Alcaián, Nantón e Corcoesto soñen con chegar ás últimas xornadas con opcións.

Corcoesto - Porteño (4-1)

O Corcoesto sorprendía ao Porteño-Foto- Liga da Costa
  • CORCOESTO: Anxo, Ángel, Edelmiro, Germán, Longo, Pablo, Luís, Xabi, Rodri (Héctor, min.65), Couto (Uru, min.46), Josiño.
  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Oscar, Maikol, Parga (Búa, min.55), Ismael, Iago, Mario Toja, Nené, Gabi, Cousillas (Sestayo, min.55).
  • Goles: 1-0, min.35: Josiño; 2-0, min.38: Josiño; 2-1, min.65: Mario; 3-1, min.80: Josiño; 4-1, min.89: Josiño.
  • Expulsión: o xogador local Pablo Vázquez á media hora.
  • Lesión: O local Couto.
Partidazo do Corcoesto ante un Porteño que viu como lle gañaban a partida. E curioso que unha expulsión sexa determinante para o equipo que a sufra, pero así foi onte en Corcoesto. Pablo deixaba ao seu equipo con 10 á media hora, cando aínda non se decantara o partido. Aí o Porteño relaxouse e o Corcoesto viuse obrigado a empregarse a fondo. Chegaron xusto trala expulsión dous goles que sorprendían aos de Gerpe, deixando unha segunda metade onde lle tocaría sufrir aos locais. O Porteño intentouno na segunda, pero se o Corcoesto sabia que tiña que aguantar alomenos 10 ou 15 minutos sen recibir gol, aguantou 20. Recurtou Mario Toja e aí tivo o 2-2 o Porteño pero Edelmiro salvou unha vaselina baixo paos. Souberon sufrir os locais, e dúas contras de Josiño, que asinaba nada menos que os 4 tantos, sentenciaban o partido, que alonxa ao Porteño do liderato.

Xaviña - Coristanco (6-5)

  • XAVIÑA: Pión, Rodrigo (Juan Antonio, min.70), Beto (Esteban, min.70), Ángel, Pekenao, Carlos, Pirucho, Gatusso (Moro, min.50), Martelo (Elvis, min.65), Bieito, Borja.
  • CORISTANCO: Fredi, Rubén (Alexis, min.55), Héctor, Jonathan, Navarro, IVán, Torreira, Adrián, Cancela (Sergio, min.70), Magovi, Gonzalo.
  • Goles: 1-0, min.3: Bieto; 2-0, min.10: Borja; 2-1, min.44: Gonzalo; 3-1, min.55: Borja; 4-1, min.60: Moro tras un rexeite; 5-1, min.65: Gatusso; 5-2, min.75: Torreira; 5-3, min.77: Magovi; 5-4, min.80: Gonzalo; 5-5, min.85: Magovi; 6-5, min.89: Borja.
Partido estrano no Hermanas Patiño, e debeu ser por mor do o horario, pois isto de saltar ao campo á hora de comer (ás 14:00h) non é habitual. E foi un choque complexo, de ida e volta, con moitos goles, e unha remontada máis que curiosa. Primeira metade dos camariñáns que se metían por diante con comodidade. Á volta do descanso se metían cun claro 5-1, pero chegou o baixón e o Coristanco foi recurtando. Ata 4 goles remontou o cadro de Rochi en 10 minutos, e cando o partido estaba dado a volta, empatado e co Coristanco apretando, unha contra de Borja, que firman un hat trick, permitía ao Xaviña romper cunha mala xeira de 7 derrotas consecutivas.

Lira - Castrelo (3-1)

  • LIRA: Andrés, Javi de Milucha (Xavi, min.80), Herminio, Fran de Muros, Santi (Pelexo, min.55), Suso Perico, Miguel do Carocho, Iago (Demetrio, min.50), José Ramón, Fran Perico, Oliver (Saul, min.75).
  • CASTRELO: Iván, Marcos, Felipe, Estebo, Mario, Kevin, Litos, Luís, Conezo, Manolo, Sergio Vilaseco.
  • Goles: 0-1, min.15: Sergio Vilaseco dende a frontal pola escuadra tras unha falta botada por Litos; 1-1, min.55: Fran Perico; 2-1, min.75: Miguel do Carocho; 3-1, min.85: Fran Perico de falta.
  • Expulsión: o visitante Luís (min.40).
Aguantou o Castrelo a primeira metade e mesmo se metía por diante cun golazo de Sergio Vilaseco, que volvía ao céspede tras un tempo de baixa. Pero a expulsión de Luís fixo dano a un Castrelo con poucos efectivos, que non aguantou. O Lira comezou a atacar, pero non daba atinado na primeira metade, con demasiadas presas. Na segunda si que saíu forte o Lira non deixaba saír do seu campo aos vimianceses e daban a volta ao marcador. O propio Sergio tivo o 2-2 nas súas botas pero Andrés estivo máis fino e solventou a única chegada do Castrelo na segunda.

Muxía - Nantón (2-3)

Muxia-Nanton-Foto- Victor Santos
  • MUXÍA: Santi Papi, Currás, Martín, Pataca, Ángel, Julián (Casais, min.60), Juan, Adrián Negro, Dimas, Iván Lagoa (Peski, min.46), Pardelo (Alcaina, min.70).
  • NANTÓN: Ernesto, David, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Amado, Luís, Martín, Iván. Tamén: Rubén, Bonano, Dani, Carlos Santos.
  • Goles: 0-1, min.8: Félix de cabeza; 1-1, min.19: Pardelo; 1-2, min.20: Luís; 2-2, min.40: Juan; 2-3, min.80: Félix.
  • Expulsión: o muxián Javi xa contra o final.
Partido igualado en canto ó xogo pero no que o Nantón creou máis ocasións e ante un Muxía que chegaba con moitas baixas, mesmo sen porteiro, e tivo que meterse Santi Papi baixo paos. Adiantábanse os visitantes no minuto 8 por medio de Félix que conecta un remate de cabeza inapelable á saída dun corner ante o que nada pode facer o porteiro muxián. O Muxía avisaba por dúas veces con balóns colgados ás costas da defensa que non eran capaces de concretar. Chegaba o empate á terceira, tras unha falta sacada dende o lateral que bota xusto entre o rematador (que non a toca) e o porteiro que se ve sorprendido. Pero non houbo tempo para degustar o empate e tralo saque de centro o Muxía recupera o balón en defensa e comete un erro ó querer sacalo xogado. Luís moi atento recupera a posesión e coloca o balón na base do poste ante a oposición dun central e do porteiro que pouco pode facer. O Muxía volve a facer a mesma xogada na que en anteriores ocasións puxo en apretos ó Nantón: balón colgado dende a esquerda ás costas da defensa cabanesa. Esta vez o dianteiro do muxía controla ben, supera a Erni na súa saída e pon o 2-2 no marcador. Na segunda parte o Muxía tentouno máis, aínda que con moi pouco acerto. Foi sen embargo Luís o que gozaba das mellores ocasións cun tiro que sae desviado e posteriormente outro remate que se estrela no poste. Cando todo parecía que ía acabar con empate, foi novamente Félix, en espectacular estado de forma sendo un central reconvertido a mediocentro, o que aproveita un balón que non atinan a despexar os centrais do Muxía para poñer o definitivo 2-3. Muxía-Nantón-Foto- Victor Santos

Alcaián - Laxe (2-0)

  • ALCAIÁN: Fernando, Martínez (Iván, min.90), Pombo, Lino (Dani, min.81), Marcos, David, Framil, Rubén, Facal (Corral, min.80), Daviciño (Pichel, min.75).
  • LAXE: Diego, Samuel, López, Pailos, Aarón (Saleta, min.60), Borja, Ventura, Mandi, Djamel (Naya, min.46), Roi (Zurich, min.46), Felipe.
  • Goles: 1-0, min.36: Marqués tras unha falta lateral; 2-0, min.65: Daviciño de falta ao pao corto coa axuda do porteiro.
  • Expulsión: o local Dani por dous cartóns cando tiña só unha (min.84)
Vitoria traballada do Alcaián a base de brega. Non soubo o Laxe adaptarse ao campo, non puido baixar o balón e permitiu que a fortaleza dos locais fose a protagonista. Moito balón dividido e nesa liga vencían sempre os locais. Ademais, estiveron máis acertados e en dúas xogadas a balón parado sentenciaron o partido. O Laxe tivo algunha chegada, como un par de Felipe, unha de Samuel ou unha de Saleta xa contra o final, pero non estiveron acertados cara gol e os locais celebraron unha xusta vitoria.

Indep. Carballo - Baíñas (1-0)

  • IDC: Noe, Jonathan (Efrén, min.70), Castro, Seo, Belar, Cholo, Carlos (Brais, min.80), Jorge Pichel (Scott, min.74), Mario, Velo (Ivi, min.60), Juni (Benítez, min.65).
  • BAÍÑAS: Damián, Simón (Chambón, min.8%), Sergio (Adrián, min,85), Samuel, Héctor, Cristian (Suso, min.65), Iván, Diego (Dani, min.55), Styven, Fernando, Tasky.
  • Gol: 1-0, min.30: Cholo.
A efectividade foi a que definiu o choque, e a clasificación, entre o 1º e o 8º. O Independiente sacou tres puntos que lle serven para ampliar a renda cos seus perseguidores, pero sufriu para conseguilos. En fronte estaba u Baíñas moi ben armado en defensa, que aguantou a primeira metade e apenas permitiu un par de ocasións. Pero aí estivo Cholo, impecable nesta segunda volta, que volvía marcar para os carballeses. Pero na segunda o Baíñas foise arriba e intentouno. Dani mandou lambeiro o longueuro, Fer tivo dúas claras que marcharon preto, mentres o IDC tiña que aguantar e intentar sacar unha contra, como que salvaba Damián nos últimos instantes. Ao final, a sorte estivo de cara do líder que sgeue sumando, mentres o Baíñas ve como se escapa a promoción.

Cerqueda - Soneira B (1-2)

  • CERQUEDA: Rubén, Bastón (Dani , min.42), Santi, Pablo, Martínez (Costa, min.75), Javi, Manu (Dani Seaia, min.42), You (Lorenzo, min.42), Ato, Iván Cances (Dieguito, min.42), Javi Pazos.
  • SONEIRA B: Martín, Chans, Chuchi, Alberto, Roi, Quilmes, Canosa, Felix, Chino, Fer (Pichón, min.60), Wii.
  • Goles: 1-0, min.7: Manu; 1-1, min.20: Wii; 1-2, min.41: Fer.
  • Lesión: o local You.
Clara crise de resultados en Cerqueda que só leva 2 vitorias na segunda volta E en costa abaixo. Xa perdeu o colchón, e aínda menos mal que perderon Laxe, Baíñas e Muxía. Chegaba o Soneira B moi tocado, con só 12, pero o Cerqueda non estivo á altura. E iso que comezou mandando, meteuse por diante, e mesmo puido ampliar a renda. Pero non sentenciaron e acabaron desaparecendo do campo. Pouco a pouco o Soneira B ía estirándose e aos 20 minutos Wii empataba e a 5 para o descanso Fer dáballe a volta ao marcador Fixo o Cerqueda 4 cambios nese mesmo minuto, e logo tivo que saír o porteiro suplente, Costa, de xogador, pola lesión de You. Na segunda, demasiadas presas nos locais, cun Soneira B contemporizando e templando o xogo, intentando que pasasen os minutos ante un Cerqueda que non chegaba con claridade.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios