Luns. 13.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: A Esteirana faise máis líder a pesar do empate

2ª Autonómica: A Esteirana faise máis líder a pesar do empate
O Buño sorprendeu ao Baio- Foto- Santi Diaz ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com

Non pasaba do empate o líder, Esteirana, ante o Corcubión. Pero serviulle para ampliar a renda co Baio, 2º clasificado, que perdía ante o Buño tras 18 xornadas sen coñecer a derrota. Queda agora o cadro baiés a 6 puntos do líder, xa empatado co Cee, que vencía ao pechacancelas e iguala cos baieses.

Por abaixo, o Dumbría B xa confirmou, matematicamente, o seu descenso, a pesar do bo partido ante o Cee. E co Montelouro cun pé na 3ª, todos queren escapar das prazas pegadas ao descenso directo porque os arrastres de 1ª poden levar a algún por diante. O Cabana queda na posición máis problemática tras caer en Muros, pero nin Mazaricos nin Volantes se poden despitar tralo seu empate. O Outes e o Buño sorprendían con sendas vitorias en Corme e Baio e pegan un pequeno salto, pero non poden descoidarse tampouco, ao igual que Carnota e Castriz, aínda non safos de todo dos arrastres.

Baio - Buño (2-3)

O Baio con Felix que se tivo que operar-Foto-Santi Diaz
  • BAIO: Anxo, Jose Antonio, Mario, Ramón, Pablo (Fredi, min.60), Norber, Martin, Eloy Vilas, Alberto, Martin MC, Christian (Rubio, min.60).
  • BUÑO: Toni, Ángel, Alfredo, David Secundino, Diego, David Dourado, Jorge, Mauri, Juan (Elías, min.60) (Emilio, min.62), Dani, Víctor.
  • Goles: 1-0, min.20: MC; 1-1, min.30: Diego; 1-2, min.35: Diego de falta directa; 1-3, min.43: Dani; 2-3, min.60: Alberto.
  • Lesión: o malpicán Elías ao saír ao campo.

Pegou a sorpresa o Buño no Platas Reinoso na chuviosa tarde do sábado. Unha vitoria que vale ouro para os visitantes pois xa estaban coa auga ao pescozo e non podían perder. E o Baio, coñecía o sabor da derrota 18 xornadas despois.

Antes do partido, os baieses mostraron unhas camisetas de apoio ao míster Félix García Raposo, que foi operado o pasado xoves e que foi unha das baixas dos baieses. No seu lugar, fixo as veces de primeiro entrenador o seu axudante Efrén Rodríguez, dianteiro e máximo goleador do C.D. Dorneda na 3ª División Galega.

O Baio comezou sendo superior aos de Luís e esa superioridade dou os seus froitos no gol de MC, que culminou unha boa xogada de Pablo. Pero de pronto, á media hora cambiou o devir do partido e os hoxe vermellos conseguiron facer 3 goles de Diego (2) e Dani que deixaban aos baieses moi tocados. O Baio non conseguía esas transicións rápidas que o caracterizan e os pilares do equipo non aparecían no xogo como se precisaba, pero ao pouco de comezar a segunda metade Alberto anotaría o 2-3 que lle daba ás aos de Baio e os metía de novo no partido. Nos segundos 45 minutos o dominio continuou sendo baiés pero o Buño avisaba tamén e iso no gustaba aos afeccionados que se acercaron hoxe ao Platas Reinoso. O Baio nadou cara a beira do río, pero a corrente oleira non lle permitía aterrar e acabou afogado.

Baio-Buno 2 - Foto- Santi Diaz

Dumbría B - Cee (1-2)

  • DUMBRÍA B: Fher, Fresa (Carlos, min.80), Denis, Jesús, Toja, Roberto, Pedrosa (Martín, min.80), Josiño, Rodri (Dudo, min.82), Rivas (Jose, min.60), Riki (Kevin, min.62).
  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Rafa, Fermín, Carlos Leis, Diego Cespón (Angeliño, min.70), Penedo, Yayá (Sergiño, min.55), Llanero, Víctor (Tebo, min.70).
  • Goles: 0-1, min.20: Llanero remata de cabeza unha falta botada por Diego Cespón; 1-1, min.50: Josiño a centro de Pedrosa; 1-2, min.60: Rafa tras un córner.

Sufriu máis da conta o Cee na cancha do pechacancelas. Un Dumbría que xa non ten posibilidades matemáticas de salvarse pero que loitou ata o final. Así e todo, foi un partido soso, sen ritmo e con pouca tensión.

Rodri comezaba avisando para os locais e Víctor para os visitantes, pero Parroto e Fher respondían ben. Tiña que chegar a balón parado o primeiro gol tras unha falta botada por Diego Cespón que cabecea Llanero.

Nada máis volver dos vestiarios o Dumbría empata e mete medo no corpo dos ceenses. Pero apenas 10 minutos despois Rafa facía o segundo, de novo nunha xogada a balón parado. Non foi o mellor o Cee, que puido sentenciar por medio de Víctor e Llanero solventados por Fher, pero sacou 3 puntos que o igualan co Baio.

Montelouro - San Lorenzo (1-1)

Pedro na meta do MOntelouro-Foto- Edu Olveira
  • MONTELOURO: Pedro, Pablo (Gabriel, min.54), Juan, César, Álvaro, Fernando, David (Adrián, min.88), Denís, Raúl, Isidro e Ismael.
  • SAN LORENZO: Sergio, David, Adrián, Anxo, Dubra, Robin (Casillero, min.46), Chucho (Adonis, min.79), Cachizo, Palermo (Eloy, min.70), Carlos, Bolón (Javi, min.46).
  • Goles: 0-1, min.7: Palermo aproveita un balón longo ás costas da defensa e bate a Pedro; 1-1, min.25: Isidro de vaselina.

Non foi quen o San Lorenzo de traeros 3 puntos de Agra da Filgueira. E iso que o cadro loureán está máis que tocado, sen porteiro (hoxe tocoulle a Pedro meterse baixo paos), sen Copa, e cun pé metido na 3ª Autonómica.

Así e todo os de Canelo deron o do de peito e prantaron cara aos de Gueli, a pesar de que estes se metían por diante moi cedo con gol de Palermo, que asinou así a súa estrea cos de Verdillo. Reaccionaban os locais e Isidro facía un fermoso tanto de vaselina.

Non se movería o marcador nin habería demasiadas ocasións de aí ao final.

O MOntelouro celebra un gol que vale de pouco ante o San Lorenzo-Foto- Edu Olveira

Esteirana - Corcubión (1-1)

  • ESTEIRANA: Beni, Suizo, Chispi, Dani Rama, Pablo Serrano, Pepiño, Uru (Picholeiro, min.55), Andel, Kike, Álex (Iago, min.80), Simón (Adelino, min.34).
  • CORCUBIÓN: Abelleira, Alán (Antón Lestón, min.90), Senra, Julito, Lema, David de Muxía, Sebas, Pablo Lestón, Edu (Balucho, min.75), Cristian, Mario (Javi, min.92).
  • Goles: 1-0, min.30: Kike, de penalti; 1-1, min.90: Mario.

Segue o Corcubión nunha gran liña de resultados, no meramente futbolístico. E sacou un puntazo do campo do líder, cun final agónico no que a fe foi clave para acadar o empate. I é que os locais se adiantaran á media hora de xogo e estiveron case 60 minutos por diante no marcador, aproveitando que Beni parou un penalti a Pablo Lestón.

Pero o Corcubión seguiuno intentando e cando todo parecía que acabaría coa lóxica vitoria do líder, apareceu Mario coa caña, aproveitando un mal despexe da defensa blaugrana, para quedar cun punto que deixa ao Corcubión ao borde dos 40.

Muros - Cabana (3-1)

  • MUROS: Fabio, Javi, Paqui, Teo, David (Veloso, min.85), Lisardo (Jesús, min.60), Gelo, Dani, Manu (Eloy, min.75), Saúl (Piki, min.80), Sexo.
  • CABANA: Añón, Marcos, Eloy (Edgar, min.80), Iván de Treos, Daniel (Fernando, min.65), Sandro, Fariña, Pepe (Ismael, min.60), Iván, Adao (Manolo, min.50), Berti.
  • Goles: 1-0, min.15: Lisardo; 2-0, min.30: Sexo; 3-0, min.75: Jesús; 3-1, min.93: Fernando de gol olímpico.
  • Expulsión: o local Fariña (min.60) con cartón vermello directo.

Dura derrota do Cabana ante un bo Muros. Os de Manu camello foron mellores e non sufriron para quedar cos puntos na case e ascender ata a 7ª praza. Lisardo e Sexo meteron un 2-0 antes do descanso que o Cabana non puido levantar. E menos cando Fariña deixaba aos seus con 10 e só co tempo cumplido, e de córner, os de Periscal meteron o gol da honra.

Mazaricos - Volantes (1-1)

Mazaricos_Volantes-Foto- Sara Ramos
  • MAZARICOS: Juan, Casáis (Chico, min.60), Rodri, Matías, Tubi, Ricardo, Estéfano, Esteban (Oreiro, min.46), Brais, Cristian, José Ángel (Molinos, min.70)
  • VOLANTES: Rubén Santos, Maikel Perrito, Mingos, Juan do Sivil, Josiño, Brais (Pardelo, min.75), Nimo, Adrián, Javi de Baño (Bolero, min.75), Ivi, Chenel.
  • Goles: 1-0, min.20: Cristian; 1-1, min.30: Chenel.

Empate entre amarelos e laranxas que de pouco vale a uns e a outros. Dous goles en apenas 10 minutos serviron para asinar o empate, nun choque dominado polos locais, pero unha vez máis, sen acerto arriba.
O Volantes, pola súa banda, tivo a mellor opción dende os 11 metros, pero os muradáns fallaron e o partido quedou en empate.

Mazaricos_Volantes-Foto- Sara Ramos

Zas - Castriz (1-1)

  • ZAS: Elías, Pereiro, Oliver, Braulio, Martín, Peque, Lagoa, Jaime (César, min.85), Ismael, Diego, Pastor (Mario, min.75).
  • CASTRIZ: Toño, Prego, Martín, Pepe (Anxo, min.75), Agra, Pose, Mata (Iván, min.85), Luis, Rubén (Muni, min.60), Roberto, Sebas.
  • Goles: 1-0, min.10: Lagoa de falta directa; 1-1, min.70: Agra de cabeza nun córner.

Pouca tensión en San Andrés para que zaenses e xalleiros asinasen unhas táboas sen demasiada loita. Comezaba pegando o Zas cun clásico chutazo de Lagoa de falta directa. E dominaba os primeiros 45 minutos o cadro de Mario. Pero na segunda o partido equilibrouse. Os rossoneros saíron máis entonados e foron polo empate, que acabaron conseguindo tamén a balón parado.

Sofán - Carnota (2-0)

Sofan-Carnota-Foto-SD Sofan
  • SOFÁN: Dani, Cantudo (Gustavo, min.62), Lista, Juanjo, Marcos (Diego, min.80), Iván Rojo (Jacobo, min.70), Iván Rey, Míchel, Suso Docampo, David Pensado (Santi, min.66), Abel.
  • CARNOTA: Luis de la Peña, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Pablo de Pichín, David de Brea (Urko, min.46), Boni (Martín Piñeiro, min.74), Rodri, Pablo Beiro (Miki, min.88), Pumuky, Iván Maceiras (Buonanotte, min.46), Jacobo.
  • Goles: 1-0, min.10: Abel; 2-0, min.15: Abel.

E apenas un cuarto de hora sentenciou o choque o Sofán. Intentou remar o cadro de Cambeiro pero os locais saben como pechar a súa portería no Carral. Foi o meta Dani o mellor dos locas na segunda metade solventando accións de perigo visitantes, sobre todo un par a Buonanotte.

Sofan-Carnota-Foto-SD Sofan

Corme - Outes (1-2)

  • CORME: Susiño, Jesús, Dani (Joshua, min.80), Pandi, Miguel Torrado (Abel, min.85), Brais, Adrián Doldán (Manu, min.86), Pandi, Adolfo, Lucas, Juan Chans, Alejo.
  • OUTES: Gato, Rafa, Damián, Chúa, Saúl, Potro, Martín, Poke (Michi, min.70), Mario (Ángel, min.46), Deivi, (Veleiro, min.80) Quin (Fabio, min.60), Pesco (Migui, min.30).
  • Goles: 1-0, min.15: Adolfo; 1-1, min.35: Poke; 1-2, min.91: Migui nunha contra.

Saía o Outes o que se xogaba no Cairo e sacou 3 puntazos vitais para saír da zona moi perigosa. E loitaron os da Serra ata o último instante e se puideron caer ante unha segunda metade dos cormeláns, que chegaron en varias ocasións con perigo, os visitantes souberon aguantar e sacar algún zarpazo como o que na última xogada do partido Migui facía en forma de cabalgada para asinar o definitivo 1-2.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios