luns. 11.11.2024
El tiempo

Resultados do fútbol da Costa

Resultados do fútbol da Costa
Cee-Montelouro no San Paio de Refoxos-Foto-Edu Olveira

Nova xornada completa de fútbol da Costa con 65 partidos en liza.

E comezamos o repaso pola Preferente, na que descansaba un Xallas de Santa Comba que ve como o Grixoa escapa. Os de Corredoira quedan 3º a 9 do líder, a 2 do Bertamiráns, e empatado con un Boiro que perdeu a opción de pasar aos xalleiros. O Dumbría chega agora á 5ª praza tras vencer o sábado ao Páramo, mentres que o Soneira non trouxo nada de Dubra queda 11º.

En hubo de todo. Onte o Fisterra, o que máis necesitaba os 3 puntos, remonto un 2-0 ao descanso arropado por un entregado Ara Solis e xa forma grupo cos seus veciños. Uns veciños, Camariñas e Ponteceso, que caían e se colocan en zona perigo. Os 3, con 13 puntos, están a só 2 dos postos de descenso directo. O Malpica sumaba un empate que lle vale para manter a 3ª praza.

A xornada na Liga da Costa foi intensa. A Esteirana sufría onte moitísimo nas Redondas, durante moitos minutos por detrás, para acabar goleando ao Cabana. Hoxe o Sofán fixo o propio ante todo un Corme que se metía 1-2 no Cairo, pero que acababa sucumbindo. Baio e Cee manteñen o pulso e quedan moi preto, mentres que as revelacións da tempada empataban en Lombáns e quedan tamén en postos nobles.
Por abaixo, o Muros saca a cabeza ata a 9ª praza, e importantísima vitoria do Corcubión, que escala varias posicións. Ademais, o Buño freou a reacción do Dumbría e pega tamén un estirón deixando a Outes e Mazaricos en situación comprometida, tras un 4-3 que permite aos da Serra pasar aos amarelos.

En , os 3 de arriba non perdoan. O Independiente superou a un Nantón algo débil, mentres que o Camelle vencía en Baíñas e o Porteño na casa ao Fisterra B. O Cerqueda batíu co Laxe e se mantén por detrás por diante dun Lira que está a amosar a súa mellor faciana nos últimos encontros, e que superaba a un Ameixenda que vai na liña contraria.

Ameixenda-Lira-Foto-Jorge Parri

En Xuvenís, o partido da semana xogábase nas Redondas, onde o Cabana superou ao Malpica mesmo sacando a este dos 3 postos de ascenso. I é que o Ponteceso segue ao seu ritmo e o Baio tampouco perdoa.
Polo sur, os 4 de arriba non fallaron e as cousas seguen igua, malia que o Dumbría sufriu para remachar ao Corcubión e mais o fixo o Xallas c o Soneira, que marcou o tanto da vitoria co tempo cumplido.

Nas Ligas Galegas, o Dumbría segue arriba en Cadetes tras empatar en Conxo, mentres que en infantís é o Bergantiños o que pecha o podio.

As Ligas de Veteranos tamén están quentes. en 1ª, o Castriz mantén o liderato tras gañar en Nantón, pero Soneira e Cabana non se despegan. O partido da semana era o Corcubión-Xuv. Bergantiños, que venceron os carballeses pola minima desprazando da 4ª praza aos de San Marcos.

Preferente, xornada 13

Dumbría 1-0 O Paramo
Dubra 2-0 Soneira
  • Descansa Xallas de Santa Comba.

1ª Autonómica, xornada 12

Fisterra 3-2 Flavia
Puebla 2-1 Ponteceso
Villestro 2-0 Camariñas
Malpica1-1Unión

2ª Autonómica, xornada 12

Cabana 2-5 Esteirana
Cee 3-0 Montelouro
Corcubión 2-1 San Lorenzo
Volantes 0-5 Baio
Castriz 1-3 Muros
Carnota 2-2 Zas
Sofán 3-2 Corme
Buño 7-2 Dumbría B
Outes 4-3 Mazaricos

3ª Autonómica, xornada 12

Ameixenda 0-3 Lira
Laxe 0-3 Cerqueda
Baíñas 1-3 Camelle
Nantón 0-2 Indep. Carballo
Porteño 3-0 Fisterra B
Coristanco 0-3 Corcoesto
Alcaián 3-1 Xaviña
Soneira B 3-1 Muxía
  • Descansa Castrelo.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 12

Fisterra 5-1Mazaricos
Dumbría 4-1 Corcubión
Muros 2-4 Cee
Xallas StComba 2-1 Soneira
Outes 1-2 Esteirana

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 12

Laxe 1-3Baio
Cabana 3-1Malpica
Corme 4-0 Zas
Camariñas 1-0 Muxía
Ponteceso 4-1 Coristanco

Liga Galega Cadete, xornada10

Bergantiños 0-4Residencia
Conxo 2-2 Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada11

Dumbría 0-1 Galicia Caranza
Viveiro 1-2 Bergantiños

1ª Cadete, xornada 4

Muros 1-2 Outes
Coristanco 0-3 Cee
Muxía 4-0 Zas
Baio 0-7 Fisterra
Xallas StComba 1-5 Esteirana
Cabana 5-4 Porteño
Ponteceso 4-0Con. de Carnota

1ª Infantil, xornada 9

E.M.F. Vimianzo 1-4Cabana
Cee 9-0 Ponteceso
Esteirana 7-1 Outes
Sofán 0-9 Fisterra
Xallas StComba 2-1 Coristanco
Baio 2-5 As Baleas
E.D. Os Miudos 8-0 Muxía
  • Descansa Corme.

Ligas de Veteranos, xornada 10

1ª División

Soneira 3-1 Ponteceso
Bergantiños 2-2 Bértoa
Coristanco 2-3 Cabana
Nantón 2-4 Castriz
San Lorenzo 1-1 Baio
Zas 7-3 Vimianzo
Camariñas 2-3 San Román
Corcubión Vet. 1-2 Xv. Bergantiños

2ª División

Muros 5-1 Buño
Agualada 1-1 Leiloio
Malpica 0-1 Corcoesto
Laxe 5-1 Dep. Carballo
Corme 1-7 At. Milagrosa
Poniente 1-3 Camelle
Sofán 3-3 Cerqueda
  • Descansa Porteño.

Máis información

Artigos deportivos

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios