Venres. 29.03.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Ata 8 equipos con posibilidades

2ª Autonómica: Ata 8 equipos con posibilidades
O Sofán mantivo o liderato en Agra da Filgueira-Foto- Jorge Parri Crónica da 2ª patrocinada pola Estación de Servizo Bazarra

7 puntos separan aos 8 primeiros clasificados na táboa na 2ª Autonómica. Sen un grandísimo nivel, a Liga da Costa está este ano moi igualada e así se pode ver na táboa. Esteirana e Sofán continúan comandando e sendo as grandes referencias neste comezo de tempada. Pero por detrás chega un vagón cargado de equipos.

Agora terceiro é o Zas, moi confiado, que superaba ao Outes con comodidade, e colle o relevo do Carnota como sorpresa da tempada. Un Carnota que sufría a velocidade dun recuperado Corme. O Cee, que non pasaba do empate en Verdillo, mantense a tiro de pedra. Completa a zona noble un Volantes que onte sufría unha dura derrota no derbi muradán de Miraflores, no que o Muros volveu ser o grande, a pesar do que indica a táboa.

Esteirana - Buño (4-2)

A Esteirana estivo firma ante o Buño-Foto- Manuel Caamaño
  • ESTEIRANA: Beni, Maceiras (Chispi, min.46), Dani Rama, Damián (Roi Choqueiro, min.70), Simón, Alex, Andel (Adelino, min.46), Kike, Pablo Serrano, Pepiño (Pichu, min.80), Rober Pladur (Dani Uruguaio, min.85).
  • BUÑO: Toni, Ángel, Diego, David, Rubén (Casais, min.55), Emilio, Jorge, Miguel (Gurita, min.65), Mauri (Juan, min.65), Elías e Víctor.
  • Goles: 1-0, min.15: Kike; 2-0, min.30: Róber Pladur; 3-0, min.55: Rober Pladur; 4-0, min.60: Kike de penalti; 4-1, min.70: Emilio tras un fallo defensivo do porteiro; 4-2, min.75: Elías de penalti.
O Buño en Esteiro.Foto- Manuel Caamaño

Non perde efectividade o líder, que demostrou de novo a súa arma letal, a verticalidade arriba, ante un Buño que non puido aguantar as embestidas blaugranas. Pronto se colocaban 2-0 os locais con tantos dos seus mellores homes, Kike e Rober Pladur, e malia non dominar demasiado si que mantiveron a defensa segura e Beni apenas tivo que intervir.

Á volta do descanso parecía que se metía no partido o Buño e o 2-1 parecía preto, un erro garrafal sentenciou o partido, e Rober Pladur e Kike sentenciaban. A pesar da brega dos de Buño o partido estaba 4-0. Tirou de orgullo así e todo e Emilio, tras un erro de Beni, e Elís de penalti maquillaron o marcador.

Corme - Carnota (3-0)

  • CORME: Javi, Adolfo, Martinciño, Jesús, Pandi, Manu, Brais (Chino, min.85), Adrián Doldán (Brais Torrado, min.76), Juan Chans (Fran, min.88), Lucas, Juanma.
  • CARNOTA: Luis de la Peña, Tono da Caixa, Loló (José, min.46), Manolo Chouza, Pedro, David Brea, Nakata (Andrés Fandiño, min.49) (Boni, min.62), Pablo Beiro (Urko, min.73), Jacobo (Bernardo, min.70), Rodrigo Lobelos, Joselu.
  • Goles: 1-0, min.20: Lucas; 2-0, min.44: Martinciño; 3-0, min.60: Juan Chans.
  • Expulsión: o local Pandi (min.75).

Volveu ver o Cairo o mellor Corme, que tirou de eficacia e de velocidade para baixar da nube a un Carnota que chegaba 3º na táboa. Os cormeláns, a pesar das baixas, fixeron un partido moi serio e comezaron dominando o partido. Lucas adiantaba aos locais e antes do descanso o tanto de Martinciño foi clave para que os carnotáns baixaran lixeiramente os brazos.

Na segunda metade, o gran estado de forma dos novos xogadores cormeláns fixo que a o marcador só se ampliase para o Corme.

Montelouro - Sofán (1-5)

Montelouro-Sofan-Foto- Edu Olveira
  • MONTEOURO: Isma, Pedro de García, Álvaro, César, Pablo, Nando, Chema (Adrián, min.60), Raúl, Geiko (Edu, min.70), Pepiño (Mingos, min.46), Denís.
  • SOFÁN: Bugy, Lista, Marcos, Juanjo, Gustavo, Míchel, Eloy, Iván Rey, Edu, David Pensado, Santi.
  • Goles: 1-0, min.25: Geiko; 1-1, min.30: Santi; 1-2, min.40: Edu, de penalti; 1-3, min.60: Marcos; 1-4, min.70: Edu, de penalti; 1-5, min.80: Abel.

Non era o mellor día para recuperar a boa senda de comezo de tempada, e o Montelouro, en clara racha negativa, veu pasar un ciclón pola Agra da Filgueira. O Montelouro comezou moi forte e Geico adiantou aos locais.

Pero Álvaro mancouse e o cadro loureán tivo que recompoñer a defensa. Quedaba 1 hora de xogo, demasiado para aguantar o empurre dos carballeses. Así e todo, os sofanistas tiveron que aproveitar as xogadas a balón parado e dous penalts e unha falta abriron o camiño da goleada.

Montelouro-Sofan-Foto- Edu Olveira

San Lorenzo - Cee (1-1)

  • SAN LORENZO: Sergio, Quillo, Adrián Varela, David, Anxo, Cachizo, Javi Pensado, Chucho (David Bolón, min.15), Eloy (Jorge Pichel, min.54), Fuentefria, Carlos.
  • CEE: Parroto, Nico, Jorge, Berto, Rafa, Mario (Carlos Leis, min.65), Fermín, Fer, Patera (Rubén Yaya, min.88), Angel, Penedo (Chiru, min.60).
  • Goles: 0-1, min.65: Angeliño de penalti; 1-1, min.85: Carlos.

Empate en Verdillo cun San Lorenzo que prantou cara ao Cee en todo momento. A primeira foi bastabte parte aburrida, sen apenas ocasións na primeira media hora. Tería o Cee tres claras en apenas en cinco minutos, cun centro de Nico que Angeliño remata desde o chan complicando a vida a Sergio que tivo que parar en dous tempos; e un pase ao oco de Mario a Penedo e este envía ao pau. Penedo de novo a deixada de Angeliño fai lucir a Sergio que manda o balón a córner.
As chegadas do San Lorenzo, como todo o partido, eran a balón parado, pero facendo bastante dano, como soe realizar o cadro de Gueli.

Na segunda parte en Cee saíu a polo partido e avisaban Fer e Angeliño aos poucos minutos, e respondía cunha falta o San Lorenzo, trala que Javi Pensado fai lucirse a Parroto que manda o balón a córner. Un falta sacada por Mario remátaa Patera cara o centro da portería e Rafa con todo ao seu favor para marcar envía o balón por encima do traveseiro. Un claro penalti por mans de Adrián Varela no minuto 65 transformábao Angeliño.

O San Lorenzo intentaba estirarse pero o Cee seguí levando o peso, e mesmo puido ampliar a renda de non ser por un gol anulado a Patera por fóra de xogo a 10 do final. E o San Lorenzo, xa volcado, ao saque dun córner cáelle o balón no segundo pau a Carlos que supera cun forte disparo a Parroto. O Cee intentou conseguir un novo gol pero xa non había tempo para nada máis.

Baio - Cabana (1-0)

Baio-Cabana-Foto- Santi Díaz
  • BAIO: Anxo, Mario, Chema (Eloy, min.55), Pablo, José Antonio (Ramón, min.65), Iago, Norberto, MC, Di María (Alberto, min.46), Fachal , Martín.
  • CABANA: Añón, Pazos, Mato, Marcos, Eloy, Sandro, Diego, Rubén Rama, Fernando, Adao (Iván Juvenil, min.70), Manolo do Cruceiro (José, min.60).
  • Gol: 1-0, min.55: Alberto.
  • Lesión: Edgar cunha escordadura de nocello

Non foi un partidazo no Platas Reinoso pero o Baio levou o peso do partido ante un agazapado Cabana que buscou sorprender á contra. Martín, MC e Norberto non estiveron finos e o cadro local non se puxo por diante ata a segunda metade. O mellor dos cabaneses foi o meta Añón.
Pola outra banda, nin Adán, nin Manolo do Cruceiro, nin Rubén Rama, foron quen de fusilar as redes defendidas por Anxo, que cumpliu unha vez máis coa súa tarefa.

Non houbo tanta tensión como se agarda cun Cabana afogado, e apenas se achegiu á meta rival. Ademais, o Cabana acabou xogando o porteiro xuveníl Sergio Aranzubía na punta do ataque pola lesión de Edgar, e aínda tivo unha media tixeira para acadar o empate.

Baio-Cabana- Foto- Santi Diaz

Dumbría B - Corcubión (2-0)

  • DUMBRÍA B: Sergio, Fernando (Roi, min.46), Jose Cabana, Carreira, Samuel, Toja, Pereira, Josiño (Javi, min.56), Jesús (Vicente, min.90), Riki (Charly, min.90), Cacho.
  • CORCUBIÓN: Cristian, Paulo, Senra, Sebas, Balucho, Lema, Pablito Lestón, Edu, Lourido (Conguito, min.80), Mario, Johny (Alán, min.50).
  • Goles: 1-0, min.60: Cacho; 2-0, min.70: Cacho.
  • Expulsións: os corcubioneses Pablo Lestón (min.50), Paulo (min.60) e Balucho (min.70).

Duro varapao ao Corcubión de Manolín nun partido condicionado pola arbitraxe. Os corcubioneses, que dominaron durante boa parte do primeiro tempo e mesmo enviaron un balón ao poste, viron como lle expulsaban a 3 homes en 20 minutos, quedando completamente a mercé do cadro dumbriés, que da man dun gran Cacho, conseguiu a súa segunda vitoria da tempada, apretando a zona baixa.

Muros - Volantes (4-0)

Gran expectacion en Miraflores no debir Muros-Volantes-Foto-Jorge Parri
  • MUROS: Fabio, Javi de Vístete, Paky (Pedro de Nieto, min.75), Teo, David, Dani Corniños, Adrián (Mayuyo, min.46), Gelo, Manu Dosil (Jesús, min.75), Saúl (Gabri, min.80), Sexo.
  • VOLANTES: Iago, David, Mingos, Juan do Sivil, Javi (Ramonsiño, min.76), Nimo, Adrián (José María, min.72), Varito, Seluco, Ivi (Pardelo, min.50), Jaro (Bolero, min.50).
  • Goles: 1-0, min.25: Sexo, de penalti; 2-0, min.55: Saúl; 3-0, min.70: Saúl; 4-0, min.80: Mayuyo.

Festa grande en Miraflores ante máis de medio millar de espectadores. Celestes e laranxas protagonizaron un derbi limpo, no que o Muros fixo de cadro grande a pesar do que indica a táboa. E necesitaba o Muros esta inxección de moral, e de puntos, tras 5 xornadas sen gañar.

O Volantes non fixo o seu habitual xogo e veu como o Muros comezaba mandando. Sexo marcaba un penalti sobre el mesmo no ecuador do primeiro tempo e o partido quedaba aberto para segunda.

Na segunda saíu o Volantes algo máis enchufado, pero Fabio fixo o paradón da tarde a un cabezazo de Nimo que puido significar un empate que o cambiaría todo. Pero a partir desa xogada desapareceu o Volantes e o Muros comezou a carburar. Saúl en dúas ocasións e Mayu, que voltaba ao equipo tras unha lesión importante, sentenciaron o partido para celebración da afección celeste.

Muros-Volantes-Foto- Jorge Parri

Zas - Outes (2-0)

  • ZAS: Elías, César (Amado, min.80), Víctor Vecino, Óliver, Pereiro, Peque, Lagoa (Pablo, min.60), Rubio, Jaime, Pichín, Pastor (Diego, min.51).
  • OUTES: Gato, Saúl, Martín, Borja (Ángel, min.46), Martín II, Damián (Elías, min.77), Mario, Poke, Quin (Fabio, min.60), Iago Dosil (Pesco, min.70), Deivi.
  • Goles: 1-0, min.20: Rubio, de penalti; 2-0, min.75: Jaime.

Impresionante este Zas de Mario, que cheo de confianza se coloca na 3ª praza. Onte superou ao Outes con bastante solvencia, levando o peso do partido e mantendo unha liña defensiva moi firme. Se ben non tiveron demasiadas ocasións, os locais souberon aproveitar as que tiveron.

Mazaricos - Castriz (0-1)

Mazaricos-Castriz-Foto- Sara Ramos
  • MAZARICOS: Pejo, Casáis, Matías, Martín, Rodri, Ricardo, Ramón (Oreiro, min.60), Marcos (Esteban Pereiro, min.60), Cristian, Brais, Molinos.
  • CASTRIZ: Adrián, Rubén, Prego, Alejandro, Pepe, Javi (Pitu, min.60), David Pose, Luis (Bruno, min.55), Martín (Anxo, min.70), Sebas, Roberto.
  • Gol: 0-1, min.70: Bruno de volea.
  • Expulsión: o mazaricán Oreiro (min.90).

Estrano partido no Pino do Val entre este irregular Castriz, capaz do mellor e do peor, e un Mazaricos que non acaban de asentarse. A primeira metade foi moi disputada sen apenas ocasións. O Mazaricos, que recuperaba aos xuvenís de ataque, non chegaba á meta de Adrián, e foi Bruno, cunha fermosa volea, o que asinou o tanto solitario do partido.

Volcouse o cadro local nos últimos 20 minutos, pero nin unha falta de Brais nin un remate de cabeza de Cristian serviron para empatar.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios