Luns. 07.10.2024
El tiempo

Resultados do inicio dunha auténtica Copa da Costa

Resultados do inicio dunha auténtica Copa da Costa
Carnota-Muros-Foto- Jorge Parri

Xa vimos que a Axenda Deportiva desta Semana Santa chega cargada. Hai de todo, pero mentres, imos facendo fincapé no #futboldacosta que xa nos deixa varios resultados. Iremos actualizando aquí mesmo e mais www.futboldacosta.com todos os partidos que se celebren na ponte, incluídos, por suposto, os da Copa da Costa no Cadro, que comezaba en estado puro.

Imaxe do Nanton-Laxe da xornada 23-Foto- Victor Santos

Preferente, xornada 31

  • Silva - XSC (1-2).
    Partido xogado na noite do mércores na Coruña e que rematou cunha gran vitoria dos de Corredoira cos tantos de Martín e Jesús.
  • Dumbría - Mugardos (0-0)
    Partido moi igualado e marcado polo tempo.
  • Sada- Soneira (2-2):

3ª Autonómica, x.23

  • Nantón - Laxe (1-1)

Copa da Costa, Previa

Podedes ver como queda o cadro, e estes foron os resultados:

  • Xaviña - Ponteceso (0-3): clara superioridade pontecesá cos tantos de Martín e Bolón por partida doble.
  • San Lorenzo - Sofán (1-2).
    Copa en estado puro. A SD pasa á heroica tras remontar o gol de Chucho, e coa SD con 9 tralas expulsións de Gus e Abel. Goles de Iván Rey e Jaco.
  • Carnota - Muros (2-1).
    Os goles de Casti e Nakata serviron para derrotar a un Muros que ademsi, esta semana sufría o pasamento de Eleuterio, Presidente Fundador do Muros SD.
  • Baíñas - Outes (2-1): O Baíñas métese na seguinte rolda tras vencer cos goles de Taski e Fernando.
  • Esteirana - Volantes (3-2).
  • Muxía - Ameixenda (6-0).

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios