Xornada completísima esta da ponte dos Defuntos con 65 partidos no #futboldacosta.
Comezamos o repaso da crónica pola Preferente, que acollía o sábado o gran derbi entre Dumbría e Soneira. Como se xa estivera escrito, xusto empate que deixa as cousas como estaban, ben, a estas alturas. Ó que non lle foi tan ben foi ao XSC que caía na casa do lider, un Grixoa que escapa ante a derrota do Boiro co Silva. Os de Corredoira quedan 4º, por detrás do Bertamiráns a 3 puntos do Boiro e 8 do líder.
Na 1ª, resultados para todos os gustos, pero todos sumaron. Onte, o Fisterra e Camariñas deixaban escapar 2 puntos ante Lamela e Piloño respectivamente. As boas novas chegaron hoxe, con sendas vitorias do Malpica e do Ponteceso que deixan aos malpicáns 3º con 4 de vantaxe precisamente sobre o Villestro, que caía ante os pontecesáns. Os de Nacho soben ata a 8ª praza, mentres que Camariñas mantense 10º e Fisterra non sae da zona de perigo e queda 16º con 10 puntos, a 1 do descenso.
Na Liga da Costa, que sofre un cambio de líder, aprétase moitísimo a cousa por arriba. I é que entre o novo líder, e o 8º, hai só 6 puntos. A Esteirana vencía onte con rotundidade en Corcubión e aproveita a xusta derrota do Sofán en Carnota para auparse ao primeiro posto. Por detrás mantense o Cee, xa a só 2 puntos do liderato, e só con un punto sobre este sorprendente Carnota de Cambeiro. O Baio, tras vencer pola mínima en Buño, queda con 19 puntos, os mesmos que o Zas, que vencía ante o, sempre irregular, Castriz; e o Volantes, que vencía sufrindo ao Mazaricos en Miraflores. Ademais, o Corme, que non pasaba do empate ante un aguerrido Outes, queda a 6. Por abaixo, ademais de comprobar a melloría, a pesar da derrota en Cee, do Dumbría B, o Cabana conseguía a segunda vitoria consecutiva onte ante un Muros que non se pode despistar. A vitoria do San Lorenzo o saca da zona de perigo, pero nin Buño, nun Mazaricos, nin Corcubión, nin Muros nin Outes podes descansar ante a mellría dos de abaixo.
A xornada na 3ª Autonómica, na que descansaba o Camelle, o Porteño aproveitou para estirar a táboa, vencendo, con incertidume ata o final, ao Corcoesto. Por detrás, a 4 puntos, mantén o ritmo o Independiente, que vencía cunha gran segunda metade en Baíñas. A fenda queda aberta xa co Camelle, a 4 dos carballeses, mentres que o Ameixenda queda a 6 tras empatar co filial fisterrán o sábado. Completan os postos da Liguilla de ascenso Soneira B e Cerqueda, que asinaban onte un empate en Vimianzo. O Nantón parece que comeza a carburar, e vencía ao Muxía e asoma a cabeza pola zona alta, igual que o Lira.
Nos Xuvenís, non fallaron os de arriba. Polo sur, Fisterra e XSC vencía con rotundidade a Esteirana e Corcubión. Pola súa parte Dumbría e Cee sufrían máis para vencer a Mazaricos e Outes, pero a fenda é tremenda entre estes 4 e o resto de equipos. Polo norte, 3 manitas de Malpica, Ponteceso e Cabana a Corme, Camariñas e Muxía. O partido máis intenso, o derbi zaense, quedou nas mans do baieses pero sen tanta superioridade como agardaban. Ademais, a sorpresa da xornada deixaba a vitoria do Laxe ante o Coristanco.