Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Resultados dos 65 partidos da ponte dos Defuntos

Resultados dos 65 partidos da ponte dos Defuntos
Imaxe do derbi sabatino entre Dumbría  e Soneira no Conco

Xornada completísima esta da ponte dos Defuntos con 65 partidos no #futboldacosta.

Comezamos o repaso da crónica pola Preferente, que acollía o sábado o gran derbi entre Dumbría e Soneira. Como se xa estivera escrito, xusto empate que deixa as cousas como estaban, ben, a estas alturas. Ó que non lle foi tan ben foi ao XSC que caía na casa do lider, un Grixoa que escapa ante a derrota do Boiro co Silva. Os de Corredoira quedan 4º, por detrás do Bertamiráns a 3 puntos do Boiro e 8 do líder.

Na , resultados para todos os gustos, pero todos sumaron. Onte, o Fisterra e Camariñas deixaban escapar 2 puntos ante Lamela e Piloño respectivamente. As boas novas chegaron hoxe, con sendas vitorias do Malpica e do Ponteceso que deixan aos malpicáns 3º con 4 de vantaxe precisamente sobre o Villestro, que caía ante os pontecesáns. Os de Nacho soben ata a 8ª praza, mentres que Camariñas mantense 10º e Fisterra non sae da zona de perigo e queda 16º con 10 puntos, a 1 do descenso.

Na Liga da Costa, que sofre un cambio de líder, aprétase moitísimo a cousa por arriba. I é que entre o novo líder, e o 8º, hai só 6 puntos. A Esteirana vencía onte con rotundidade en Corcubión e aproveita a xusta derrota do Sofán en Carnota para auparse ao primeiro posto. Por detrás mantense o Cee, xa a só 2 puntos do liderato, e só con un punto sobre este sorprendente Carnota de Cambeiro. O Baio, tras vencer pola mínima en Buño, queda con 19 puntos, os mesmos que o Zas, que vencía ante o, sempre irregular, Castriz; e o Volantes, que vencía sufrindo ao Mazaricos en Miraflores. Ademais, o Corme, que non pasaba do empate ante un aguerrido Outes, queda a 6.
Por abaixo, ademais de comprobar a melloría, a pesar da derrota en Cee, do Dumbría B, o Cabana conseguía a segunda vitoria consecutiva onte ante un Muros que non se pode despistar. A vitoria do San Lorenzo o saca da zona de perigo, pero nin Buño, nun Mazaricos, nin Corcubión, nin Muros nin Outes podes descansar ante a mellría dos de abaixo.

A xornada na 3ª Autonómica, na que descansaba o Camelle, o Porteño aproveitou para estirar a táboa, vencendo, con incertidume ata o final, ao Corcoesto. Por detrás, a 4 puntos, mantén o ritmo o Independiente, que vencía cunha gran segunda metade en Baíñas. A fenda queda aberta xa co Camelle, a 4 dos carballeses, mentres que o Ameixenda queda a 6 tras empatar co filial fisterrán o sábado. Completan os postos da Liguilla de ascenso Soneira B e Cerqueda, que asinaban onte un empate en Vimianzo. O Nantón parece que comeza a carburar, e vencía ao Muxía e asoma a cabeza pola zona alta, igual que o Lira.

Nos Xuvenís, non fallaron os de arriba. Polo sur, Fisterra e XSC vencía con rotundidade a Esteirana e Corcubión. Pola súa parte Dumbría e Cee sufrían máis para vencer a Mazaricos e Outes, pero a fenda é tremenda entre estes 4 e o resto de equipos.
Polo norte, 3 manitas de Malpica, Ponteceso e Cabana a Corme, Camariñas e Muxía. O partido máis intenso, o derbi zaense, quedou nas mans do baieses pero sen tanta superioridade como agardaban. Ademais, a sorpresa da xornada deixaba a vitoria do Laxe ante o Coristanco.

Preferente, xornada 11

Dumbría 1-1 Soneira
Grixoa 2-0 Xallas StComba

1ª Autonómica, xornada 10

Fisterra 2-2 Lamela
Malpica 2-0 Noia
Piloño 1-1 Camariñas
Villestro 1-3 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 10

Corcubión 0-4 Esteirana
Cabana 2-1 Muros
San Lorenzo 4-1 Montelouro
Cee 1-0 Dumbría B
Castriz 1-3 Zas
Carnota 3-0 Sofán
Volantes 1-0 Mazaricos
Buño 0-1 Baio
Outes 2-2 Corme

3ª Autonómica, xornada 10

Castrelo 1-3 Lira
Laxe 4-1 Alcaián
Ameixenda 2-2Fisterra B
Soneira B 1-1 Cerquedav
Baíñas 0-3 Indep. Carballo
Nantón 2-1 Muxía
Porteño 2-0 Corcoesto
Coristanco 1-1 Xaviña
  • Descansa Camelle.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 10

Muros 1-1 Soneira
Fisterra 7-1 Esteirana
Outes 2-3 Dumbría
Mazaricos 2-3 Cee
Xallas StComba 4-0 Corcubión

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 11

Ponteceso 5-0 Camariñas
Corme 0-5 Malpica
Laxe 3-1 Coristanco
Cabana 5-1 Muxía
Baio 1-0 Zas
  • Baio - Muxía (1-11-2012; 16:00h) Apraz. X.2.

Liga Galega Cadete, xornada 8

Bergantiños 1-2 Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 8

Bergantiños 5-1 Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 9

Xuventude Oroso 1-3 Bergantiños
Dumbría 3-1 Foz

1ª Cadete, xornada 2

Cee 2-7 Outes
Muros 5-1 Zas
Muxía 1-1 Porteño
Coristanco0-11 Esteirana
Cabana 5-1 Fisterra
Xallas StComba 0-0 Con. de Carnota
Ponteceso 0-3 Baio

1ª Infantil, xornada 7

Sofán 0-5Outes
Baio 5-0 Ponteceso
E.M.F. Vimianzo 1-5 Esteirana
Cee 0-0 Cabana
Os Miudos - Coristanco
Corme - As Baleas
Xallas StComba 4-1 Fisterra
  • Descansa Muxía.

Ligas de Veteranos, xornada 8

1ª División

Cabana 3-1 Nantón
Ponteceso 2-1 Coristanco
Castriz 3-1 Bértoa
Soneira 1-0 San Lorenzo
Bergantiños 5-0 Vimianzo
Baio 06/12 - 11:00 Camariñas
Corcubión Vet. 4-2 Zas
Xv. Bergantiños 3-2 San Román

2ª División

Cerqueda 3-1 Leiloio
Agualada 1-1 Corcoesto
Sofán 4-2 Porteño
Malpica 0-3 Camelle
Poniente 2-0 Buño
Laxe 4-1 At. Milagrosa
Muros 9-0 Corme
  • Descansa Dep. Carballo.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios