Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Os 3 de arriba estiran a táboa

3ª Autonómica: Os 3 de arriba estiran a táboa

8 vitorias en 8 partidos leva o Porteño que superaba esta fin de semana unha das probas máis duras do que leva de tempada. Os de Gerpe superaron ao Cerqueda nun choque igualadísmo, no que a fortaleza dos camariñáns foi clave. O Independiente segue por detrás tras vencer comodamente ao Castrelo, e pegado está o Camelle, que tamén superaba un choque enLira pola mínima e no último suspiro.

Ábrese aí unha pequena fenda con Ameixenda, Soneira B e Cerqueda, que perdían os seus encontros e quedan lixeiramente descolgados.

Así foi a xornada na que descansou o Laxe.

Fisterra B - Baíñas (1-1)

Fisterra B-Bainas- Foto- Jorge Parri
  • FISTERRA B: David Perlón, Insua, Cotarro, Juan, Juanjete (Sheg, min.58); Bebeto, Pana (Estrella, min.85), Hidalgo, Rubia (Bruno, min.80), Rivas, Naranjo (Iago, min.65).
  • BAÍÑAS: Damián, Simón, Sergio, Sancho, Héctor, Luís, Styven, Cristian (Iván, min.55), Taski (Adrián, min.80), Yanki, Esteban.
  • Gol: 1-0, min.30: Bebeto de cabeza; 1-1, min.70: Yanki.
  • Expulsados: os fisterráns Cotarro (min.85) e os visitantes Luís (min.55) e Simón (min.80).

Partido trabado con 3 expulsións e sen moitas ocasións. A primeira metade foi para os fisterráns, que se adiantaron cun tanto do xigante Bebeto de cabeza. Esteban estivo a piques de conseguir o empate antes do descanso pero a súa falta petou no longueiro.
A segunda metade foi trabada, con moito xogo no medio campo e sen apenas ocasións. O Baíñas estirouse un pouco e foi Yanki o que acadou o empate no ecuador. Así morrería o choque.

Fisterra B-Baiñas- O amarelo Sancho co capitán fisterrán Rivas - Foto- Jorge Parri 2

Indep. Carballo - Castrelo (3-1)

  • INDEPENDIENTE: Noe, Dani (Velo, min.46), Castro, Scott (Jonnie, min.60), Brais (Toni, min.46), Cholo, Carlos, Ivi, Palermo, Juni e Benítez (Efrén, min.46).
  • CASTRELO: Roberto, Kevin, César, Mario, Estebo, Sergio, Manolo Insua, David, Gustavo, Germán, Litos.
  • Goles: 1-0, min.15: Cholo; 1-1, min.20: Germán á contra; 2-1, min.22: Juni; 3-1, min.40: Brais.
  • Expulsión: o delegado do Castrelo.

Bo partido no que ambos conxuntos intentaron xogar. O Independiente demostrou por que está aí arriba e o Castrelo, sen presión sabendo das poucas posibilidades de vitoria, fixo un dos mellores partidos do ano. Comezou forte o Independiente que marcaba por medio de Cholo. Pero pronto empataba Germán. A alegría durou pouco no bando vimiancés, que mesmo na celebración regalaban un balón e Juni facía o 2-1. Non se chegara ao dencanso e Brais facía o terceiro para os carballeses.

Na segunda houbo ocasións para os dous bandos. Germán puido recurtar pero unha colexiado cun dubidoso fóra de xogo e outra Noé desbarataron as ocasións.

Lira - Camelle (0-1)

  • LIRA: Miguel Anxo, Pelexo, Hermi, Manolo (Fran, min.40), Isma; Germán (Abel, min. 80), Miguel, Cristian (Tono, min.40)(Saúl, min.60), Suso Patachín (Santi, min.40); Oliver e Suso Perico.
  • CAMELLE: Purrúa, Carlos de Dido, Matías, Manuel (Coruña, min.80), Baliña, Nené (Buri, min.75), Miguel Riveiro, Jose (Tedín, min.65), Sergio (Adrián, min.55), Javi Rañal (Álvaro Pantera, min.93), Barreiro.
  • Gol: 0-1, min.90: Barreiro picoulla ao porteiro tras unha boa parede na frontal con Javi Rañal. partido duro.
  • Lesións: os locais Manolo, Cristian e Suso Parachín.
  • Expulsións: o local e o visitante Coruña (min.89).

Partido moi duro, de moitisma tensión, con case 200 persoas nas bancadas, entre dous equipos de poder a poder que a estas alturas da campaña están desputando partidos moi serios. A primeira parte comezou cun lixeiro dominio dos locais ata que no min.10 despois dun remate de cabeza totalmente só de Suso Perico fóra na frontal da área pequena e unha pequena internada de Óliver que rematou cun disparo a rentes do pao visitante, fixo que os visitantes entrasen no partido, e Javi Rañal nunha contra e que petou nun compañeiro de equipo envelenándose e rematando na cepa pao esquerdo dos locais co porteiro totalmente vencido. Tamén Jose mandou ao pao para os visitantes e Nené, Barreiro e Sergio avisaron.
A partir de aí os dous equipos loitaron de poder a poder ata que 5 min fatais dos locais con 3 lesións remataron cun triple cambio perdendo a partida do medio a partir de aí. Destacar que a primeira parte rematou cunha falta a rentes da escadra por parte dos visitantes.

Na segunda parte o partido voltouse aínda máis intenso se cabe, con continuas protestas por ámbolos bandos. Sobre todo a partir do min.60 cando nun encontronazo Tono douse coas famosas vallas dos campos da Costa abrindo unha brecha no peroné (por favor que se quiten xa!!).

E nestas os dous equipos tiveron dúas grandes ocasions por bando. Polo Lira unha falta de Miguel despexada polo porteiro visitante cando xa daba no longueiro e un balón en profundidade que Óliver non soubo aproveitar cando chegaba fronte do porteiro visitante. E polo Camelle, un rebumbio na área que rematou cun disparo na área pequena que pegou no porteiro local e un balón a espalda da defensa que Javi Rañal desaproveitou en primeira instancia no man a man, pero que o rebote lle favoreceu e mandou ao pao outra vez.

E deste xeito co Camelle, sempre dando máis sensación de perigo e con 2 expulsions (unha por bando) nunha xogada estúpida, chegouse o 90, onde Abel puido facer o 1-0 cun remate de cabeza franco fronte a área pequena e na seguinta xogada nunha excelente parede na frontal do Lira rematou cun pase entre liñas finalizado perfectamente polo seu capitán Barreiro, poñendo o definitivo 0-1 no 93.

Muxía - Ameixenda (2-1)

  • MUXÍA: Angel Luís, Luís Romaní, Currás, Cabejo, Pesqui, Julián Pataca (Adrián, min.46), Alberto, Dimas (Ruso, min.75), Adrián Negro, Juan (Casais, min.70).
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Álvaro, Demetrio, Alex, Bichiño, Mito (Grille, min.65), Borja, Jorge, David (Mateo, min.46), Ramiro, Javichu.
  • Goles: 1-0, min.15: Alberto Romaní nunha internada; 2-0, min.50: Juan tras un rexeite; 2-1, min.65: Borja.

Viña o Ameixenda moi potente con 6 partidos sen perder, pero onte non estiveron finos, e acusou o céspede natural de Arliña. O Muxía, que tiña moitas baixas importantes (Santi Papi, David, Javi, Carrera, Martín) notou pola contra a alta de Ángel Luís na porta, que permitiíu que Luís Romaní, que con 41 anos, correse a banda como un lateral xuvenil.

Alberto adiantou aos locais, e Dimas e Adrián Negro e Pataca de falta, puideron sentenciar pero Óscar Riolo, outro nunha segunda xuventude, estivo acertado.
Nada máis comezou a segunda metade Juan acertaba o 2-0 e o Ameixenda reaccionaba lixeiramente pero tampouco tivo o seu día. Apretou cun par de faltas no treito final e logo de que Borja recurtase, pero non crearon demasiada sensación de acadar o empate.

Corcoesto - Nantón (0-1)

  • CORCOESTO: Anxo, Germán, Edelmiro, Longo, Miguel, Sergio, Pablo, Javi, Rodri (Aitor, min.55), Alberto (PIchuco, min.55), Héctor (Uru, min.65).
  • NANTÓN: Bonano, Dani, Eloy, Carlos Santos, Diego, Carlos Vidal, Martín, David, Luís, Dani Costa, Cachi, Borja (Cachi, min.69) Ernesto.
  • Gol: 0-1, min.89: Martín cun golazo de chilena despois de pegar no largueiro.
  • Lesión: Héctor nun nocello.

Gran ambiente no derbi cabanés con algo de pique, dentro do campo, e con bo tempo. Chegaba o Nantón con catro baixas importantísimas (Fabio, Félix, Rubén e Iván) pero desta volta tivo a fortuna nos últimos instantes que lle faltou noutroas ocasións, e a efectividade e o golazo impresionante de Martín xa co tempo cumplido permitiron a vitoria visitante.

A primeira parte foi moi reñida en canto a control do xogo con alternativas polos dous equipos. Os porteiros apenas tiveron traballo. A ocasión máis clara no primeiro tempo foi para o Nantón cun tiro dende a frontal de David que obligou ó porteiro do Corcoesto a facer unha boa estirada para sacar o balón in extremis.
A segunda parte foi moi similar, cos dous equipos intentando levar o control do xogo. O Corcoesto tivo unha boa ocasión pero Javi estrellou o balón no longueiro e o Nantón respostou con varios tiros dende a frontal que saíron fora por pouco por medio de Germán, que tamén fallou un par de boas internadas diante de Bonano. Pero falta mordente arriba no Corcoesto, que ademais viu como Héctor se lesionaba.
Borja estivo a piques de enganchar un centro de Luís dentro da área co porteiro batido. No 88 o porteiro do Corcoesto faille falta a Luís fora da área (amarilla). Na saída da falta Martín engancha unha chilena impresionante que se cola na portería do Corcoesto despois de pegar no longueiro. Gol para enmarcar ó máis puro estilo Hugo Sánchez.

Alcaián - Coristanco (0-4)

  • ALCAIÁN: Martín, Pombo, Rubén, Marcos (Lino, min.55), Martínez, Pichel (Iván, min.70), David, Dani, Fede (Jorge, min.60), Framil (Pistolas, min.46), Marqués (Facal, min.46).
  • CORISTANCO: Fredi, Iván, Luís, Marcos, Torreira, Morientes, Sergio (Magovi, min.70), Damián, Añón (Diego, min.65), Edgar (Gonzalo, min.75), Cancela (Omar, min.55).
  • Goles: 0-1, min.10: Cancela; 0-2, min.20: Edgar de falta directa; 0-3, mi.35: Añón de penalti; 0-4, min.65: Añón cun golazo de falta directa pola escuadra.

Está descentrado o Alcaián do ex coristanqués Lorenzo, que saía xa pouco metido no partido, e continúa coa súa malísima xeira de resultados. A pesar da rivalidade no campo, os locais xa deixaron que en media hora o Coristanco sentenciase o partido saíndolle todo. E iso que avisara antes do primeiro gol local o Alcaián, pero Fredi, que debutaba na meta visitante, desbarataba a ocasión.

Só co 0-3 o Alcaián se meteu no partido, pero era demasiado tarde, e ademais protestaron que o colexiado sinalou un penalti que non foi e non sinalou dous a favor do Alcaián que puideron ser.

Cerqueda - Porteño (0-1)

  • CERQUEDA: Rubén, Bastón (Juanjo, min.75), Javi, Ato, David, Manu (Javi Pazos, min.57), Santi, Dani, Lorenzo (Pablo, min.65), Dieguito, Dani Seaia.
  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Antón, Maikol, Óscar, Asier, Ismael, Yuyo (Brais, min.75), Mario Toja (Cousillas, min.85), Iago (Búa, min.60), Bieito (David Toja, min.46).
  • Goles: 0-1, min.15: Maikol de cabeza a un córner.

Pasou a proba de lume o Porteño que suma 8 vitorias en 8 encontros. E iso que fixo un gran partido o Cerqueda ante un Porteño moi serio e efectivo. Foi un choque igualadísimo, moi disputado, con máis entrega que fútbol, cos balóns aéreos como protagonistas, sendo claves as segundas xogadas.

O Porteño tocou ben durante os primeiros 15 minutos e acabou marcando a balón parado. Co gol cambio o conto e o Cerqueda comezou a subir liñas. Aí tiveron os Dani Seaia un par de boas ocasións, pero non acertou. Tamén marrou Lorenzo e Dieguito que perdoaron o empate, permitindo que o Porteño levase os 3 puntos sen ser superior, pero si moi serio e moi efectivo.

Xaviña - Soneira B (3-1)

  • XAVIÑA: Moro, Caamaño, Rodrigo, Pirucho (Bieito, min.86), Chiriví, Gatusso, Martelo, Elvis (David, min.46), Rubén, Borja (Gallego, min.87), Felipe (Pekenao, min.85).
  • SONEIRA B: Martín, Iván Chans, Curra, Chuchi (Borja, min.60), Alberto (Pichón, min.83), Jemisa, Richi, Quilmes (Felix, mim.84), Chino (Wii, min.77), Canosa, Pablo.
  • Goles: 0-1, min.25: Chino nun tiro mordido; 1-1, min.30: Borja de penalti; 2-1, min.40: Martelo a pase de Caamaño; 3-1, min.75: Pirucho.

Non foi o mellor do Soneira B de José Ángel, que se adiantou pero se deixaron ir ante un Xaviña que puido sentenciar na primeira metade de non ser pola boa actuación do meta Martín. I é que os camariñáns non aproveitaron os erros de falta de experiencia dos soneiráns,.

Na segunda, trala remontada dos locais, comezaron tocando os soneiráns moi ben pero sen profundidade. Pero chegou o 3º tanto, por medio do míster Pirucho e os vimianceses se viñeron abaixo e se deixaron levar.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora Miguel de Lira, Da Silva, Víctor Santos.

Comentarios