Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preferente: Unha vitoria, unha derrota e un empate con lesión

Preferente: Unha vitoria, unha derrota e un empate con lesión
Pablo Muino sufriu unha forte lesion-Foto- Jorge Parri

Xornada dispar para os nosos. Se o XSC colleitaba a súa segunda derrota da tempada no típico partido tonto e queda a 5 puntos dun Grixoa que avisou vencendo nada menos que en Boiro. A vitoria foi do Soneira, que xa ten 14 puntos mentres que o empate colleitouno o Dumbría. Un punto caro, pois sufriron a lesión, posiblemente grave dun dos seus puntais, como é Pablo Muíño.

E ollo que para a semana, toca derbi no Conco entre Dumbría e Soneira.

Dubra - Dumbría (0-0)

  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, Iván (Riki, min.60), David, Pablo Conde, Tantán, Aarón López, Brais, Luis (Piri, min.74), Jesús (Uete, min.85), Iago, Pablo Muiño (Leo, min.55).
  • Lesión: Pablo Muíño, no mesmo xeonllo no que xa rompera ligamentos.

Partido soso, bastante igualdade no campo, aínda que a primeira ocasión de perigo foi para o Dumbría, como consecuencia dunha falta botada por Luisito aos 15 minutos, un erro do porteiro ao chapar o balón fixo que un defensa do Dubra despexara coa man dentro da área sendo un claro penalti que o colexiado no víu.

O xogo non era demasiado combinativo, máis ben era un partido trabado e a primeira metade remataba cun potente lanzamento de falta do Dubra no que Juan fixo unha gran parada.

A segunda metade comezou coa grave lesión de Pablo Muiño aos 15 minutos de partido, como consecuencia dunha entrada que o colleu co pé apoiado e xirou o xeonllo dereita (pénsase nunha posible rotura de ligamentos nun xeonllo no que xa tivera esa lesión).

En canto ao xogo, o Dubra puido adiantarse no minuto 50 por medio de Moto, pero o seu disparo só ante Juan foise alto. Nos últimos compases do encontro o Dumbría foi a por todas e conseguía meterlle o medo no corpo ao Dubra por medio de Riki no 85 (detivo o porteiro) e de Leo que xa no 92 tivo a ocasión máis clara do encontro, controlando maxistralmente un pase de Riki dentro da área e sen deixala caer rematou demasiado alto.

Xallas Sante Comba - Carral (1-3)

  • XSC: Diego, Alfonso (Forján, min.55), Guillermo, Pablo (Noli), Oscarín, Orlando, Baña (Darío), Doro, Mon (Ismael), Beiroa, Javi Suárez.
  • Goles: 1-0, min.48: Doro; 1-1, min.53; 1-2, min.75; 1-3, min.85.

Mal partido no que non lle saíu nada ao equipo xalleiro. Foi o típico partido tonto e malia que o tivo de cara non soubo sentenciar. Xa dende o primeiro minuto os de Corredoira non saíron moi metidos no choque, algo confiados. Así e todo as mellores ocasións foron para eles con 3 ocasións incluído un tiro ao pao de Javi Suárez.

Na segunda comezaron marcando os locais por medio de Doro, pero o empate, 5 minutos despois fixo moi dano. Máis dano fixo un posible penalti por mans que o colexiado sacou fóra, e que acabou de desestabilizar aos verdes e laranxas. Aí marchoi do partido o XSC e o Carral soubo matalo á contra. Contra o final aínda tiveron un par de boas ocasións con 2 tiros ao pao, pero o non foi quen de remontar.

Soneira - Taboada (3-1)

Soneira-Taboada
  • SONEIRA: Cheli, Pichi (Javi, min.67), Fran de Urroa, Sito, Michael, Baba, Mayor, Darío, Toni de Muros (Michel, min.79), Oscar (Iván de Treos, min.82) e Adrian Mackay (Cristian Figueroa, min.75).
  • Goles: 1-0, min.45: Darío de cabeza; 2-0, min.46: Óscar de Maema; 2-1, min.52, de penalti; 3-1, min.71: Adrián Mackaay, de penalti.

Numerosas baixas no bando do Soneira que tirou das individualidades de Toni de Muros para levarse tres puntos importantes.
Non foi o Taboada un rival moi agresivo, e o Soneira sen facer un gran partido aproveitou as súas ocasións para sumar unha nova vitoria e seguir invicto na casa, onde suma tres vitorias e dous empates, importante amarrar os puntos da casa para non chegar a pasar apuros ao final da tempada.

Foron psicolóxicos os goles dos brancos, xusto antes do descanso, unha boa xogada individual de Mackay por banda esquerda que centrou para que Darío marcara de cabeza libre de marca no segundo pau e logo, nada máis saír do descanso, xogada por banda dereita de Toni de Muros que centra para que o seu compatriota muradán, Oscar, marcara. Un despiste defensivo dos locais propicio unha entrada polo medio da zaga dun xogador visitante que encarou a Cheli, este sacoulle o balón dos pés, pero o rexeite acabou nos pés dun rival, e desta o porteiro cometeu penalti. A pena máxima foi transformada, pero non fixo moito dano, pois os lugueses non se medraron moito.

A vinte minutos para o final, unha xogada individual de Toni, un dos mellores do partido, acabou cun derribo do habilidoso zurdo dentro da área, Adrian Mackay marcaba o gol da tranquilidade. En tempo de desconto Iván de Treos rematou un centro por banda dereita, pero o balón foise ao longueiro. Xa non habería máis goles e os tres puntos permítenlle aos soneiráns escalar ata oitava praza con 14 puntos.

Adrián Mackaay no Soneira-Taboada

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios