Resultados e análise da xornada futboleira nas Letras Galegas
Fermosa foi a fin de semana das #LetrasGalegas, con fútbol por todos os costados. #CopadaCosta, fases de ascenso ligas de Pref. e 3ª… Moita emoción.
Retomamos a Copa
Completa xornada copeira desta fin de semana. Arrincaba co empate entre Baio e XSC nunha das eliminatorias estrella, que queda pendente da volta. E da xornada dominical, 3 equipos meteron un pé nos Cuartos e os outros 4 enfrontamento foron moi parellas. Sofán, que vai con todo pola Copa; o Zas, pendente de comezar a vindeira semana a Fase de Ascenso pero tamén con moita ilusión copeira; e Castriz, con gañas de salvar unha temporada irregular, fixeron bo o sei papel de favoritos ante Buño, Castrelo e Cee, respectivamente, se ben co Cee, rei de Copas, non se pode falar de favoritismo e o 4-1 non ten por que ser definitivo.
Polo demais, o Fisterra sacou un bo 2-3 da visita ao Ameixenda, canso do clave partido do sábado. Outro dos partidos máis espetaculares é o San Lorenzo-Corme, que se decidirá no Cairo tralo empate a 1 en Verdillo. O Ponteceso venceu pero cun apurado 3-2 a un Seaia que quere darlle unha alegría á súa afección tralo descenso. E finalmente, Carnota e Camariñas empataron nun fermoso 3-3 en Lombáns.
Doro estréase en Liga con vitoria
Primeiro partido de Doro no banco nesta uxente penúltima xornada na Preferente - Senra Sport. E non fallaron os seus compañeiros e lle brindaron cunha vitoria ante o pechacancelas, o descendido Dorneda. Unha vitoia que lle permitirá ao cadro bicolor ir a Riveira dependendo de si mesmo.
Mentres, o Dumbría xa pensando nas vacacións, caeu no Castro.
O Ameixenda, máis preto do ascenso
Tremendo o choque das Rocheiras. Era unha finalísima polo ascenso directo entre Coristanco e Ameixenda, e as afeccións responderon con máis de 400 persoas no campo. Foi un partido de gran tensión, cun empate final que deixa ao Ameixenda dependendo de si mesmo. Se vence na última xornada ao Lira será equipo da Liga da Costa, pero se non o fai e vence o Coristanco ao Castrelo, será o cadro verde o que ascenda de xeito directo.
O que non o faga de xeito directo pasaría a xogar a Promoción, onde tamén hai unha fermosa loita. Descansaba o Nanón e non fallaron nin Corcubión, nin Muxía nin Lira. Deste xeito, Corcubión e Muxía aseguran a súa praza na Fase de ascenso, e o Lira supera ao cadro cabanés, quedando con 2 puntos de vantaxe para a última xornada. En todo caso, na última xornada o Lira ten choque ante un Ameixenda necesitado de gañar, mentres o Nantón se enfronta a un campión e xa relaxado Cerqueda, polo que todo pode pasar.
Fases de Ascenso ás Ligas Galegas
Arrincaban os tres campións das ligas comarcais a fase das Fases de Ascenso ás Ligas Galegas. E coa mesma mala sorte. No doble enfrontamento de venres e domingo, Dumbría xuvenil, Corme xadete e XSC nfantil caeron na primeira rolda ante Cerceda, Rayo Sadense e Montañeros. Se ben Corme e XSC caern con rotundidade, máis dura foi a caída do Dumbría, que non pasaba do empate a 2 tralo 2-1 da ida en Cerceda. Foi un choque ademais marcado polo retraso provocado pola falta do colexiado, e os centos de afeccionados tiveron que esperar máis dunha hora á chegada dun colexiado a case 30º. Agora caen na repesca cos segundos clasificados, Os Miudos en xuvenís e Cabana en cadetes.
Continúan no Norte co F8
Deu o Cabana un paso importante para levar a F8 Alevín Costa Norte. Os cabaneses vencían en Corme e sacan agora 5 puntos ao cadro cormelán, 2º.
Mentres, en F8 Benxamín Costa Norte, Muxía e Cabana descartan ao Corme como rival, e se xogarán o título nas 3 ´últimas xornadas co Muxía con 3 puntos dde vantaxe.
Os do Sur esperan a Fase Comarcal da semana que vén.
Copa da Costa de Veteranos
Un paso máis deu a Copa dos Veteranos, e só o Zas parece que deu un paso definitivo cara os Cuartos. O foco estará na gran eliminatoria, un Soneira-San Román que rematou cun empate sen goles deixando todo para a volta.
Copa da Costa, ida dos Oitavos
Preferente - Senra Sport, xornada 37
Castro | 4-0 | Dumbría |
Xallas StComba | 2-1 | Dorneda |
3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 35
Coristanco | 1-1 | Ameixenda |
Muxía | 4-2 | Castrelo |
Corcubión | 6-2 | Laxe |
Lira | 5-4 | Cerqueda |
- Descansa Nantón.
Fases de Ascensos ás Ligas Galegas
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, Segunda Fase, Descenso Grupo Impar, xornada 12
Dumbría | 1-3 | Bergantiños |
F8 Alevín Costa Norte, xornada 11
Corme | 3-6 | Cabana |
Baio | 1-6 | Zas |
Coristanco | 5-2 | Muxía |
- Descansa Vimianzo.
F8 Benxamín Costa Norte, xornada 11
Corme | 2-6 | Cabana |
Baio | 3-1 | Zas |
Coristanco | 0-10 | Muxía |
- Descansa Vimianzo.
Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Dezaseisavos
Novas relacionadas
- Aínda te podes apuntar no Curso de Monitor de Fútbol Base que arrinca o luns en Fisterra.
- Félix non seguirá no Baio para a próxima tempada.
- Rivais para os nosos 5 equipos das Fases de Ascenso ás Ligas Galega.
- Os Cee e Fisterra campións de F8 afrontan as Fases Finais en Laracha, Sigüeiro e Ferrol.
- O Zas non se rende e xa ten rivais para a Fase de Ascenso.
- Arrinca o Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo do verán costeiro.
Crónicas da semana
- Ligas Galegas: O XSC tamén descende á Liga comarcal.
- 3ª Autonómica: Ameixenda e Coristanco manteñen o pulso e o Nantón dalle a volta á tortilla.
- 2ª Autonómica: O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- 1ª Autonómica: Soso final.
- Preferente: Un punto de ouro en Sarria permite ao XSC depender de si mesmo.
- O Outes proclámase Campión da Liga da Costa nunha espectacular última xornada de carrusel.
Primeiros títulos colleitados
- O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- O Cerqueda certifica o título da 3ª e un histórico ascenso.
- Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso.
- XSC e Cee disfrutan dos títulos de Campións da Copa da Costa.
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- O Cee suma outro título cos Alevíns de F8.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).