Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Preferente: Un punto de ouro en Sarria permite ao XSC depender de si mesmo

Preferente: Un punto de ouro en Sarria permite ao XSC depender de si mesmo
Bana ante a Sarriana-Foto-Sarriana

Parece o XSC o meirande inimigo do propio XSC. O equipo de Juan Lois afrontaba esta pasada fin de semana, na antepenúltima xornada da Preferente - Senra Sport, unha finalísima en Sarria, ante un rival directo. E sumou un empate, que xunto cos resultados que se deron na xornada, pode valer.
Agora mesmo o cadro xalleiro sería arrastrado á 1ª, pero ten á mesma Sarriana e ao Residencia a un só punto. Pero o calendario lle favorece. A semana que vén xoga co descendido pechacancelas en casa, mentres o Residencia xoga contra o 2º, un Mugardos en plena pelexa polo ascenso directo, e Sarriana enfróntase ao Val, o 4º equipo en loita pola permanencia.

Mentres, o Dumbría, sen nada en xogo máis que quedar o máis arriba posible e dar minutos aos máis novos, empataba ante un voluntarioso Escairón.

Sarriana - Xallas StComba (1-1)

Oscarin marcou un gol que vale ouro
  • XSC: Vicente, Pablo Baña (Marcos, min.82), Oscarín, Rubio, Alberto Pena, Rubén Forján, Jota, César, Kevin (Iván, min.65) , Joshi (Steven, min.57) e Vía Rápida (Choco, min.74).
  • Goles: 1-0, min.4; 1-1, min.79: Oscarín.

Máis de 250 personas presenciaron un partido en Sarria onde o equipo local foi moi superior durante todo o choque a un cadro xalleiro que non se atopou sobre o céspede, no debut de Juan Lois como adestrador, e que salvou un punto que pode ser de ouro.

A primeira parte comezaba co tempraneiro gol local, nun balón de saque de banda que bota dentro da área, despexa Rubio moi frouxo coa cabeza e mete a punteira Héctor na frontal da área pequena e supera a Vicente. No minuto 10 puido caer o segundo pero o balón saíu fóra. A Sarriana seguiu creando e fallando ocasións ante as indecisións dos centrais e as poucas axudas dos medios nas segundas xogadas .

A segunda parte empezou igual, pero segundo transcurrían os minutos os locais ían perdendo forzas, pero aínda así seguían sendo mellores, e fallando ocasións claras nos pés de Marino, Sito ou Urdi. E tanto fallar cómpre pagalo, e nun saque de banda de Alberto que peitea Iván, o balón cae ao segundo pau para que apareza Oscarín e empurre o balón á rede cun gol que vale o seu peso en ouro. Aínda puido traer máis tesouro con outra outra ocasión noutro saque de banda na que Stiven remata frouxo ás mans do porteiro, pero así e todo é un empate que visto o partido, sabe a vitoria.


Dumbría - Escairón (2-2)

  • DUMBRÍA: Iván, Adrián Alcaina (Portu, min.80), Brian, Jose, Pablo Conde (Iago, min.60), Aarón, Rivi, Darío (Martín, min.76), Adrián Makaay, Adrián Nieto e Javi (Lucas, min.46).
  • Goles: 0-1, min.60; 1-1, min.66: Adrián Makaay nunha fermosa xogada a pase de Iago; 1-2, min.85; 2-2, min.91: Adrián Makaay de espectacular falta directa.
Veu moi motivado o Escairón ao Conco pese ás poucas posibilidades de salvar a categoría. E comezou moi forte, con boas ocasións para adiantarse no marcador. Así e todo, co 0-0 o Dumbría vía como o colexiado lle anulaban un gol a Adrián Makaay aos 10 minutos do segundo tempo.

Era o Escairón o que se adiantaba, pero por dúas veces o Dumbría era quen de responder o golpe, con dúas accións espectaculares de Adrián Makaay, a primeira a pase de Iago e a segunda cunha falta de cine.


Crónicas de Preferente – Senra Sport

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios