1ª Autonómica: Sosa despedida de curso


Polo demais, a tempada se pechaba cun fermoso derbi en Pedra Queimada. Malpica e Soneira disputaban un encontro igualado e intenso, limpo e con alternancias, que puido acabar de calquera lado. O empate deixa ao Malpica na 7ª praza e ao Soneira na 13ª, a pesar de haber só 2 puntos de diferencia entre ambos. Nese nutrido grupo da zona media da táboa atópase tamén o Corme, na 8ª praza, que caía co Unión pero que culminou un final de tempada espectacular.
De espectacular tamén se pode calificar a tempada do Baio de Félix. 4º cun equipo da casa demostra que facelas cousas ben apostando polo propio é posible.
E tamén hai que loubar a traxectoria do Sofán, na primeira temporada da súa historia na categoría, que despois de estar media temporada no liderato, desinchouse algo no treito final e remata 6º, pechando o grupo de arriba.
3 equipos, Esteirana, Malpica e Soneira, xa despiden a temporada pois xa quedaron eliminados da Copa. Baio, Sofán e Corme van con moita forza.

Malpica - Soneira (1-1)

- MALPICA: Abraham; Adrián, Marcos Amado, Pablo Díaz, Rancaño (Ángel, min.63), Fernando Varela, Petís, Cheo, Rodrigo (Baba, min.52), Diego Alonso e Xulián.

- SONEIRA: Anxo; Figueroa, Chans, Fabián, Maior, Fran de Urroa, De la Sierra, (Nazo, 57), Sandelo, Basti, Javi e Brais Triñanes.
- Goles: 1-0, min.58: Baba a pase de Cheo; 1-1, min.68: Nazo a centro de Javi.

Puido gañar calquera o sábado en Pedra Queimada. Malpica e Soneira despedían unha irregular temporada pero que se pecha de xeito relativamente positivo, con dous boas posicións (7º e 13º a pesar de ter só dous puntos de diferencia entre ambos). E o fixeron cun fermoso partido, de ida e volta, que rematou cun empate. A maior cantidade de ocasións claras corresponderon ao Malpica, con un Cheo que, aínda que non puido estar na mellor das formas, segue marcando as diferencias nesta liga e dou catro ou cinco asistencias tremendas desde o extremo dereito. Así e todo, Javi desperdiciou unha oportunidade clarísima, das que non se soe fallar, para marcar o primeiro gol para o Soneira e no último suspiro tamén os soneiráns puideron decidir o partido pero o cabezazo á saída de un córner saíu fóra por moi pouco.
En todo caso, por Malpica consideran unha temporada nula, unha temporada que partía con moitos obxectivos, que comezou mal, que mirou en fite a traxedia co pasamento de Pombo, e que deixa un futuro incerto.

Baio - Piloño (2-2)
- BAIO: Manuel, Yago (Fran, min.65), Porto, Mario, Jose (Ramón, min.46), Norber, Fachal (Silvariño, min.73), Brais, Saleta, Christian (Fredi, min.84)e MC.
- Goles: 1-0, min.42: MC de penalti; 2-0, min.66: Saleta; 2-1, min.88; 2-2, min.94.
Empatou o Piloño nos 5 últimos minutos un partido que o Baio tiña practicamente controlado. Pero os de Félix, xa sen nada en xogo máis que brindar unha nova vitoria a súa gran afección, viu como o arreón final do cadro visitante tivo premio, e levou un punto do Platas Reinoso. Antes, MC volveu marcar e Saleta facía o segundo.
O equipo de Félix pecha unha temporada espetacular, quedan nada menos que 4º na táboa cun equipo de xente da casa, que combina a perfección a veteranía dos Martín e compañía coa xuventude do outro Martín, MC, e o resto de rapaces que prometen un futuro fantástico a este comprometido club.
Aquí os goles da man de Santi Soneira:
Corme - Unión (1-2)
- CORME: Javi, Dani, Pandi, Miguel Torrado, Alejandro (Samu, min.75), Diego, Sergio, Brais, Juan Chans, Lucas e Toniño.
- Goles: 1-0, min.22: Juan Chans; 1-1, min.25; 1-2, min.60.
Fermoso partido no Cairo entre dous grandes equipos. O Unión demostrou por que é o 3º da categoría e, entregouse a fondo. O Corme, máis relaxado, cos deberes feitos tras unha espectacular segunda volta, tivo máis o balón e combinou con tranquilidade, a pesar das baixas. Adiantouse Juan Chans pero o Unión respondeu rápido e empatou o choque.
O guión non variou na segunda, cun Corme máis dominador e un Unión que fixo o segundo á contra para levar os 3 puntos.
Sigüeiro - Esteirana (5-0)
- ESTEIRANA: Ramón, Rafa, Sui (pachín, min.65), Dani, Eloi, Martín, Adri, Jose, Álex, Pablo (Code, min.65) e Róber Pladur.
Partido sen historia como demostra o marcador, cunha Esteirana que xa tiña a toalla tirada dende fai varias xornadas. Antes o primeiro gol aínda tiveron Róber e Jose un par de ocasións, pero fallaron, acertou pronto o Sigüeiro e a segunda metade se lle fixo eterna aos de Pedrosa.
Temporada estrana esta para a familia de Esteiro, que comezaba fatal, que vía visos de enderezarse ca chegada de Pedrosa, pero o equipo comezou demasiado tarde a reacción, e non chegou a tempo para a salvación. Volverá o ano que vén á súa Liga da Costa.
Sofán - Lesende (0-2)
- SOFÁN: Brais Vázquez, Ceide (Marcos Pensado, min.70), Sito, Rubén, Félix, Leilán, Seo (Maneiro, min.46), Raúl, Luís, Brais (Rojo, min.46) e Bertín (Martin, min.46).
- Goles: 0-1, min.37; 0-2, min.73.

Chegou necesitado o Lesende ás Eiroas e levou a vitoria, nun choque no exilio que provocou que houbse pouco público. A SD dominou e tivo boas ocasións, como un man a man e un remate de Rojo. Pero o Lesende foi máis eficaz e en dúas contras matou o partido.
Crónicas da semana
- Preferente: Un punto de ouro en Sarria permite ao XSC depender de si mesmo.
- O Outes proclámase Campión da Liga da Costa nunha espectacular última xornada de carrusel.
Crónicas da 1ª
- X.33: Con pouco en xogo.
- X.32: A Esteirana di adeus cos deberes feitos.
- X.31: Á Esteirana non lle chega con gañar.
- X.30: O Baio afunde á Esteirana.
- X.29: Unha xornada de luto para esquecer.
- X.28: Crónicas dunha difícil xornada de luto.
- X.27: A Esteirana albisca o final do túnel e o Corme confirma o seu salto.
- X.26: 1ª Autonómica: Doble derbi con sabor caseiro.
- X.25: Un derbi de porta a porta.
- X.24: O Soneira voa e o Sofán aterra, mentres Esteirana e Corme vén a luz.
- X.23: O Soneira toma o Carral.
- X.22: Unha xornada para esquecer.
- X.21: Soneira e Malpica dan a de cal, e Corme e Esteirana a de area.
- X.20: Só o Baio salva unha mala xornada costeira.
- X.19: O pechacancelas pon ao líder contra as cordas.
- X.18: O Soneira é un vendabal.
- X.17: A 1ª Autonómica comeza o ano cun Derbi Costeiro.
- X.5: O Malpica logra un empate para esquecer.
- X.16: Pechando o 2014 cun líder sólido e un derbi de infarto.
- X.15: Menudo doble derbi.
- X.14: Uns gañan e outros perden.
- X.13: A SD escapa.
- X.12: Tres vitorias por arriba e tres derrotas por abaixo.
- X.11: O Sofán non cede nin co Malpica.
- X.10: O Sofán non para e o Malpica sae do descenso a costa do Corme.
- X.9: O Malpica frea o Baio e o Sofán alcanza o liderato a costa do Corme.
- X.8: O Baio é moito líder.
- X.7: Os líderes da 1ª son da Costa.
- X.6: O Baio non perdoa e o Soneira pode co Sofán.
- X.5: Trío de cabeza con susto.
- X.4: O Baio ponse líder e o Soneira gaña o primeiro derbi urxente.
- X.3: 3 costeiros no grupo de arriba.
- X.2: Xa temos líder tras unha xornada co primeiro derbi.
- X.1: A 1ª Autonómica comeza para os nosos costeiros.
Primeiros títulos colleitados
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- Alberto Pose: O premio á eterna humildade.
- O libro dos 50 anos do Fútbol da Costa ten novas citas nas comarcas de Bergantiños e Fisterra.
- Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa.
- Está enfermo o Fútbol da Costa?.
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Colabora Martín, Óscar Basalo, Wash Calvo, Fin Lema, blog de Luís Porto e SD Sofán.