Ata 4 partidos foron suspendidos (un reanudado a tempo) nesta primeira fin de semana de febreiro de fútbol costeiro. Ademais a fin de semana estivo marcada polo remate das Ligas Xuvenís, que deixan todo listo para a segunda fase de Liga e Copa.
Comezamos o repaso nunha accidentada xornada na Preferente. Menuda tarde vivíu o Conco. O Lemos metíase 0-3, o equipo local era capaz de poñerse 3-3 e faltando 10 minutos o liña sufría unha suposta agresión e o colexiado suspendía o partido. Reunudábase o choque media hora despois e o Dumbría aínda era quen de marcar o gol da sufrida vitoria, que o deixa moi arriba. Mentres, Soneira e XSC colleitaban novas derrotas que os deixan moi tocados. O Soneira xa leva 15 xornadas sen gañar, e o XSC leva 6 derrotas en 7 partidos.
Na 1ª Autonómica tiñamos dous importantes derbis. En Baio o Camariñas sacou un empate que non lle vale de moito, pero serve para sumar. O que non puido sumar e segue no pozo é o Ponteceso, que tras dúas vitorias consecutivas non puido continuar coa xeira en Esteiro, ante un cadro blaugrana que tamén necesitaba sumar para non verse envolto en problemas. Ademais, o Malpica vencía con rotunidade en Lamela, facendo un favor aos seus veciños e meténdose ben arriba.
O partidazo da xornada na 2ª Autonómica foi suspendido polo mal estado do céspede do Carral. O líder, Sofán, mantense aínda así tralo empate do Zas en Verdillo, cun só punto de vantaxe ante o cadro zaense e o Corme, que vén como unha moto con 9 vitorias en 10 partidos tras gañar ao Castriz. O Cee gañou de novo, ao IDC e queda a 7 do líder, mentres o Fisterra alcanza ao Outes para pechar o grupo de favoritos. Por abaixo, vitorias do Cababa ante o Porteño e do Corcubión co Camelle, que o achega ao IDC, pero non tanto á salvación. Unha salvación que marca o Muros, que caía ante un Mazaricos que respira tranquilo.
A xornada na 3ª Autonómica viña marcada pola visita do líder, o Baíñas a Arliña. E a cousa non rematou ben. O partido tivo que ser suspendido no ecuador por unha liorta entre xogadores, algo que nunca nos gusta ver nos campos da Costa. Así, o Montelouro, aproveitou para recurtar distancias vencendo ao Corcoesto. O Lira dou conta cunha goleada esaxerada do Ameixenda, e o Nantón non puido cun Coristanco que se volve meter na zona de Promoción, ao igual que o Seaia, tras vencer a un Laxe que non arrinca. O que tamén se suspendía era o Cerqueda-Castrelo por falta de iluminación.
Ligas de Xuv.
Listas quedaron as Ligas de Xuvenís. Polo Sur xa estaba todo o peixe vendido con Dumbría, Esteirana e XSC clasificados para a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Iso si, a Esteirana endosoulle a primeira derrota do ano ao equipo dumbriés. Polo Norte, non fallaron Malpica e Corme, e se meten co Cabana na Liguilla, deixando ás portas a un gran Coristanco. Dende aquí, felicitamos aos 6 equipos clasificados, especiamente aos campións Dumbría e Cabana, e lles dexamos srote de cara á segunda fase. Unha segunda fase que se decidirá xa, pois este vindeiro luns 3 de febreiro, hai convocada pola Federación unha reunión en Baio ás 20:15 para artellar a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega e á Copa da Costa.
Polo demais, en 1ª Cadete, Fisterra e Zas empataban deixando paso ao XSC no liderato, cun Cabana que se mete tamén aí arriba. Os 4 parece que loitarán polo título.