Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Resultados dunha nova xornada completa no Fútbol costeiro

Resultados dunha nova xornada completa no Fútbol costeiro
Dumbria-Cee de xuvenis-Foto-Jorge Parri

Xornada pasada por auga no Fútbol da Costa cun novo e intenso carrusel a través da APP "Fútbol da Costa" e de www.futboldacosta.com. Unha fin de semana marcada por varios derbis de urxencia, da que vos traemos os 75 resultados.

E comezamos o repaso pola Preferente, onde a necesidade non foi necesaria para que o Soneira sacase algo positivo na visita do veciño Xallas de Santa Comba. Tamén lle facía falta ao cadro bicolor unha vitoria tras 5 derrotas consecutivas, e sacouna a pesar de rematar pedindo a hora. E iso que se metía 0-3 na primeira media hora. Agora o cadro soneirán, tras 14 xornadas consecutivas sen gañar, queda xa a 9 puntos da salvación, e o XSC levanta lixeiramente e a deixa a 5.
Mentres, o Dumbría non pasaba do empate en o Castro, e se mantén 7º, a 6 puntos da 3ª praza.

Xa na 1ª Autonómica tamén tiñamos un derbi, pero de non tanta urxencia. O Malpica ponse 3º a só 5 do 2º tras vencer a unha Esteirana que baixa ata a 12ª praza. Ademais, o Baio non podía co líder. Pola zona baixa, malas novas para o Camariñas, que sufría unha durísima derrota cun rival directo o Sigüeiro, que queda a 4 puntos cando podría ter quedado por abaixo. Os camariñáns xa son alcanzados polo Ponteceso, que sumou a súa segunda vitoria consecutiva ante o potente Unión e se poñen a só 3 da salvación.

Espectacular o carrusel da 2ª Autonómica. Ata o último suspiro, por exemplo, a emoción foi a protagonista no Zas-Cee, con remontada incluída nos últimos minutos e gol do porteiro suplente, para deixar ao cadro zaense a só 2 puntos dun Sofán que tamén sufriu para vencer en Lombáns. O Corme tampouco fallou en Camelle e o Outes non puido cun Fisterra que deu a cara e se volve colocar entre os 6 primeiros.
Por abaixo, gran vitoria do Muros en Castriz, e importante a vitoria do Cabana en Muros ante o Volantes, ao que supera na táboa.

Ademais, na 3ª Autonómica, o Montelouro non quere perder a estela do líder, un Baíñas que non fallaba co Seaia, a sorpresa da tempada. E no partido máis igualado o Lira remontou en Coristanco e se coloca 3º.

Fantástica a xornada nos Xuvenís da Costa, a penúltima da Liga. Polo Norte, e tremenda vitoria do Coristanco sobre o Malpica, como vemos na foto que nos achega o cadro verde. Pero o 5-4 non lle chega para meterse por diante de cara a última xornada porque ao final de campaña conta o golaverage individual, e o Malpica vencía 2-0 na ida. Co Cabana xa campión tralo empate en Corme , os cormeláns, malpicáns e coristanqueses xogaranse as dúas prazas na última xornada.
No Sur, o Dumbría segue ao seu; a Esteirana certificou o seu pase, e o XSC, a pesar da derrota ante o Fisterra pecha tamén os 3 que pasan á Liguilla.

Na División de Honra Cadete o Dumbría volve meterse 4º tras golear en Val Miñor. Pero malísima foi a derrota do cadro dumbriés na Liga Galega Infantil, que o deixa, a falta de 2 xornadas ao fío da Liguilla polo Título e o mete na Liguilla por evitar o descenso. O XSC sumou un puntiño máis pensando na Liguilla por evitar o descenso.

E foi tamén importante a xornada na 1ª Cadete, pois o XSC métese a 1 punto do Fisterra tras gañarlle, manténdose aínda invito. Zas e Cabana seguen de preto.
Mentres que en Infantís, descansaba o Fisterra e Cee e Corme aproveitaron para escapar lixeiramente.
Ademais, nos peques, Dumbría e Fisterra suman 8 de 8 en Alevín, F-8 Costa Sur, igual que o Outes en Benxamín F-8 Costa Sur.
E atentos tamén ás LCFs que tamén están actualizadas.

Volvemos aos grandes porque a xornada 18 deixa de novo ao Soneira como líder da 1ª División de Veteranos. Recibiía a un Laxe que levaba moitas xornadas de líder e tras un partidazo, os vimianceses toman o relevo e volven convertirse nos máximos aspirantes. Atentos tamén á fermosa loita na 2ª División entre Milagrosa e Corcoesto.

E pechamos ca Liga Intermunicipios na que o Cances e o Baldaio seguen ca súa fermosa loita particular.

Preferente, xornada 22

Castro 1-1 Dumbría
Soneira 2-3Xallas StComba

1ª Autonómica, xornada 20

Malpica 4-1 Esteirana
Ponteceso 1-0 Unión
Camariñas 1-2 Sigüeiro
Noia 4-0 Baio

2ª Autonómica, xornada 20

Camelle 1-2 Corme
Volantes 2-3Cabana
Porteño 5-2 Corcubión
Mazaricos 2-0 San Lorenzo
Carnota 2-3 Sofán
Castriz 0-2 Muros
Zas 4-3Cee
Outes 1-2Fisterra
Indep. Carballo 3-0 Buño

3ª Autonómica, xornada 12

Ameixenda 2-1 Cerqueda
Castrelo 0-7 Muxía
Laxe 0-3 Montelouro
Coristanco 2-3 Lira
Corcoesto 1-2 Nantón
Baíñas 3-1 Seaia

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 21

Xallas StComba 2-4Fisterra
Mazaricos 0-4 Esteirana
Soneira 0-3Outes
Dumbría 4-0 Cee
  • Descansa Muros e Lira.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 21

Corme 2-2 Cabana
Laxe 4-4 Muxía
Baio 9-0 Porteño
Ponteceso 3-0 Castriz
Coristanco 5-4 Malpica
  • Descansa Camariñas.

División de Honra Cadete, xornada 19

Val Miñor 1-5 Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 19

Xallas StComba 2-2 S.de Compostela
Dumbría 1-2 Lalín

1ª Cadete, xornada 11

Muxía 3-2 Outes
Esteirana 2-1Coristanco
Cabana 11-1 Corcubión
Zas 2-2Baio
Xallas StComba 2-0 Fisterra
Cee 1-0 Muros

1ª Infantil, xornada 19

Cee 9-0Vimianzo
Ponteceso 5-3 Cabana
Esteirana 4-2 Os Miudos
Outes 6-3 Sofán
Coristanco 5-1Muxía
Corme 3-0 Baio
  • Descansa Fisterra.

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 9

Esteirana 2-2 Zas
Dumbría 16-0XSC B
Os Miúdos A 3-1 XSC A
Os Miúdos B 2-7 Fisterra
Lira 0-10 Outes
  • Descansa Cee.

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 9

Dumbría 1-3 XSC B
Os Miúdos A 2-4 XSC A
Os Miúdos B 2-7Fisterra
Esteirana A 28-0 Zas
Esteirana B 22-4 Cee
Lira 1-12Outes

Ligas de Veteranos, xornada 18

1ª División

Soneira 3-2 Laxe
Cabana 2-1 Dumbría
Nantón 0-3 San Lorenzo
Xv. Berganttños 6-1 Camariñas Vet
Zas 2-0 Castriz
Ponteceso 2-3 Baio
San Román 1-0 Bértoa
Coristanco 2-0 Muros

2ª División

At. Milagrosa 7-1 Leiloio
Camelle 0-0 Agualada
Malpica 3-3 Porteño
Dep. Carballo 1-1 Buño
Poniente 2-0Cerqueda
Vimianzo 0-4 Corcoesto
  • Descansa Sofán e Eerbecedo.

Liga Intermunicipios, xornada 15

Cances 6-0 Laxe
Xornes 4-0 Peña Galicia
Rus 4-1 A Piña
Baldaio 5-2Sp. Seaia
Cereo 3-2 Sp. Brea
  • Descansa Valenza.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios