Luns. 06.05.2024
El tiempo

Óscar Suárez e David Blanco lideran as táboas de goleadores

Óscar Suárez e David Blanco lideran as táboas de goleadores
O malpican Oscar Suarez e o zaense David Blanco-Fotos-Luis Porto e Jorge Parri

A colaboración sempre é importante e temos o gusto de traballar man a man Luís Porto e o equipo de Deportes de QPC para que as táboas do Fútbol da Costa estean perfectamente correctas. Hoxe facemos un repaso ás táboas de goleadores, unhas táboas que coida á perfección Luís E. Porto dende Malpica coa nosa estreita colaboración. I é que Luís compara os goles que publicamos nas crónicas de QPC coas das actas da Federación, e logo nos pregunta para que confirmemos directamente cos clubes cales son correctas (case sempre as nosas están mellor que as actas, vaia...).

Así que aproveitamos este traballo conxunto para repasar como están os pichichis das 1ª e 2ª Autonómica, a estas alturas de xaneiro. E atopamos que temos dous xogadores costeiros con 15 tantos, como son o malpicán Óscar Suárez na 1ª, e o zaense David Blanco na 2ª, curiosamente tamén xogador do Malpica ata este curso.

A táboa de goleadores da 1ª complétase con grandes xogadores como os esteiráns Kike Paluca (13) e Róber Pladur (11) (vimos de modificar as cifras pois tras falar con eles decatámonos que o gol ante o Azrúa o metera Kike e non Pladur), e xa bastante lonxe chegan os baieses Canay (6) e MC (6), este de baixa moitos meses, os camariñáns Brais Triñares (6) e Mario Toja (6), e Dieguito (6) pichichi do Ponteceso.

Na Liga da Costa, seguen moi de preto os pasos de David Blanco o sofanista Raúl (14), os cormeláns Lucas (14) e Juan Chans (13), o tamén xogador da SD Iván Rojo (13), o fisterrán Aitor (13), ademais dos Piki (12) do Outes, Mané (12) do Fisterra, Mario (12) do Corcubión, ou Charro (11) do Buño.

Intentaremos para as vindeiras semanas facer un repaso aos pichichis da 3ª e das Ligas Xuvenís, que de seguro tamén está a cousa fervendo.

Taboas dos goleadores de 1 e 2 da Costa-Fonte-Luis Porto

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios