1ª Autonómica: O Malpica mete en problemas á Esteirana e o Ponteceso asoma a cabeza


Dous focos tiña esta xornada 20 da 1ª Autonómica. Pois un derbi sempre é un derbi, e aí o Malpica dou conta da diferencia que hai na táboa coa Esteirana, e mentres se coloca 3º, deixa a Esteirana nuha situación relativamente comprometida. Con 23 puntos, está a 5 do descenso.
O Baio non podía facer nada co líder.
E os dous de abaixo tiveron diferente sorte. O Camariñas puido golear na primeira e acabou perdendo o partido ante un rival directo. Agora o Ponteceso, trala súa gran vitoria ante o Unión, a segunda consecutiva, o alcanza con 16 puntos, ambos a 3 da salvación. Ademais, queda o Camariñas como o equipo máis goleado da categoría.
Malpica - Esteirana (4-1)

- MALPICA: Pombo, Adrián (David Castro, min.74), Manu Casal, Mario Casal, Alemán, Fernando Varela, Andrés (Eloy Cabeza, min.75), Cheo, Abel (Neucha, min.65), Juan oBello, Óscar Suárez (M. Maradona, min.62).

- ESTEIRANA Manu, Juan, Serrano, Dani, Suízo (Adrián, min.75), Varela (Eloy, min.80), Álex, Andel, Róber Pladur, Josiño (Raúl, min.68), Simón.
- Goles: 0-1, min.46: Róber Pladur de cabeza nun córner; 1-1, min.55: Manu Casal de falta rasa; 2-1, min.58: Manu Casal de gol olímpico; 3-1, min.60: Juan oBello de cabeza tras un córner botado por Manu Casal; 4-1, min.75: Cheo en velocidade tras un pase de Martín Maradona.
Partido de rivalidade costeira na 1ª autonómica, entre dous equipos con tendencias contrarias, e con bastantes afeccionados, sobre todo blaugranas, nas bancadas. Un Maplica que se asenta na zona quente da clasificación e un Esteirana que se mete nos postos de perigo.
Foi unha primeira metade onde se intercambiou o dominio do balón, con máis presencia no campo do Malpica e gozando os visitantes dunha clara ocasión tras mal despexe do porteiro, que non puido aproveitar Rober por esvarar na arrancada. Concluíu a primeira con un remate de cabeza a balón parado, e este sería o preludio da segunda porque tódolos goles foron en xogadas a balón parado.
Adiantouse a Esteirana con gol madrugador nada máis saltar ao campo tralo descanso, de cabeza de Rober tras saque de esquina. Tras ese gol fóronse os locais arriba e nunha destas mandou un balón ao pau o equipo visitante, que fixo espertar a un Malpica, tirando de xenio e empurre. Así en 15 minutos resolveu o partido con un saque de falta que introduce a defensa local en propia tras querer despexar, despois con gol de córner directo que protestan os visitantes por cargar contra o porteiro. Outro de saque de esquina no segundo pau eu un cuarto co equipo de Esteiro tocado. Manu Casal foi protagonista nesas tres accións case que consecutivas que deron a volta ao partido.
Non tiveron moita historia os derradeiros minutos dunha tarde chuviosa e con vento.

Ponteceso - Unión (1-0)
- PONTECESO: Illote, Lorenzo, Jorge, Javi Peón, Diego, Dani Cotelo (Nando, min.66), Mendieta, Yago (Martín Puente, min.57), Bolón (Youssef, min.75), David Brenlla e Alberto Recarey.
- Gol: 1-0, min.60: Bolón cun golazo tras unha xogada individual.
Un pouco máis de sorte está tendo este Ponteceso de David Velo que o de Mato, e así, tras un partido moi trabado, moi duro, moi físico e con moitos paróns, os pontecesáns quedaron cos 3 importantísimos puntos.
O Unión só facía dano a balón parado, mentres que o Ponteceso levaba o peso do partido pero sen demasiadas ocasións. A primeira metade moito balón aéreo polos dous equipos, e na segunda a xogada máis destacable foi o golazo de Bolón, que deixa ao equipo con 2 vitorias consecutivas, tras 3 partidos con Velo no banco, cun equipo que xa non é o máis goleado da categoría e que xa alcanzou ao penúltimo clasificado.
Hai luz.
Camariñas - Sigüeiro (1-2)
- CAMARIÑAS: Pablo; Sergio, Roi, Rodri, Manu, Moriño (Asier, min.75), Pirucho, Brais, Martíon, Mario Toja e David Toja.
- Goles: 1-0, min.55: centro de Brais que toca nun defensor e se cola; 1-1, min.61; 1-2, min.65.
- Expulsión: Roi no min.60 por protestar.
Segue en caída libre o Camariñas, e xa é alcanzado polo Ponteceso na última praza. E iso que a primeira metade puido ter acabado 5-0, pero os paus e a falta de acerto de Mario Toja e Pirucho en varios man a man deixaron o marcador sen mover.
Comezarían enchufadísimo a segunda o cadro de Berto, e nada máis saír do descanso se adiantaban no marcador. Pero en apenas 5 minutos, o colexiado expulsaba a Roi por protestar, e nese mesmo córner empataba o Sigüeiro. Quedaba moito tocado o cadro camariñán que de seguido recibía o segundo.
Reaccionou o Camariñas e mesmo con 10 tivo varias ocasións para empatar. Tamén tivo o cadro visitante para sentenciar nun par de contras pero o marcador non se movería e o equipo palilleiro sumou a súa 3ª derrota consecutiva.
Noia - Baio (4-0)
- BAIO: Anxo, Alberto II (Ramón, min.56), Norber, Mario, Eloy, Martin, Fachal, Brais, Bieito, Alberto, Santi Díaz (Cristian, min.62).
- Goles: 1-0, min.45: Chenel; 2-0, min.60: David; 3-0, min.70: Chenel; 4-0, min.80: David.
Nada puido facer o Baio ante o potente líder. Aguantou os primeiros 45 minutos, pero no desconto desa primeira metade, un vello coñecido da Costa, Chenel, abría a conta para os locais. Gol tremendamente importante para o devir do partido pois o Baio tivo que saír na segunda algo máis estirado e o Noia, con espazos, non perdoa.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
Artigos relacionados
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano.
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Colabora Isma, blog de Malpica de Luís Porto.