Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Emoción ata o último suspiro no carrusel da Liga da Costa

2ª Autonómica: Emoción ata o último suspiro no carrusel da Liga da Costa
Carnota-Sofan-Foto-Jorge Parri Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

Fermosa esta xornada 20 da 2ª Autonómica cun Carrusel activo ata o último suspiro. Apaixoante foi o Zas-Cee, que deixaba os 3 puntos en San Andrés nun final agónico, quedando así aínda a 2 puntos do líder. Un Sofán que vía como o Carnota merecía moito máis pero que quedaba sen puntos. Por detrás, a só 4 do liderato, xa está o Corme. Ollo con este Corme, que xa leva 5 vitorias consecutivas e 8 vitorias en 9 partidos, e onte podía co Camelle nunha proba de lume no enlamado campo do Rodeiro.

O Outes suma unha nova derrota e cas baixas confirma un baión importante, quedando a 9 do Sofán. Caía ante o Fisterra, que se coloca a 12, mentres que o Cee queda a 10.

Por abaixo, tremendamente importante a vitoria do Muros en Castriz, pois se non se terían metido no descenso empatado cun IDC que conseguía a súa 5ª vitoria. O Corcubión non dá sinais de vida, o Cabana pegou tamén un salto coa vitoria ante un Volantes que queda en zona moi perigosa, tamén tras un comezo de segunda volta horrible.

Camelle - Corme (1-2)

Camelle-Corme-Foto-Lorena
  • CAMELLE: Dido, Matías, Miguel, Javi Rañal, Chuchi, Mario, Ángel, Súper (Jesús, min.55), Adrián (Martín, min.65), Sergio e Barreiro.
  • CORME: Suso, Adolfo, Alejandro, Miguel Torrado, Sergio (Jesús, min.46), Diego, Juan Chans, Brais, Alejo (Manu, min.68), Lucas (Antonio, min.87), Toniño.
  • Goles: 0-1, min.57: Toniño de falta directa pola escuadra sen moita forza coa axuda de Dido; 0-2, min.65: Brais tras unha xogada pola banda e un centro de Juan Chans; 1-2, min.90: Ángel de cabeza.

Moita xente no Rodeiro, coma sempre, pese a tarde que facía, pero estas dúas afeccións, das máis animadas do fútbol costeiro, non fallaron á cita. Foi un partido moi complicado o que sacou adiante o Corme nun campo sempre difícil, e onte impracticable, como o do Rodeiro. Un campo para o que pediron linieres os cormeláns e que arrincaba con moito respecto.

A primeira metade foi moi igulada, sen un dominador claro e con só unha ocasión destacable. Foi Barreiro o que se prantaba só diante de Suso, este tocaba o tiro do punta local, o balón pegou no pau e Alejandro, de lateral, sacou o rebote.

Comeza a segunda metade, tamén nivelada, e foi Toniño nunha falta coa axuda de Dido, lateral reconvertido en porteiro, o que adiantaba aos cormeláns, cunha faltiña suave que superaba a barreira e á que non chegaba Dido. O Camelle tiña que estirarse e o Corme, á contra, matou o partido. Seguiuno intentando o Camelle, que considera que un empate tivera sido máis xusto, pero só con tempo cumplido recurtou, xa sen tempo a nada máis.

Volantes - Cabana (2-3)

  • VOLANTES: Iago, Juan, Maikel, Nimo, Miguel, Moja, Varu, Brais, Seluco, Ivi (Martín, min.75) e Pardelo (Cajulo, min.60).
  • CABANA: Añón, Ismael (Eloy García, min.60), Pepe, Charli, Iván de Treos, Fariña (David Sande, min.46), Fernando (Manolo do Cruceiro, min.75), Sandro (Eloy Pereira, min.76), Berti, Josiño e Eloy Vilas.
  • Goles: 0-1, min.10: Charli de cabeza; 1-1, min.15: Seluco case dende o medio campo collendo ao porteiro adiantado; 2-1, min.60: en propia tras unha falta lateral; 2-2, min.70: David Sande; 2-3, min.85: Eloy Pereira.
  • Expulsión: Seluco contra o final.

Non acaba de arrincar o Volantes nesta segunda volta, con 5 derrotas en 6 partidos e con falta de confianza nos pupilos de Felipe. E iso que o partido foi tremendamente igualado, sobre todo na primeira metade, se ben na segunda o Cabana tivo algunha ocasión máis e acabou levando o partido cun bo exercicio de eficacia.

Pronto adiantábanse os visitantes cun gol de cabeza de Charli, pero Seluco empataba de contado co golazo da tarde. A segunda metade comezaba cun Cabana algo máis estirado. Apenas Ivi tivo unha ocasión destacable para os locais, que se adiantaba nun gol en propia meta dos cabaneses. Pero reaccionaban os de Periscal e David Sande e Eloy Pereira dábanlle a volta ao marcador.

Só contra o final apretou o Volantes, pero a expulsión de Seluco foi clave e o equipo non tivo empurre para intentar acadar o empate.

Porteño - Corcubión (5-2)

  • PORTEÑO: Bonano (Jimmy, min.75), Pejo (Esteban, min.80), Iago, Maikol, Caamaño (Gabi, min.65), Cousillas, MeuLar, Varela, Cristian, Isma (Marcos, min.77)e Brais.
  • CORCUBIÓN: Perlón, Marcos (Senra, min.63), Gabi, Disiclín, Balucho, Jesús (Alberto, min.76), Edu, Alán (Checho, min.82), Sebas, Lema, Mario (Tito, min.63).
  • Goles: 1-0, min.2: Caamaño; 1-1, min.20: Mario; 2-1, min.37: Isma; 3-1, min.55: Pejo; 4-1, min.65: Cristian; 5-1, min.75: Isma de penalti; 5-2, min.88: Lema.

Non se adaptou o Corcubión ao campo enlamado da Grixa (moitos chegaban con tacos de goma e esvaraban), que nada máis comezar recibía un tanto por falta de confianza co céspede.
E tal e como está o equipo de Senra, tan abaixo, cando recibe varios goles a inercia xa é a de virse abaixo. E así foi. Aguantou a primeira metade pero tralo gol de Pejo nada máis comezar a segunda xa se desmoronou.

Mazaricos - San Lorenzo (2-0)

  • MAZARICOS: Marcos, Chico, Tuco, Martín, Ramón, Rodri, Estéfano, Ricardo, David (Oreiro, min.83), José Ángel (Coxo, min.60) e Kevin (Molinos, min.82).
  • SAN LORENZO: Puyol, Rubén, David, Casillero, Germán, Cachizo, Chucho (Zeus, min.75), Fuentefría, Velo (Canteiro, min.60), Dani e Eloy.
  • Goles: 1-0, min.17: José Ángel de penalti; 2-0, min.75: David dende a frontal que tocou nun defensa.

Era un partido moi importante entre dous equipos que rondan a zona perigosa. E foi un partido moi malo, cun campo bastante blando, no que o Mazaricos soubo adaptarse mellor ante un San Lorenzo que chegaba tocado de xente. Foi un choque moi físico, pero os locais fixeron un partido moi completo, moi seguro e moi ben prantado, sen permitir que os de Gueli chegasen a arriba. Os amarelos, cun xogo máis vertical do normal pero sen chegar ao patadón, buscaba os espazos e controlaba os rexeites.
Ademais, atopouse cun gol tempraneiro o equipo de Alex Romero cun penalti que transformou José Ángel.

Na segunda estirouse o San Lorenzo pero sen crear perigo claro, apenas un par de chegadas por medio de Dani e Velo que non foron a máis. A incertidume no marcador estivo presente ata o min.75 cando David sentenciaba con algo de sorte.
Cómpre destacar o debut como titular na meta amarela de Marcos, veterinario castelán que anda adestrando dende comezo de temporada co equipo, e que estreaba titularidade.

Carnota - Sofán (2-3)

Carnota puxo en apuros ao lider-Foto-Jorge Parri
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro (Andrés, min.80), Pedro Pichín, Manolo Chouza, Tono da Caixa, Ivan Maseiras (Adrián dos Lombos, min.65), Rodrigo, Nakata, Pumuky, Pablo Beiro (Boni, min.75) e Manuel Luís.
Sofan segue lider tras vencer apurado en Lombans-Foto-Jorge Parri
  • SOFÁN: Lerma, Javi, Marcos, Cantudo, Pablo, Martín, Míchel (Suso Docampo, min.65), Iván Rey, Santi (Leilán, min.65), Raúl e Iván Rojo.
  • Goles: 0-1. min.10: Iván Rey coa axuda de Luís de la Peña; 1-1, min.20: Ferreiro de penalti; 1-2, min.30: Iván Rojo coa defensa carnotá parada ; 2.2, min.55: Pedro Pichín en plancha de cabeza; 2-3, min.80: Leilán.
  • Expulsión: o delegado carnotán Toni, por primeira vez na súa vida.
Capis do Sofan e do Carnota-Foto-Jorge Parri

Partidazo moi bonito en Lombáns cun resultado inxusto ao final, pois o Carnota levou o peso do partido, e tivo as mellores ocasións ante todo un líder. O choque comezou con alternativas e Iván Rey contaba coa colaboración de Luís de la Peña, que sendo un porteirazo como é sempre ten algunha. Ferreiro empataba de penalti pronto pero Iván Rojo volvía adiantar aos sofanistas tras unha falta na que a defensa carnotá se quedaba parda esperando que o colexiado pitase algo.

Na segunda volvía o Carnota exercer de líder, levando o control do balón. E Pedro Pichín anotaba un golazo de 1ª División lanzándose en prancha ao segundo pau. Tivo o 3-2 nunha contra Adrián dos Lombos, pero marrou e á volta o Sofán facía o 3º cun gol de Manolo Chouza de en propia meta.

Cómpre destacar a expulsión de Toni, o veterano delegado carnotán que sufría a primeira expulsión da súa carreira.

Castriz - Muros (0-2)

  • CASTRIZ: Juan, Martín (Esteban), Alberto (Miguel), Alex, Fabio (Sergio), Pose, Bruno, Cili, Luís, Pichín e Marqués (Balsa).
  • MUROS: Ra, Teo, Pelos, Juanche, Saúl, Gelo, Dani, Sexo, Eloy e Yanki. Tamén xogou: Veloso, Santi de Lira, Gabo.
  • Goles: 0-1, min.50: Eloy; 0-2, min.75: Pelos.

Vitoria sufrida a do Muros sorprendendo a un Castriz con baixas importantes, e que xa case non se xoga nada e parece que se deixa ir un pouco. Foi un partido moi igualado, cun Castriz levando o peso pero un Muros que soubo xogar as súas cartas e esperar para ter boas ocasións. Tras 25 bos primeiros minutos do Castriz, logo se diluiu e o Muros puido acabar a primeira metade por diante. Yanki tivo tres boas chegadas para adiantar ao cadro muradán, unha tras un centro de Sexo que parou o porteiro xalleiro; outra tras un tiro de Dani que pegou no pau e outra de cabeza.
Xa na segunda metade Eloy metería moi pronto para os visitantes aproveitando un erro no despexe , e o partido seguiría igual, con máis ocasións para nos.
Puido empatar o partido o Castriz con varias ocasións pero non estiveron acertado os xalleiros, sobre todo nunha ocasión de Pose pero o meta muradán estivo fantástico.

A falta de 15 para o final Pelos sentenciaria nun remate de cabeza tras unha xogada ensaiada dun córner. Despois disto o partido seguiría igual, con moito balón arriba e un Muros moi ben prantado atrás. Importantísima a vitoria dos muradáns que vían como o IDC tamén vencía e se lle metía enriba.

Zas - Cee (4-3)

  • ZAS: Anxo, Martín (Fabi, min.46), Pereiro (Pío, min.60), Lagoa, Víctor Vecino, Canedo, Brais (Amado, min.70), Pablo Lestón, David Blanco (Samuel, min.75), Martín e Isma (Rizos, min.80).
  • CEE: Parroto, Nuco, Dani Freire, Piquero, Jacobo, Carlos Leis, Penedo, Angeliño, Josiño (Cristian, min.65), Yaya (Fiuza, min.46) e Rodri (Lamela, min.40) (Paulo, min.93).
  • Goles: 1-0, min.20: David Blanco tras un rexeite de Leis a tiro de Brais; 1-1, min.24: Lagoa en propia tras un centro de Dani Freire; 2-1, min.30: David Blanco; 2-2, min.40: Angeliño cun golazo de falta; 2-3, min.70: Angeliño a pase de Cristian; 3-3, min.88: Rizos; 4-3, min.94: Lagoa de falta.
  • Expulsións: os ceenses Penedo (min.75) e Parroto (min.90).
  • Lesión: Rodri cun golpe na cabeza.

Partidazo en San Andrés con alternativas no marcador e incertidume ata o pitido final. Arrincaba o Zas mellor na primeira metade ante un Cee aturdido. Pronto, e tras unha fermosa xogada do recén chegado Brais, David Blanco non perdoaba. Pronto empataba o Cee tras un centro de Dani Freire que Lagoa peitea e a cola en propia meta. Volvía colocarse o Zas por diante, pero Angeliño empataba antes do descanso.

Melloraba o Cee na segunda coa entrada de Fiuza, pasando así Piquero de central ao medio centro. Angeliño puña ao Cee por primeira vez por diante tras unha boa xogada de Cristian, pero aí o Zas veuse arriba. Foi Rizos, o meta suplente, o que coa axuda de Dani Freire facía o empate a falta de 5 minutos. E co Zas volcado, Lagoa daba a vitoria final in extremis aos locais.

Outes - Fisterra (1-2)

  • OUTES: Gato, Yura, Rubén, Chúa, Borja, Martín (Rafa, min.75), Chía (Saúl, min.65), David, Elías, Samuel (Poke, min.70)e Paulo (Veleiro, min.65).
  • FISTERRA: Joselu, Dani, Robertín, Manuel Cartamil, Santi (Tati, min.75), Julito, Isma Leis (Sergio Manín, min.86), Tony (Hidalgo, min.89) Aitor, Naranjo (Mané, min.65) e Bebeto.
  • Goles: 0-1, min.30: Aitor nun rexeite a unha xogada a balón parado; 1-1, min.55: Yura dende moi lonxe ca esquerda; 1-2, min.82: Aitor tras un erro de Chúa.

6ª derrota en 7 partidos deste Outes de secano, que parece que cos campos mollados non atina tan ben, e que ademais sofre moito cas baixas. Así e todo, volvía dar a cara o Outes ante todo un Fisterra cheo de veteranos dos que moitos xa se enfrontaran no seu día ao propio Manu Roque- Un Outes cheo de xuventude (6 xuvenís na convocatoria pois só tiña 10 efectivos dos maiores) que se vai formando a base de pelexa, e con varias lesións importantes. "O equipo é para eles (os rapaces), polo que estou contento de que se vaian formando así", afirma Roque.

Pero co campo encharcadísimo, e co día que facía non se podía xogar a outra cousa que non fose balón longo. E así o Fisterra soubo adaptarse mellor ás circunstancias. Aitor adiantaba aos seus á media hora. Na segunda o Outes veuse lgo arriba e Yura, que facía unha fin de semana completa marcando cos xuvenís en apenas 15 minutos xogados, facía un golazo dende moi lonxe e ca perna mala.
Co 1-1, o Outes tivo para meterse por diante, pero Veleiro remataba un balón que salvou a defensa fisterrá sobre a liña. Elías avisaba de falta pero foi Aitor o que aproveitaba o erro de Chúa para facer o 1-2. Aínda tivo Poke o empate nunha contra, pero o marcador non se movería e o cadro de Juan Jesús se coloca a só 3 puntos dos da Serra.

Indep. Carballo - Buño (3-0)

imaxe nocturna do IDC-Buno-Foto-Wash Calvo
  • IDC: Diego, Dani, Yoni, Manu, Cholo, Carlos, Juni, Fraga, Mario e Pichel. Tamén xogaron; Adrián, Noé e David.
  • BUÑO: Brais, Eloy, Rubén, Iago, Casais (Juan, min.65), Dani, Dourado, Pedro, Gurita, Charro e Miguel.
  • Goles: 1-0, min.3: Juni; 2-0, min.35: Juni; 3-0, min.65: Adrián.
Non lle sentou ben o horario case nocturno ao Buño, que chegaba con 7 baixas. E foi partido controlado de principio a fin polo IDC, que merecía esta importante vitoria tras 3 derrotas seguidas. Xa aos 5 minutos Juni adiantaba aos locais, e el mesmo ampliaba a renda á media hora. Era Adrián o que puña a puntiña na segunda para dar ás a este IDC de Rafa que se pon con 15 puntos, a 3 do Muros.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios