Luns. 29.04.2024
El tiempo

División de Honra Cadete: O Dumbría saca o rodete

División de Honra Cadete: O Dumbría saca o rodete
Edu marcou o golazo da tarde para o Dumbria-Foto-Jorge Parri

Chegaba o Dumbría para enfrontarse ao Val Miñor coa intención de levarse eses 3 puntos que tanto se lles resistían nas últimas xornadas do campionato. O partido daba comezo baixo unha intensa néboa que facía complicada a práctica do futbol, pero aínda así daba comezo en encontro. Ao final, importante vitoria que os coloca de novo 4º na táboa.

División de Honra Cadete, xornada 19

  • Resultado: Val Miñor - Dumbría (1-5)
  • DUMBRÍA: Gabri (Jorge, min.57), Tomás, Jose M, Pablo, Samuel, Jose, Ismael (Gonzalo, min.73), Raúl (Borja, min.41), Juan de Dora (Gabriel, min.77), Eduardo, Rachón (Rubén, min.77).
  • Goles: 1-0, min.27; 1-1, min.40: Edu; 1-2, min.54: Juan de Dora; 1-3, min.63: Juan de Dora; 1-4, min.72: Jose; 1-5, min.75: Rachón.

Os primeiros compases do partido ían a favor do Dumbría onde Juan de Dora fallaba unha ocasión clara aos 11 minutos que enviaba ao pau. Pouco despois chegaría o primeiro gol do partido obra do Val Miñor, tras un saque de esquina que o porteiro dumbriés non consegue atallar e acaba no fondo da rede. Finalizando a primeira metade chegaría a xogada clave do encontro, un golazo de Edu desde a frontal do área que se coa por toda a escuadra e facía valer así a superioridade dos homes de Juan Porrúa e Joaquin durante toda a primeira metade.

A segunda metade, o Dumbría foi unha auténtica apisoadora, onde non deron opción ao Val Miñor a meterse no encontro, chegarían os goles uno tras outro moi rápido. Unha segunda metade onde o Killer, Juan de Dora volvería ver porta e a facer un dos seus mellores encontros, con estes 2 goles a moral vólvelle a subir e a afrontar con ilusión o seguinte encontro tanto a el como ao resto de compañeiros, xa que o partido de hoxe foi moi completo en todas as súas lineas e logo de tantos empates e derrotas, esta vitoria éncheos de ilusión e forza.

Agora mesmo póñense 4º na táboa clasificatoria e esperan ao Arosa este próximo fin de semana que se situa a 3 puntos por baixo dos dumbrieses.

Crónicas do Dumbría

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios