Resultados e análise dunha xornada con absolutamente de todo no Fútbol da Costa

Nova e completa fin de semana de Fútbol da Costa. Mentres temos a cabeza xa posta na Presentación do Libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”, un proxecto espectacular de Xosé María Lema Suárez e Chema Rei, que demostran que somos “moito máis ca unha liga de fútbol modesto”.

Xa no deportivo, tivemos unha xornada espectacular, con títulos en xogo, derbis vitais, polémicas e choques fantásticos. E coma sempre, arrincamos pola Preferente - Senra Sport, onde había un fermoso derbi costeiro. Fontela recibía unha boa entrada para ver un partido duro e igualado, que resolvía no treito final o equipo máis necesitado, un XSC que con estes 3 puntos case que sentencia a súa permanencia.

A Esteirana non lle chega co seu

Fixo os deberes a Esteirana, pero parece que tarde. A súa vitoria no derbi ante o Corme non lle valeu para ter máis cerca a permanencia. Os resultados non lle favoreceron, pois o Lesende puido co Malpica e o Amio co Silleda, deixando a permanencia a 6 puntos con 9 en xogo.

Na parte alta, o Baio pasa ao Sofán despois de vencer ao Cordeiro e aproveitar a derrota do cadro carballés ante un implacable líder. O cadro baiés queda a 5 da Promoción.

Xornada vital na Liga da Costa

Tocaba finalísima en San Andrés. O Outes, 2º, visitaba ao líder, e unha vitoria do Zas practicamente lle daría media 2ª Autonómica - ES Bazarra a falta de 3 xornadas: pero o Outes devolve a emoción á Liga da Costa, tras vencer 0-1 quedando a só 1 punto do liderato. O San Lorenzo tamén o aproveitou, vencendo na Grixa, e colocándose a 2 puntos do liderato. Os tres xogaranse o título e a praza de Promoción.

Pola zona baixa a cousa está quente, e máis sabendo que o descenso da Esteirana está máis preto. Tres equipos pelexan por evitar 3 prazas, se ben o Porteño non se pode despistar despois de caer ante o San Lorenzo. O Cabana foi o máis beneficiado vencendo ao Volantes, e suma 3 puntos máis que o Montelouro, que empatou co Ponteceso, e 4 máis que o Seaia, que non podía co Fisterra.

Falta menos na 3ª

Non falla o Cerqueda que a falta de 5 partidos queda máis preto do título. Por detrás o Ameixenda aproveitou o partido de descanso do Coristanco para coller unha renda de 3 puntos de cara a esta recta final, despois de vencer ao Castrelo pola mínima. Ademais, había dous choques directos na loita pola Promoción. Muxía e Lira empataban e o Corcubión lle daba a volta á clasificación vencendo ao Nantón, facendo inútiles as liñas coas que chegaban os dous equipos á xornada. Agora o cadro corcubionés ten 2 puntos máis que os cabaneses, que quedan provisionalmente fóra dos partidos.

As Copas de base

Xa temos semifinalistas das Copas da Costa Xuvenil, Cadete e Infantil, que sabedes teñen os seus cadros actualizados segundo rematan os partidos en www.copadacosta.com.

En todo caso, os Xuvenís foron protagonistas polos líos máis que polo fútbol. E a cousa foi seria en Camariñas. Os xogadores xalleiros e o colexaido denunciaron varias ameazas, algunha agresión e mesmo tiveron problemas para saír pois uns rapaces colocaron unhas pedra na estrada impedindo a saída do autobús. Parece que os responsables non foron membros do Camariñas, e de feito a directiva portouse moi ben co cadro xalleiro. En todo caso, o martes contarémolo todo polo miúdo, con imaxes e vídeos.

No deportivo, os xalleiros, tras unha semifinal tensa e agónica, enfrontaranse ao Dumbría nunha das semifinais, nun dos mellores partidos que se pode ver da categoría. Polo outro lado do cadro, o Corcubión completou a sorpresa aguantando ao Cabana e vencendo polo valor doble dos goles, e terá en fronte a unha Esteirana que remontou con forza ao Fisterra.

Nos Cadetes, o Corme, despois de gañarlle a Liga ao Cabana, tamén o botou da Copa, e enfrontarase a un Fisterra que foi moi superior ao Muxía. Polo outro lado, Ponteceso e Cee buscarán o pase á final.

E xa nos Infantís, non houbo sorpresas. Fisterra e XSC, o actual campión, enfrontaranse nun lado, e o Outes, que xa tiña medio pé nas semis, tocaralle pelexar co Coristanco, que sufriu tinta para superar ao Ponteceso.

Ligas Galegas

Empatiño do Dumbría na DH, manténdose sen perigo, mentres o XSC da Liga Galega, en plena pelexa pola permanencia, acadaba unha gran vitoria en Boiro que lle permite deixar 2 puntos por abaixo ao Orillamar a falta de 2 xornadas.
Ademais, os infantís do Dumbría seguen sen sorte e perdendo, pero dá gusto ver como compiten e onte caían pola mínima ante o Residencia.

O Coristanco non sentenza a Liga de Veteranos

Estaba a un punto o Coristanco para certificar o título. Pero deixouno todo para a última xornada, tras caer ante o necesitado Cabana e non pode perder na última xornada Tamén hai lío por abaixo na 1ª División. O Castriz caía ante o San Román e di adeus á categoría, pero Cabana e Xuv. Bergantiños parecen empeñados en pelexar ata o últimos suspiro. Ambos gañaban a xente de arriba (e tanto, pois o cadro cabanés vencía ao líder) e queda cun punto máis para a última xornada, onde o Cabana xogará ante o descendido Castriz, mentres o Xuv. recibe ao Dumbría. Ao Cabana válelle facer o mesmo que o cadro carballés.
Ademais, en 2ª División, Erbecedo e Agualada, xa ascendidos, pelexarán polo título na última xornada despois de vencer os seus partidos.

Uns Veteranos que xa pensan na Copa, e por iso o Comité convoca a unha reunión este 24 de abril ás 21:30h no Salón de Actos do Local da 3ª Idade de Neaño, Cabana, co Sorteo de Copa como punto forte.


Preferente - Senra Sport, xornada 33

Xallas StComba1-0Dumbría

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 31

Sofán0-5Villestro
Soneira0-0Flavia
Esteirana2-1Corme
Lesende1-0Malpica
Cordeiro0-2Baio

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 31

Camelle4-5Buño
Cabana4-2Volantes
Porteño1-2San Lorenzo
Seaia0-1Fisterra
Cee4-2Baíñas
Montelouro5-5Ponteceso
Castriz2-0Mazaricos
Carnota3-2Camariñas
Zas 0-1Outes

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 31

Corcubión6-2Nantón
Laxe1-3Cerqueda
Muxía3-3Lira
Castrelo1-2Ameixenda

Copa da Costa Xuvenil, volta dos Cuartos

Copa da Costa Cadete, volta dos Cuartos

Copa da Costa Infantil, volta dos Cuartos


División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 32

Dumbría1-1Pab. Ourense

Liga Galega Cadete, xornada 32

Boiro1-2Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 8

Residencia1-0Dumbría

F8 Alevín Costa Norte, xornada 7

Cabana11-1Zas
Corme1-1Coristanco
Baio1-4Vimianzo
  • Descansa Muxía.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 23

Cee A11-0Os Miúdos A
Dumbría3-5Esteirana A
Cee B1-4As Baleas
Fisterra13-3Esteirana B
Outes A6-1Lira
Sofán2-0Dumbría B
XSC A6-2Os Miúdos B

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 23

Cee0-8Os Miúdos A
Dumbría2-2Esteirana
Fisterra12-2XSC B
Cee B4-3As Baleas
Outes14-1Lira
XSC A11-0Os Miúdos B

F8 Prebenxamín Costa, xornada 7

Dumbría7-2Corcubión
Baio2-4Esteirana
As Baleas0-7Outes
Lira0-24Fisterra
Cee21/04 - 19:00Xallas StComba

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 29

At. Milagrosa0-4Zas
Laxe1-1San Lorenzo
Dumbría3-2Ponteceso
Hosgran1-3Xv. Bergantiños
Cabana1-0Coristanco
San Román4-1Castriz
Baio2-0Bértoa
  • Descansa Soneira.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 29

Nantón2-2Vimianzo
Poniente1-6Leiloio
Cerqueda1-1Porteño
Sofán1-2Agualada
Dep. Carballo1-6Buño
Corcoesto1-2San Isidro-Razo
Camariñas1-3Erbecedo
  • Descansa Malpica.

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).