Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Preferente: Pleno para respirar

Preferente: Pleno para respirar
Choque do XSC en MUgardos-Foto-Mca Cuns

Facía tempo que non celebramos unha xornada na Preferente - Senra Sport con doble vitoria. E chegou nunha xornada soleada que deixa aos equipos costeiro ben situados. O Dumbría, o mellor equipo do último mes con 4 vitorais e un empate nos últimos 5 partidos, está xa na 7ª praza. Máis importante se cabe foi a vitoria do XSC en Mugardos, no campo do 3ª clasificado, e nun momento fundamental, rectificando unha xeira de 5 partidos sen gañar. Tres puntos que deixan aos de Coméndez na 14ª praza, con 4 puntos sobre a primeira praza do posible arrastre, polo que aínda non pode descansar cando aínda faltan 6 xornadas para o remate.


Gal. Mugardos - Xallas StComba (0-2)

  • XSC: Vicente, Cristian, Alberto, Aarón, Choco, Jota, Rubén Forján, Jesús, Kevin, Doro e Vía Rápida.
  • Goles: 0-1, min.60: Rubén Forján; 0-2, min.84: Vía Rápida de penalti cometido sobre Rubén Forján.
  • Expulsión: o míster Coméndez.
  • Lesión: Doro saíu cunha escordadura de nocello.
XSC e Mugardos-Foto-MCa Cuns

Era un partido moi importante para os xalleiros que chegaban a Mugardos, o campo do 3º clasificado, coa fe de traer algo positivo. Cambiou Coméndez un pouco a maneira de xogar, deixando a iniciativa ó rival e saíndo con velocidade, e desta forma crearon un par de ocasións claras na primeira parte e ata un gol anulado a Kevin por un moi discutido fóra de xogo.

Na segunda parte continuou o mesmo guión pero arrincaba cunha boa ocasión, a única dos locais, tras un pase horizontal de Jesús no que Alex Díaz entretense e dá tempo de chegar a Rubio para evitar que tirase. E de contado, chegaba o primeiro xalleiro gol chega nun balón ás costas que Rubén Forján gaña a posición e bate por baixo a Marcos. O segundo un claro penalti que cometen sobre Rubén que transforma Alberto Vía, dando 3 puntazos que permiten respirar aos xalleiros, que só teñen que lamentar a baixa de Doro, que non está tendo este o seu ano cas lesións.


Dumbría - Dubra (2-1)

Dumbria-Dubra-Foto-Dumbria
  • DUMBRÍA: Iván, Tantán, Brian, Aarón, Pablo Conde (David Carreira, min.63), Iago, Rivi, Darío, Adrián Nieto (Adrián Alcaina, min.64), Jesús (Diego Cespón, min.46) e Javi (Jose, min.80).
  • Goles: 0-1, min.47. Samuel remata no segundo pao un balon botado desde a esquerda por Ferreiro; 1-1, min.55: Iago de cabeza nun córner botado por Diego Cespón; 2-1, min.70: Golazo de Diego Cespón desde fóra da área nun potente disparo pola escuadra.

Bo partido do cadro dumbriés que certifica o seu gran momento de forma sumando a súa 4ª vitoria consecutiva. Pero tivo que traballar arreo o cadro de Canosa para levar a vitoria, pois o equipo visitante, que chegaba en plena pelexa pola promoción, comezou apretando. De feito, Iván paroulle un penalti a David aos 20 minutos e pese a adiantarse o Dubra no comezo da segunda conseguiu o equipo local darlle a volta ao partido a base de moito traballo, e con dous goles, un de Iago e outro, un golazo de Diego Cespón.

Sufríu lixeiramente nos últimos compases o cadro dumbriés pois o Dubra apretou e tivo 2 para o empate, pero souberon aguantar para ascender á 7ª praza.

Dumbria-Dubra-Foto-Dumbria

Crónicas de Preferente – Senra Sport

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios